Vilagarcía de Arousa
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Arousa.
| Vilagarcía de Arousa | |
|---|---|
| Vista xeral de Vilagarcía de Arousa | |
| Situación | |
| Xentilicio[1]: | vilagarcián - arousán |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia de Pontevedra |
| Comarca: | Salnés |
| Poboación: | 37.926 hab. (2010) |
| Área: | 44,2 km² |
| Densidade: | 858,05 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 12 parroquias |
| Capital do concello: | Vilagarcía |
| Política (2011) | |
| Alcalde: | Tomás Fole (PP) |
| Concelleiros: | BNG: 3 PPdeG: 10 PSdeG-PSOE: 5 Outros: EU-IU 2, IVIL 1 |
| Eleccións municipais en Vilagarcía de Arousa | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes: | 85,27 % |
| Sitio web oficial | |
| www.ivilagarcia.com | |
Vilagarcía de Arousa é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á Comarca do Salnés. Segundo o padrón municipal, a súa poboación no ano 2010 era de 37.926 persoas, sendo a novena cidade galega en poboación e a terceira da provincia tras Vigo e Pontevedra.
Vilagarcía é unha cidade nova, en contínuo crecemento, que se caracteriza pola gran concentración de servizos tanto públicos coma privados en contraste coa súa mediana poboación. Entre os principais servizos públicos dos que disfruta están un hospital comarcal do Sergas, Xulgados de Primeira Instancia, unha delegación da Axencia Tributaria, oficinas do Ministerio do Interior (Policía), Parque comarcal de Bombeiros... No ámbito privado conta cun centro comercial, varios hipermercados, oito salas de cine, unha ampla oferta de restaurantes e hoteis, ademais dunha asociación de pequenos comerciantes do centro da cidade. Ista grande oferta de servizos débese ás peculiaridades da comarca do Salnés, que conta con moita poboación pero non con grandes núcleos urbanos. Deste xeito, unha cidade de importancia media en Galicia, chega a ser toda unha capital.
Índice |
[editar] Historia
A primeira pegada dos poboadores desta zona está representada polos restos arqueolóxicos atopados no Salgueiral (Bamio), datados no 2000 a.C., e polos petróglifos dos Ballotes, tamén en Bamio. Hai tamén restos da época castrexa: O Carril, Castro de Agudín, Monte Lobeira) e, especialmente, no castro Alobre.
En 1812 consituíronse os concellos de Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e O Carril, que se reduciron a tres coa reforma de 1835: Vilagarcía, Vilaxoán e O Carril. Vilagarcía foi medrando de acordo co desenvolvemento do seu porto, especialmente a raíz da construción dos peiraos en 1866, e en detrimento dos concellos estremeiros, ata que o 1º de marzo de 1913 se produce a fusión dos tres nun único concello, que nace baixo o nome de Vilagarcía de Arousa e con Valeriano Deza como único alcalde (Suevia 1913, 2, 11).
[editar] Localización
Vilagarcía de Arousa atópase na parte meridional da ría de Arousa formando unha ampla enseada. Limita ao norte con Catoira, ao leste con Caldas de Reis e ao sur con Vilanova de Arousa. O extremo norte do concello, a parroquia de Bamio, sitúase xa na confluencia do río Ulla co océano mentres que no sur destaca o Monte Lobeira cunhas boas vistas de toda a baía.
[editar] Festexos
O 22 de maio celébrase a festa de Santa Rita, na honra da italiana Rita de Casia, que ten en Vilagarcía e en toda a comarca do Salnés un grande número de devotos desde hai uns cen anos. Santa Rita é a patroa dos imposibles. Os devotos acoden ao Convento de Vista Alegre, algúns a pé desde lonxe, para facerlle unha ofrenda á santa como sinal de agradecemento.
O 16 de agosto, día de San Roque, é o día grande das festas de Vilagarcía. Ao remate da procesión do santo dende a igrexa parroquial do centro ata a capela do santo, ten lugar todos os anos a festa da Auga en varias rúas do centro da vila, sendo unha festa que atrae a numerosos turistas de toda Galicia e mesmo de fóra dela. Esta festa naceu a finais dos anos 70 cando nunha xornada de moita calor os veciños pediron que os refrescaran con auga desde os balcóns.
En novembro, a Festa dos Cogomelos.
[editar] Cidades irmandadas
Matosinhos ( Portugal)
Xixón ( España)
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Vilagarcía de Arousa
[editar] Lugares de Vilagarcía de Arousa
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilagarcía de Arousa vexa: Lugares de Vilagarcía de Arousa.
[editar] Parroquias
| Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vilagarcía de Arousa | |
|---|---|
|
Arealonga (Santa Baia) | Bamio (San Xens) | O Carril (Santiago) | Cea (San Pedro) | Cornazo (San Pedro) | Fontecarmoa (San Pedro) | Rubiáns (Santa María) | Sobradelo (San Salvador) | Sobrán (San Martiño de Fóra) | Sobrán (San Martiño) | Solobeira (San Fins) | Vilagarcía (Santa Baia) |
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- Concello de Vilagarcía de Arousa
- Escola Municipal de música
- CEIP O Piñeiriño
- Agrupación Micolóxica de Vilagarcía de Arousa "A Cantarela"
|
|||||