Xoán o Evanxelista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Xoán, o Apóstolo, por El Greco c. 1600.

San Xoán o Evanxelista foi un dos doce apóstolos de Xesús Cristo. Escribiu o Evanxeo de Xoán e as tres epístolas de Xoán. Atribúellese tamén o libro do Apocalipse.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

San Xoán, esbozo de Leonardo da Vinci para a Derradeira Cea (século XV).

Segundo a tradición Xoán seria o mais novo dos doce apóstolos. Tiña probablemente cerca de vinte e catro anos cando foi chamado por Xesús. Era solteiro e vivía cos seus pais en Betsaida. Era pescador e traballaba xunto co seu irmán Santiago, e probablemente tamén con André e Pedro.

Nos libros da Biblia ponse de manifesto a admiración de Xoán por Xesús. Este chamoulle Fillo do Trono e máis adiante Discípulo Amado. Segundo o Novo Testamento, Xoán foi o apóstolo que seguiu con Xesús a noite que foi preso e o acompañou até a morte na cruz. Cristo encomendoulle o coidado de María, a súa propia nai. Na biblia protestante Xesús non sería o único fillo de María, senón o máis vello e por iso tería a responsabilidade de coidar de súa nai tras da morte de Xosé.[1].

Máis adiante Xoán estivo fortemente ligado a Pedro nas actividades iniciais do movemento cristián, chegando a ser un dos principais dirixentes da Igrexa de Xerusalén. É tradición que predicou na Asia Menor, especialmente en Éfeso. De todos os doce apóstolos, Xoán foi o máis destacado teólogo. Morreu de morte natural en Éfeso, no ano 103, cando tiña 94 anos. Cóntase que a súa sepultura estaba baleira cando foi aberta polo emperador Constantino para edificarlle unha igrexa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CRISTIANO, P. Jesus teve irmãos? Ministério CACP, Centro Apologético Cristão de Pesquisas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoán o Evanxelista

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]