Muros
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Muros (homónimos).
| Muros | |
|---|---|
| Porto de Muros | |
| Situación | |
| Xentilicio[1]: | Muradán/Muradá |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia da Coruña |
| Comarca: | Muros |
| Poboación: | 9.787 hab. (2009) |
| Área: | 72,9 km² |
| Densidade: | 134,75 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 8 parroquias |
| Capital do concello: | Muros |
| Política (2011) | |
| Alcalde: | Caridad González Cerviño (PSdeG-PSOE) |
| Concelleiros: | BNG: 3 PPdeG: 4 PSdeG-PSOE: 6 Outros: - |
| Eleccións municipais en Muros | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes: | 99,02 % |
| Sitio web oficial | |
| www.muros.es | |
Muros é un concello da provincia da Coruña, pertencente á Comarca de Muros. Está situado no extremo norte da ría de Muros e Noia, a máis setentrional das rías Baixas.
Segundo o IGE no 2009 tiña unha poboación de 9.787 habitantes (9.999 no 2006, 9.995 no 2005, 10.050 no 2004, 10.095 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Muradán.
| Evolución da poboación de Muros - desde 1900 ata 2009 - | |||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 |
| 9.130 | 10.282 | 11.155 | 12.302 | 10.050 | {{{6}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||
Índice |
[editar] Clima
O clima de Muros é propio do dominio oceánico hiperhúmedo aínda que, debido á orientación ó sur dominante e á protección dos ventos polas serras que o delimitan, permite a suavidade de certos trazos climáticos. A concentración de precipitacións non outono-inverno e o descenso non verán é patente, tanto que incluso nalgún se chega a falar de aridez estival e déficit hídrico, vinculado á dificultade de reter a auga por parte do substrato areoso.
[editar] Historia
Na zon aatopáronse restos prehistóricos, como os petróglifos de Louro e Serres, así como castros da época castrexa e calzadas do período da romanización.
No século X o rei Sancho IV de Castela mandou repoboar a zona entre O Ézaro e Ponte Nafonso, nomeando a zona como Póboa de Muro. O primeiro emplazamento correspondíase coa parte sur do actual. O primeiro documento no que se documenta este lugar é de 1286, En 1298 Fernando IV doa esta vila á mitra compostelá, desaparecendo do seu escudo o castelo e o león (símbolos dos reis de Castela) e pasando a figurar nel dúas vieiras, que representan a igrexa compostelá. A mediados do século XV o rei Xoán II de Castela habilitou o porto da vila para exportar e importar mercadorías.
A vila foi gañando importancia co tempo, e en 1520 foi amurallada. A construción, de entre 3 e 4 m de grosor e até 7 de altura, dividía a poboación en dous barrios perfectamente delimitados: A Cerca e A Xesta. A porta principal de acceso era a Porta da Vila, flanqueada por dúas poderosas torres defensivas, estaba situada preto da actual Casa Consistorial, A muralla tiña outras dúas portas e dezaoito torres ameadas de até 11 m de altura. Tamén en 1520 Alonso III de Fonseca mandou construír o forte de Monte Louro para defenderse dos ataques dos piratas. En 1544 tivo lugar a batalla de Muros, na que a Armada Española, mandada polo almirante Álvaro de Bazán, derrotou a escadra francesa. Nesa época o goberno local reuníase no adro da igrexa de San Pedro. A finais do século XVI o marqués de Cerralbo construíu un castelo nas inmediacións da vella lonxa, que no século XVIII chegou a contar con 12 canóns.
En marzo de 1809, no marco da Guerra da Independencia, a vila foi destruída polas tropas napoleónicas en tan só doce horas. Amais dos danos humanos e materiais (190 casas destruídas), queimouse o Arquivo Municipal, o que supuxo a perda da maioría da documentación histórica. No século XIX chegaron á vila emresarios cataláns, que crearon máis de 30 fábricas de salazón, principalmente de sardiña e arenque. Xunto cos estaleiros, isto marcou a vida laboral e a fisonomía da vila.
A comezos do século XX a vila foi visitada por María Cristina de Habsburgo-Lorena, raíña nai de Afonso XIII. A nobre estivo varios días hospedada co se séquito.
En maio de 1970 a vila foi declarada conxunto histórico-artístico, sendo definida como «Vila mariñeira que conserva os seus valores ambientais, típicos e pintorescos, ó lado da severa grandeza monumental de góticos palacios e templos como o da antiga Colexiata e o Santuario da Virgen do Camiño».
[editar] Lugares de Muros
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Muros vexa: Lugares de Muros.
| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Muros | |
|---|---|
|
Abelleira (Santo Estevo) | Esteiro (Santa Mariña) | Louro (Santiago) | Muros (San Pedro) | Serres (San Xoán) | Sestaio (San Miguel) | Tal (Santiago) | Torea (San Xián) |
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Muros.
-
Ría de Muros e Noia, probablemente desde Abelleira, Muros
-
Monte Louro dende Arnela, Baroña
[editar] Muros na cultura popular
- Os de Noia son borrachos,/ os de Muros aloqueiros,/ os de Fisterra son mouros,/ e os do Son sonche bucheiros. [3]
- Aloque ou aloqueiro significan pantano, lameira, e, por extensión, atranco, dificultade, compromiso.
- Bucheiro pode significar barrigán, tripón; ou pescador de bucheiros, nome local dos muxos.
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
- ↑ ANÓNIMO (1968): Cantigas do viño. Ed. Castrelos, Vigo (Col. O Moucho 6).
[editar] Véxase tamén
|
|||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |