Bieiteiro
| Bieiteiro, sabugueiro | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Sabugueiro en flor |
|||||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||||||
| ''Sambucus nigra'' L. |
|||||||||||||||||||
| Sinonimia | |||||||||||||||||||
O bieiteiro ou sabugueiro (Sambucus nigra) é unha planta arbustiva, de 2 a 4 metros, da familia das adoxáceas. Común en Galiza, tamén recibe os nomes de bieito, biouteiro ou sabugo.
Índice |
Descrición [editar]
Trátase dun arbusto ou árbore pequena, de pólas fráxiles ó teren unha abundante medula branca esponxosa. As follas son opostas e caducas, imparipinnadas: compostas de 5-7 folíolos de forma lanceolada ou oval e bordo aserrado. As flores son pequenas, pentámeras e de cor branca ou amarelada, formando densos corimbos terminais que agroman a finais da primavera ou no verán. O froito é unha baga pequena, negra ou violácea que madurece a fins de agosto e en setembro.
Usos medicinais [editar]
As flores posúen propiedades diuréticas e emolientes, e os froitos son purgantes. As infusións das flores son boas para gripes e catarros; tamén como laxante suave. En uso externo (lavados, locións ou compresas) aplícase para trata-las dermatoses, feridas, queimaduras e conxuntivite. En Celanova está documentado o seu uso contra a erisipela, e en Lourizán (Pontevedra) contra o xarampón.
Polo cheiro desagradable das follas, úsase como antídoto para expulsar certos animais considerados daniños, coma sapos, cóbregas, píntegas etc. (Mariño 1985:131).
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Mariño Ferro, Xosé Ramón: La medicina popular interpretada I. Xerais, Vigo 1985.
- Rigueiro Rodríguez, Antonio, e outros: Guía de plantas medicinais de Galicia. Galaxia, Vigo 1996.