A Baña
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Baña (homónimos).
Coordenadas: 42°57′43″N 08°45′29″W / 42.96194°N 8.75806°W
| A Baña | |
|---|---|
| Situación | |
| Xentilicio[1]: | Bañense |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia da Coruña |
| Comarca: | Barcala |
| Poboación: | 4.415 hab. (2009) |
| Área: | 98,0 km² |
| Densidade: | 46,20 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 15 parroquias |
| Capital do concello: | San Vicenzo |
| Política (2011) | |
| Alcalde: | Andrés García Cardeso (PPdeG) |
| Concelleiros: | BNG: 0 PPdeG: 7 PSdeG-PSOE: 4 Outros: - |
| Eleccións municipais na Baña | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes: | 99,02 % |
| Sitio web oficial | |
| concellodeabana.es | |
A Baña é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2009 tiña 4.415 habitantes (4.652 no 2006, 4.802 no 2005, 4.888 no 2004, 5.036 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Bañense.
| Evolución da poboación de A Baña - desde 1900 ata 2009 - | |||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 |
| 5.797 | 6.149 | 7.347 | 8.361 | 4.888 | {{{6}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||
Índice |
[editar] Etimoloxía do topónimo
O topónimo Avania aparece documentado xa en 1153 nun documento conservado no mosteiro de Toxos Outos, e no tumbo B da catedral de Santiago de Compostela (1209), onde se menciona: ...San Iurgio in Transtamarem. cum tota terra sua quam maiorem ab antiquo habuit, videlicet cum Carnota, Entines, Jalles, Barcala, Auania et de Celtigos, quantum magis antiquitus habuit....
A forma orixinal é Avaña. En épocas máis recentes, froito dun proceso de castelanización de topónimos totalmente alleo á evolución natural etimolóxica, sufriu a segmentación da vogal inicial "A", ó ser tomada como artigo singular feminino e ser traducida por "La"[3].
Estes falsos cortes tamén tiveron lugar noutros topónimos galegos, como Ogrobe ("El Grove") ou Agolada ("La Golada")[4].
[editar] Xeografía
O concello, de 98,2 km², limita cos concellos de Ames, Negreira, Val do Dubra e Santa Comba. Está situado a uns 25 km ao oeste de Santiago de Compostela.
Situado no fermoso Val de Barcala, que o Concello da Baña forma conxuntamente co de Negreira,
O relevo está determinado polos tres vales que baixan dende as terras de Xallas cara ao río Tambre: os dos ríos Barcala, que discorre case na súa totalidade por terras do municipio até desembocar en Negreira no río Tambre; o río Albariña (ou Baña), que desemboca no propio Barcala; e o do río Portalaxe, que desemboca no Tambre.
O concello ten un clima oceánico, morno e húmido, cuns 2.000 mm anuais de precipitacións. As temperaturas son moderadas, con 7,2 °C de media en xaneiro, e 17,9 °C en xullo.
[editar] Historia
Consérvanse vestixios arqueolóxicos megalíticos como as mámoas de Ferreiros, e poboados castrexos como os da Baña e o de Lañas. A toponimia dos lugares deixa ver que foi unha zona intensamente romanizada. A presenza de núcleos como Suevos ou Francos constata asemade o asentamento de pobos bárbaros.
A mención máis antiga é nun documento de 1153, contido no tumbo do mosteiro de Toxos Outos: hereditatem que habetis in terra de Avania.
Na Idade Media o concello foi berce dos Trastámara e dominio dos señores de Altamira. Personalidades como o bispo Xelmírez ou a raíña Urraca deixaron constancia da súa importancia. Nos templos relixiosos hai mostras da arte románica e gótica.
Xa no século XIX pasouse a épocas de decadencia económica e política debido ás guerras da Independencia e Carlista, ás desamortizacións de bens eclesiásticos e das cofradías, e á suba de impostos.
[editar] Economía
O concello da Baña é eminentemente rural, aínda que as actividades agrícolas non son as que ocupan a maioría da poboación. No ano 2001 o sector servizos ocupaba 686 persoas, a agricultura 454, a construción 368, a industria 244 e pesca 9.
No ano 2003 había no concello un total de 412 explotacións de gando vacún cun total de 7.045 animais e estaban rexistradas un total 49 empresas e 14 comercios.
[editar] Lugares da Baña
Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Baña vexa lugares da Baña.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes da Baña.
[editar] Parroquias
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
- ↑ González Balasch, M.T.: El Tumbo B de la Catedral de Santiago (Edición y Estudio). Universidade de Granada (tese de doutoramento), 1987.
- ↑ Cabeza Quiles, F.: Os nomes da terra. Topónimos galegos; Editorial Toxosoutos, p. 201.
[editar] Véxase tamén
| Concellos da Comarca da Barcala | ||||
|---|---|---|---|---|
A Baña |
Negreira |
|||
|
|||||