Río Umia
| Río Umia | |
|
Encoro da Baxe no río Umia dende Paradivas. Caldas de Reis. |
|
| País | |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Aciveiro (Forcarei) |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | |
| Caudal medio | |
| Conca | |
| Desembocadura | Ría de Arousa na Ponte da Barca (Cambados) |
O río Umia nace na parroquia de Aciveiro (Forcarei), e percorre os concellos da Estrada, Cuntis, Moraña, Caldas de Reis, Portas, Meis, Vilanova de Arousa, Ribadumia e Cambados creando unha bacía de 404 km². Finalmente, desemboca na ría de Arousa na Ponte da Barca (Cambados). Estímase unha lonxitude total de 70 km e un caudal medio de 16,3 m3.
Índice |
Características [editar]
O río nace ao xuntárense os regatos de Raigosa (700 m), Filloi (720 m), Alende (620 m) e Grela. Circula por unha chaira a 500 m de altitude até A Goleta, a partir de onde baixa encaixado até Ponte Taboada. Alí xúntaselle o río Gallo e segue por outra chaira situada a 200 m. En Cesar, Caldas de Reis, cae en fervenza. En Caldas de Reis entra na Depresión Meridiana, até desembocar na ría, entre os concellos de Cambados e Ribadumia creando unhas marismas en que se poden ver, ao longo das estacións, unha gran diversidade de aves migratorias.
O río Umia ten unha grande importancia cultural, xurdindo no seu entorno diversos contos ou lendas coma a da "ponte dos padriños", en Ponte Arnelas (en Leiro, Ribadumia), no que se practicaba o rito do bautismo anticipado.
Etimoloxía [editar]
Umia viría da raíz hidronímica prelatina indoeuropea Um- (auga), de recoñecida presenza na hidronimia galega (Río Uma, Río Mao, Acea de Ama, etc)[1].
Galería de imaxes [editar]
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes do río Umia