Folosa acuática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Folosa acuática
Seggenrohrsaenger hand.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 VU gl.svg
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Sylviidae
Xénero: Acrocephalus
Nome científico
Acrocephalus paludicola
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

A folosa acuática (Acrocephalus paludicola) é unha folosa ameazada de extinción, de aspecto moi semellante á fulepa das xunqueiras (A. schoenobaenus).

Descrición[editar | editar a fonte]

Son moi semellantes de aspecto e tamaño á moito máis común fulepa das xunqueiras. Diferénciana desta a coloración máis contrastada da plumaxe, cos debuxos negros do lombo as alas moito máis marcados. O deseño da parte superior da cabeza é especialmente rechamante: dúas faixas negras ou castaño-negras relativamente anchas percorren a cabeza dende a parte superior da base do bico ata á caluga, facéndose cada vez máis amplas. Estas listas negras están separadas por outra central de cores que van do beixe o amarelo crema. Teñen unha lista superciliar ou "cella" beixe ou algo máis clara, pero nunca branca. As patas son amarelas alaranxadas ou da cor da carne, mentres que na fulepa das xunqueiras son pardas escuras. Ámbolos dous sexos semellanse moito, agás pola plumaxe algo menos contrastada das femias.

Voz[editar | editar a fonte]

O canto permite tamén diferenciala da folepa das xunqueiras. As súas estrofas son curtas, durando pouco máis de tres segundos, mentres que as da folepa poden durar máis de 20 segundos. Cantan sobre todo durante as primeiras horas da noite ou unha ou dúas horas antes de saír o sol, mentres que a outra especie canta ó amencer e pola mañá. O canto e un trino monótono interrompido por asubíos. Ademais destes sons o seu canto inclúe elementos inaudibles para o oído humano e secuencias de estrofas doutros paxaros, excepcionais nas folepas das xunqueiras.

Distribución[editar | editar a fonte]

Á súa área de distribución está comprendida nunha faixa estreita situada entre os 45 e 60 grados norte. A primeiros do século XX, esta faixa abranguía dende os Países Baixos ata Siberia. Dende a Segunda guerra mundial esta área reduciuse bruscamente e hoxe a súa fronteira oeste está marcada polo río Oder. As poboacións máis mestas atópanse en Polonia, Ucraína e Bielorrusia, con illas poboacionais en Siberia e Hungría. As poboacións desta última son, xunta coas pequenas poboacións alemás, as máis occidentais da especie.

Son migradores de longa distancia, que se deprazán seguino a costa do mar do Norte e do Atlántico ata ó oeste de África. Os seus lugares exactos de invernada son descoñecidos e só hai pouco descubriuse unha poboación de entre 5000 e 10000 exemplares procedentes de Europa que pasaban o inverno na reserva nacional de aves de Djoudj, no Senegal [1].

Situación da especie[editar | editar a fonte]

A situación da especie é difícil, e vese aínda máis ameazada polas drenaxes realizadas en Bielorrusia có gaio de compensar as terras agrícolas perdidas despois da catástrofe de Chernóbil. Estes traballos provocaron a perda dende 1990 do 90% dos hábitats axeitados para a especie neste pais. Polo lado positivo, os últimos cálculos nos humedais do río Pripiet en Bielorrusia, deron como resultado a presenza de polo menos 6000 machos, o que, xunto cos 4000 que se calculan en Polonia e o feito de que case o 75% das localizacións da especie en Europa foron descubertas só a partir de 1995 fan concibir esperanzas sobre o futuro da especie, sobre todo pola posibilidade de que queden aínda zonas de reprodución descoñecidas sobre todo no oeste de Siberia. O total da poboación en Europa calcúlase nuns 15.000 exemplares. Máis datos sobre a situación e a distribución actual da especie poden verse en * [2]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Benedikt Gießing (2002): Viele Väter für eine Brut – vorteilhaft oder unausweichlich für das Weibchen?: zum Paarungssystem und zur Populationsgenetik des Seggenrohrsängers (Acrocephalus paludicola). Diss. Univ. Köln., 160 S.
  • Franziska Tanneberger, Jochen Bellebaum & Martin Flade (2007): Hoffnung für den "Spatz der Niedermoore", in: Naturmagazin, 21, 2, S. 42-43. (populärwissenschaftlicher Artikel)
  • Heinz Wawrzyniak & Gertfred Sohns (1977 / 2004): Der Seggenrohrsänger Acrocephalus paludicola. Die Neue Brehm-Bücherei Bd.504.
  • Leisler, B. & Wink, Michael (2000): Frequencies of multiple paternity in three Acrocephalus species (Aves: Sylviidae) with different mating systems (A. palustris, A. arundinaceus, A. paludicola). Ethology, Ecology & Evolution 12: 237-249. PDF fulltext

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]