Ramón Cabanillas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ramón Cabanillas Enríquez
Cambados Galicia 16.JPG
Ramón Cabanillas. Detalle dun monumento en Cambados
Datos persoais
Nacemento 3 de xuño de 1876
Lugar Fefiñáns (Cambados) Galicia Galicia
Falecemento 9 de novembro de 1959
Lugar Cambados Galicia Galicia
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Galego
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Poesía, ensaio, teatro
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios {{{premios}}}
[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]
{{{web}}}

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1976.

Ramón Cabanillas Enríquez, tamén chamado O Poeta da Raza, nado en Fefiñáns (Cambados) o 3 de xuño de 1876 e finado en Cambados o 9 de novembro de 1959, foi un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de abandonar a carreira eclesiástica en Compostela, regresou a Cambados, onde traballou como funcionario do concello. En Cambados dirixiu o periódico El Umia (1907) e despois El Cometa (1910). Incansábel lector, foi un autor decididamente monolingüe, de grande proxección pública, que xogou un papel determinante na superación dos moldes do Primeiro Renacemento, malia comezar a publicar a idade avanzada. Con trinta e catro anos emigrou a Cuba -posiblemente por mor de enfrontamentos de índole política-, onde residiu entre 1910 e 1915. Alí entrou en contacto cos núcleos galeguistas que apoiaban o agrarismo galego e foi un dos fundadores da delegación na Habana de Acción Gallega [1] e alí coñeceu a Basilio Álvarez durante unha xira pola illa, e a Xosé Fontenla Leal, que foi clave para que comezase a escribir en galego. Na Habana publicou No desterro (1913) e Vento mareiro (1915).

De volta á Galiza, traballou en varios concellos do país e coñeceu de primeira man a loita agrarista. O compromiso co proxecto das Irmandades da Fala levouno a colaborar asiduamente no periódico A Nosa Terra, converténdose na voz lírica do movemento. Inicialmente próximo a posturas tradicionalistas, axiña partillou as teses de Vicente Risco, cuxo proxecto estético e cultural influiría decididamente na súa produción posterior. Foi aclamado como Poeta da Raza e utilizou os seus poemas ao servizo da construción nacional, abandonando os ecos intimistas presentes na súa primeira poesía. Así, en Da terra asoballada (1917) (segunda edición de 1926, que só reproduce catro poemas da 1ª edición que ten un sentido máis crítico e social cá segunda) e nas novas edicións dos poemarios publicados na Habana, Cabanillas mantivo unha actitude educadora. Pretendeu concienciar o pobo e achegalo ao nacionalismo. Con estes mesmos obxectivos redixiu, a instancias de Antón Vilar Ponte, a peza dramática A man de Santiña (1921). En colaboración con el comporía en 1926 a traxedia histórica O mariscal.

Casa natal de Cabanillas.

Tamén en 1926 viu a luz o poemario Na noite estrelecida, onde, seguindo as teorizacións de Risco, Cabanillas reelabora mitos do ciclo artúrico que funcionen como símbolos produtivos. Lonxe de constituír un mero exercicio arqueolóxico, trátase, entón, dun texto no que un coidadísimo formalismo está ao servizo dun proceso de exaltación mítico-patriótica: os cabaleiros da Mesa Redonda veñen ser, deste xeito, os precedentes directos dos novos cabaleiros das Irmandades da Fala a procuraren o Santo Graal que é a redención de Galicia. Segundo o propio Cabanillas, trátase da máis lograda das súas obras, opinión que é compartida por unha parte importante da crítica actual.

Porén, en 1927, Cabanillas leva adiante o volume no que mellor desenvolve o lirismo de carácter intimista. Trátase do poemario titulado A rosa de cen follas onde as presenzas rosalianas resultan evidentes.

