Celulosa

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A celulosa é un polímero lineal da D-glicosa que resultan unidos mediante enlaces glicosídicos β(1→4)

A celulosa é un polímero formado pola repetición de monosacáridos de glicosa.É unha molécula insoluble en auga, e é a biomolécula máis abundante que hai na Terra. Plantas, bacterias ou algas producen cada ano unha cantidade aproximada de cen mil millóns de toneladas de celulosa.

As pontes de hidróxeno fórmanse entre as distintas cadeas de celulosa

Índice

[editar] Estrutura da celulosa

A celulosa forma cadeas lineais, formadas por monómeros de β-glicosa mediante enlaces β-1,4-O-glicosídico, que se unen unhas ás outras mediante pontes de hidróxeno. A unión de moitas cadeas forma feixes cilíndricos chamados microfibriñas de celulosa. As microfibriñas son moi resistentes, polo que teñen unha función estrutural, e estas atópanse na parede celular dos vexetais.

[editar] Funcións da celulosa

A celulosa é un compoñente estrutural nas plantas, xa que é unha molécula moi resistente. Tamén hai animais, como algúns microrganismos (fungos ou bacterias) ou ruminantes que teñen no seu organismo a enzima celulasa que é capaz de romper os enlaces da β-glicosa, e a celulosa sérvelles coma fonte de enerxía. Pero a celulosa non pode ser empregada polos seres humanos, xa que non temos as enzimas axeitadas para poder romper os enlaces que presenta. Aínda asi é imprescindible tomar algunha cantidade de celulosa xa que axuda no proceso do tránsito intestinal e como fonte de enerxía para as bacterias intestinais.

[editar] Aplicacións da celulosa

A celulosa obtense da madeira, algodón, liño, palla, etc. Úsase para a fabricación de papel e variantes do papel, así como tamén para a fabricación dalgunhas substancias químicas como por exemplo explosivos).

[editar] Véxase tamén

Ferramentas persoais