Narcissus cyclamineus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Narcissus cyclamineus
Narcissus cyclamineus01.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Liliidae
Orde: Asparagales
Familia: Amaryllidaceae
Tribo: Narcisseae
Xénero: Narcissus
Subxénero: Cyclamenei
Especie: ''Narcissus cyclamineus''
distribución natural

distribución natural
Ilustración

Narcissus cyclamineus é unha especie de planta bulbosa da familia Amaryllidaceae, única especie da sección Clycamenei. De xeito natural, atópase distribuída exclusivamente na franxa atlántica de Galiza e norte de Portugal.

Características[editar | editar a fonte]

Presenta flores pequenas de cor amarela, cos pétalos revirados, e que medran a primeiros da primavera. A principal característica definitoria destas flores é a súa inusual trompeta central longa e estreita, mentres que a sección exterior está dobrada sobre si mesma, creando así unha semellanza cos ciclames.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Narcissus cyclamineus foi descrita polo briólogo, botánico, micólogo, pteridólogo suízo, Augustin Pyrame de Candolle e publicado en Les Liliacees...a Paris 8: sub t. 486, no ano 1815.[1]

Citoloxía

Número de cromosomas de Narcissus cyclamineus (Fam. Amaryllidaceae) e táxones infraespecíficos: 2n=14, 14+O-1B[2]

Etimoloxía

Narcissus nome xenérico que fai referencia ao mozo narcisista da mitoloxía grega Νάρκισσος (Narkissos) fillo do deus río Cephissus e da ninfa Leiriope; que se distinguía pola súa beleza.

O nome deriva da verba grega: ναρκὰο, narkào (= narcótico) e refírese ao cheiro penetrante e embriagante das flores dalgunhas especies (algúns sosteñen que a palabra deriva da verba persiana نرگس e que se pronuncia Nargis, que indica que esta planta é embriagadora).

cyclamineus: epíteto latino

Sinonimia
  • Ajax cyclamineus (DC.) Haw.
  • Narcissus pseudonarcissus subsp. cyclamineus (DC.) Baker[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Narcissus cyclamineus en Trópicos
  2. Estudios citogenéticos y evolutivos en poblaciones españolas del género Narcissus L. sect. Aethiopis Benth. (Lamiaceae) en el Mediterráneo Occidental. Sañudo, A. (1985) Anales Jard. Bot. Madrid 42(1): 117-123
  3. Narcissus cyclamineus en PlantList

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Narcissus cyclamineus Modificar a ligazón no Wikidata
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Narcissus cyclamineus

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]