Discoteca
Unha discoteca é un lugar onde as pessoas van bailar e xeralmente divertirse cos amigos durante as noites. A música xeralmente non se oe en vivo, senón que provén de discos, que ás veces son mesturados por un disc jockey (DJ).
Índice |
Historia e características [editar]
A primeira discoteca do mundo foi o Scotch Club, na cidade alemá de Aachen, que funcionou a partir de 1959. Nos anos sesenta, as discotecas fixéronse populares en toda Europa, e nos setenta tamén nos Estados Unidos, onde en consecuencia se desenvolveu a música disco.
Algunhas discotecas como o Studio 54 de Nova York fixéronse famosas pola súa música, o seu ambiente o pola asistencia de clientes famosos. Outras, como República Cromagnon de Buenos Aires ou Alcalá 20 de Madrid, apareceron nas novas por desastres agravados polo exceso de xente e as dificultades de evacuación.
Cabe salientar que nas discotecas non todo é positivo, pois nelas en moitas ocasións mestúrase alcol excesivo, tabaco e ambiente cheo de fume, son por derriba das recomendacións da OMS, drogas varias e mesmo pelexas.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
- megatrón (efecto megatrón)
- Altofalante
- Foco (iluminación)
- Disc jockey ou DJ.
- Dance
- Bakalao
- Música electrónica
- Música disco
- Disco de vinilo
- Mákina
Ligazóns externas [editar]
- discotecas (en castelán)