En 1920 foi elixido membro da Real Academia Galega, en substitución de Xosé Salgado Rodríguez, sendo admitido co discurso A saudade nos poetas galegos, discurso que foi respondido por Eladio Rodríguez. En 1929 fixo o propio na Real Academia Española cun ensaio sobre Eduardo Pondal. Na década de 1930, instalado en Madrid, Cabanillas -en liña co seu admirado Basilio Álvarez- achegouse aos gobernos presididos por Alejandro Lerroux, o que lle custou o desapego e mais as críticas de certos sectores do galeguismo.

En 1936 permanecía na capital española cando estalou a guerra civil española. Trasladado a Valencia, Cabanillas -logo dun azaroso episodio- trasladouse á zona nacional, intentando recupera a vida burocrática como secretario de diversos concellos. A súa obra atravesou un período de silencio, roto a finais da década dos 40 con Camiños no tempo. Comeza entón unha nova etapa en que viron a luz Antífona da Cantiga (1951), Da miña zanfona (1954), Versos de alleas terras e tempos idos (1954) e Samos (1958), o seu último libro publicado en vida.

En 1976 foille adicado o Día das Letras Galegas. A Xunta de Galicia acordou dedicar o ano 2009 a Cabanillas, organizando en colaboración co concello de Cambados unha serie de actos dentro do Ano Cabanillas para conmemorar o 50º cabodano da súa morte [2].

Breve autobiografía[editar | editar a fonte]

En 1948, Francisco Fernández del Riego andaba a redactar unha antoloxía da poesía galega (que logo se publicaría como Escolma de poesía galega, 1955). No verán dese ano escribiu a Cabanillas, como fixo con outros poetas galegos, pedíndolle uns datos biográficos e a súa opinión sobre a poesía en xeral e a galega, en particular. Cabanillas contestoulle o seguinte:

"Do demais, nada: son un home sen biografía. Nacín o día 3 de Sanxuán do 1876, n-unha casiña vella e probe, con patín, antre un pazo que fundóu un coengo de Compostela e unha praia que fixo persoalmente Noso Señor, na viliña de Fefiñáns, oxe axugada â vila de Cambados e por aquel entón anexo da freguesía de San Adrián de Vilariño, onde fun bautismado n-unha pía sagrada pol-o abade Pedro de Celanova fai arredor de dez séculos; mal estudiéi un pouco de latín e filosofía en San Martiño Pinario; collín un barco ô tuntún e caín na Habana onde escomencéi a esborranchar copras; de volta andiven nunhas cantas segredarías de auntamentos, desfaguendo entortos da picaresca municipal do rus; e, nin apouso nin repouso, vivín até o presente e espero pol-a morte. Nin que decir tén que conocín moitas xentes e vín moitas cousas, mais adivertidas que tráxicas, pero eses son contos para matar o tempo unha noite de inverno, a carón da lareira. Fume e vento."
Carta de Cabanillas a Paco del Riego, sen data pero inmediatamente anterior ó 17 de agosto de 1948. Publicada en Cadernos Ramón Piñeiro XVIII, 2011, 100.

Estilo literario[editar | editar a fonte]

Estatua de Cabanillas fronte ao concello, en Cambados.

Autor de rápido recoñecemento popular e académico, Cabanillas conduciu a poesía galega cara á modernidade e a súa obra foi considerada desde os primeiros momentos dentro do canon da literatura galega. Admirado, mesmo idolatrado, polos principais dirixentes das Irmandades da Fala, é en relación con ese movemento onde debemos situar o seu labor. Se ben que para algúns críticos forma parte da Xeración de entre dous séculos xunto con Antonio Noriega Varela, o certo é que Cabanillas tamén pode ser considerado plenamente como "o poeta de Nós". En fin, situalo como "o poeta das Irmandades" semella a mellor de todas as opcións, dado que é a que máis responde tanto á cronoloxía da súa obra como á propia actitude temático-estilístico que nela se manifesta, sempre na dirección de representar liricamente os "intereses" e "necesidades" do nacionalismo e, xa que logo, na procura dunha estética nacional.

Aínda que tamén escribiu prosa e teatro, a súa obra é fundamentalmente lírica, e pódese clasificar en:

Poesía lírica[editar | editar a fonte]

Poesía social, de carácter agrarista e anticaciquil, que continúa a temática cívica de Curros Enríquez. Aparece nela unha exaltación do medio rural fronte á cidade, unha idea de Galicia como unidade colectiva e unha chamada á rebelión. Este tipo de poesía maniféstase máis nitidamente nos seus tres primeiros libros.

Poesía intimista, que lembra a Rosalía de Castro nalgúns aspectos. O sentimento amoroso é o protagonista destas pezas, así como a conmoción ante a paisaxe. A rosa de cen follas é a máxima expresión deste tipo de poesía.

Poesía costumista, que presenta matices humorísticos ou irónicos así como novidades formais de carácter modernista que a afastan da poesía costumista do século XIX. Destacan dúas obras: Da miña zanfona e Versos de alleas terras e tempos idos.

Poesía modernista ou "novecentista"[editar | editar a fonte]

Nela busca, desde o galego, tratar temáticas da literatura universal se ben que "galeguizándoas" en certos apartados da ambientación. O obxectivo de tales textos ten un carácter estético-patriótico toda vez que o poeta quere demostrar, xustamente, a valía do idioma para calquera ocasión. Asemade han de ser considerados como un exercicio no cal Cabanillas proba as súas cualidades en calquera terreo da "modernidade".

Poesía narrativa[editar | editar a fonte]

Cabanillas realiza un poemario orientado cara á recuperación das raíces e a creación de mitos como un xeito de mobilizar a conciencia colectiva. Así nace Na noite estrelecida, obra na cal o poeta recupera os temas da materia de Bretaña, situando a acción en Galicia e dotando á historia dun forte sentido cristián, elemento que Cabanillas considera como definidor de Galicia.

Tamén de carácter narrativo é O bendito San Amaro, que narra o pecado, penitencia e milagres de don Amaro de Aventei, personaxe lendario na tradición popular da comarca do Salnés, e Samos, que presenta a historia e a vida comunitaria deste mosteiro.

Etapas[editar | editar a fonte]

  • 1910-1915: Etapa pregaleguista. Nesta etapa mostra a nostalxia do desterrado polo que quedou atrás. É unha etapa de poesía cívica, reivindicativa e anticaciquista. As obras máis destacadas desta etapa foron: No desterro (1913) e Vento mareiro (1915).
  • 1916-1920: Etapa galeguista. Nesta etapa emprega a Galicia como suxeito colectivo para mostrar a contraposición entre o labrego galego de actitude positiva e o fidalgo castelán de actitude negativa ou pesimista. As obras máis destacadas desta etapa foron Da terra asoballada (1917) e A saudade nos poetas galegos (1920).
  • 1921-1930: Etapa mítico-saudosista. A intención da obra literaria de Ramón Cabanillas nesta etapa era crear unha verdade paralela que mostre as leccións do pasado para dominar o presente e ter un mellor futuro. A linguaxe da produción literaria desta etapa era complexa e sistemática, con moito simbolismo, polo que non era entendible pola maior parte da poboación, e parte da intención destas obras non se cumpriu. As obras máis destacadas desta etapa foron A man de Santiña (1921), O cabaleiro do Sant Grial (1922), Estoria do bendito San Amaro que foi chamado no mundo o Cabaleiro de Arentéi (1925), Na noite estrelecida (1926), O Mariscal (1926) e A rosa de cen follas (1927).
  • 1949-1959: Etapa da posguerra. As obras máis destacadas desta etapa foron Camiños no tempo (1949), Antífona da cantiga (1951), Da miña zanfona (1954), Versos de alleas terras e tempos idos (1955) e Samos (1958).

Obras[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Xoán Manuel Pintos Villar
Día das Letras Galegas
1976
Ramón Cabanillas
Sucesor:
Antón Vilar Ponte

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jorge Domingo (2004)Españoles en Cuba en el siglo XX Editorial Renacimento:Sevilla, páx. 80
  2. "Presidencia coordinará as axudas da Xunta para os actos do «Ano Cabanillas»", artigo en La Voz de Galicia, 13 de xuño de 2008.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]