Fene

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°28′25.80″N 8°9′45.05″W / 43.4738333°N 8.1625139°W / 43.4738333; -8.1625139

Fene
Escudo de Fene
Casa do concello de Fene.JPG
Casa do Concello
Situación
Situacion Fene.PNG
Xentilicio[1] fenés - fenesa
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Comarca de Ferrol
Poboación 13780 hab. (2012)
Área 26,3 km²
Densidade 523,95 hab./km²
Entidades de poboación 8 parroquias
Capital do concello Fene
Política (2011)
Alcalde Gumersindo Galego Feal (PPdeG)
Concelleiros BNG: 5
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 5
Outros: EU-IU 1
Eleccións municipais en Fene
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 92,03%
Páxina web oficial
www.fenecidadan.net
Correo electrónico alcaldia@fenecidadan.net

Fene é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra. Segundo o IGE en 2012 tiña 13.780 habitantes (14.165 no 2009, 14.346 no 2006, 14.355 no 2005, 14.485 no 2004, 14.530 en 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «fenés, fenesa».

Está situado á beira da ría de Ferrol. Ten unha superficie de 26,3 km² e conta con 8 parroquias.

Evolución da poboación de Fene (desde 1900 ata 2012)
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011  2012
 5.388  6.540  8.110  15.097  14.485  14.165    13.780
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Índice

Historia[editar]

En 1941 fundouse ASTANO, unha empresa que nos seus comezos construía pequenas embarcacións, pero que rematou especializándose na construción de grandes petroleiros. Chegou a converterse nun dos maiores estaleiros da Europa. Grazas ao gran desenvolvemento acadado coa construción naval nestes estaleiros, o concello de Fene é un dos máis poboados da comarca de Ferrolterra. Porén, a reconversión naval trouxo consigo unha decadencia tanto na economía coma na poboación do concello. O estaleiro de Fene pasou posteriormente a denominarse IZAR Fene, e actualmente forma parte do grupo industrial público estatal Navantia, co nome de Navantia Fene, pero sen dedicarse xa á construción de buques.

Goberno municipal[editar]

O alcalde de Fene é Gumersindo Galego Feal, tras ser o PPdeG a forza máis votada nas eleccións municipais de 2011. Un fito inédito, xa que, dende as primeiras eleccións municipais democráticas celebradas en 1979, o BNG fora sempre o partido máis apoiado na localidade, mantendo a Xosé María Rivera Arnoso como rexedor, excepto no período do 2007 a o 2011 que gobernou o socialista Iván Puentes Rivera. Puentes liderou inicialmente un goberno municipal de coalición con BNG, que situou á súa número dous na candidatura das municipais, Rita Couto, como primeira tenente de Alcaldía. Porén, as desavinzas entre ámbalas dúas formacións racharon co goberno en xullo de 2009, dando paso a un goberno socialista en minoría.

Monumentos de interese[editar]

  • Igrexa de San Salvador de Fene
  • Igrexa de San Salvador de Maniños (século XVII)
  • Casa do Concello, deseñada en 1975 polo arquitecto Alberto Campo Baeza e Premio Nacional de Arquitectura. Foi inaugurada como nova sede do Goberno Municipal a finais do ano 1981.[3]
  • Ponte medieval sobre o río Belelle
  • Monumento ao Pallaso, obra en cerámica realizada por Francisco Xosé Pérez Porto e localizada no Parque Castelao, moi preto da Casa do Concello.

Fene posúe ademais unha das máis numerosas e ricas mostras de arquitectura indiana do país, mostra que se concreta en numerosas vivendas particulares, repartidas polas súas oito parroquias, que reproducen o estilo arquitectónico da América latina de finais do s. XIX e principios do XX. Os seus primeiros propietarios, xeralmente emigrantes en hispanoamérica, reproduciron ao seu regreso ao municipio o estilo das edificacións que coñeceran nas ex-colonias. A principal mostra de arquitectura indiana en Fene constitúea, sen dúbida, a vivenda coñecida como Casa da Maleta, unha orixinal obra de arte situada en Barallobre e rematada por unha cúpula aberta, sobre a que se levanta unha estatua do seu antigo propietario e desde a que se pode apreciar unha das melloras vistas da Ría de Ferrol.

