El Correo Gallego
El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José María Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.
Historia[editar]
O primeiro número saíu o 1 de agosto de 1878. O seu primeiro director foi Victorino Novo García. Dende 1912 e durante vinte e seis anos, a familia Barcón xestionou o xornal. Entre os seus directores estiveron Manuel Comellas, Fernando Pérez Barreiro, Eladio Fernández Diéguez e Lisardo Barreiro. En outubro de 1938 trasladouse a Santiago e fusionouse con El Eco de Santiago, pasando a denominarse El Correo Gallego y El Eco de Santiago. En 1967, fusionouse con La Noche pasando a denominarse El Correo Gallego, diario de La Noche e converténdose en vespertino. Esta unión só durou ata o 27 de decembro de 1968, cando volveu reaparecer El Correo Gallego como diario matutino. O seu actual propietario é Feliciano Barrera.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||