Para poder apreciar estas edificacións, o Concello de Fene ten trazado e sinalizado un camiño, a Ruta da Arquitectura Indiana, que nos leva a través do municipio por algunhas das máis singulares.

Enclaves naturais[editar]

O predominio do urbano e o industrial no seu núcleo, non debe facernos esquecer que en Fene podemos atopar paraxes naturais de enorme beleza, nos que gozar das augas tranquilas das rías de Ferrol e Ares ou do ambiente autóctono do bosque atlántico nas Fragas do Río Belelle, ecosistema en trámite de conseguir a súa declaración como LIC (Lugar de interese comunitario).

  • Na ría de Ares temos as praias de Río Sandeo, Coído, Almieiras e Río Castro, todas elas na parroquia de Fene. Trátase de calas absolutamente naturais, afastadas dos grandes estradas e núcleos de poboación, nas que un pode tomar o sol e bañarse en contacto directo coa natureza. O mar e a area chocan cos carballos, castaños e eucaliptos que delimitan as praias.
  • Na ría de Ferrol destacan os peiraos de Maniños e Barallobre, antigos centros económicos do municipio, pois aos seus pés situábanse as industrias de salgadura e curtidorías, das que vivía o municipio ata a explosión do naval. Hoxe son tranquilas paraxes nos que fondean as embarcacións os mariscadores locais e un dos poucas mostras que quedan da costa tradicional do municipio.

En pleno centro urbano, na parroquia de San Valentín, podemos gozar dunha tranquila camiñada ás beiras da ría polo paseo marítimo, que decontado conectará co do veciño concello de Neda.

Para rematar, na parroquia de Sillobre atopamos o Monte Marraxón, a paraxe máis natural e quizais máis espectacular de Fene. Desde o cume de Coto do Rei (395 m.) a maior altitude de toda a Ría de Ferrol, apréciase unha das mellores vistas desta baía. Se o ceo está despexado, alén da propia ría, pódese divisar ao Sur a cidade da Coruña e ao Norte o Océano Atlántico no Concello de Valdoviño.

Se a ladeira Oeste do Marraxón dá á Ría de Ferrol, pola Leste discorre o Río Belelle, que serve de fronteira natural co Concello de Neda. Pola ribeira de Fene discorre un sendeiro que nos penetra nunha das reservas de bosque atlántico (fraga) mellor conservadas de Galicia. Ademais da beleza e da tranquilidade do bosque, poderemos gozar das antigas instalacións (pequena presa, canle, cámara de carga e turbinas) dunha central hidroeléctrica aínda en uso e, sobre todo, apreciaremos a espectacular Fervenza pola que cae o río pouco antes de abandonar o territorio de Fene.

Museos[editar]

Galería de imaxes[editar]

Artigo principal: Galería de imaxes de Fene.

Parroquias[editar]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Fene

Barallobre (Santiago) | Fene (San Salvador) | Limodre (Santa Eulalia) | Magalofes (San Xurxo) | Maniños (San Salvador) | Perlío (Santo Estevo) | San Valentín (San Valentín) | Sillobre (Santa Mariña)

Lugares de Fene[editar]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Fene vexa: Lugares de Fene.

Notas[editar]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.
  3. Páxina do arquitecto

Véxase tamén[editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Ligazóns externas[editar]

Concellos da Comarca de Ferrol Comarca de Ferrol
Ares
Ares
Cedeira
Cedeira
Fene
Fene
Ferrol
Ferrol
Moeche
Moeche
Mugardos
Mugardos
Narón
Narón
Neda
Neda
San Sadurniño
San Sadurniño
As Somozas
As Somozas
Valdoviño
Valdoviño