O Pino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°54′17.18″N 8°21′44.44″W / 42.9047722°N 8.3623444°W / 42.9047722; -8.3623444

O Pino
Escudo de O Pino
Casa do Concello de O Pino.JPG

Casa do concello.
Situacion O Pino.PNG
Situación
Xentilicio[1] wikt:
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Comarca de Arzúa
Poboación 4.708 hab. (2013)
Área 131,9 km²
Densidade 35,69 hab./km²
Entidades de poboación 13 parroquias
Política (2011)
Alcalde Manuel Taboada Vigo
Concelleiros BNG: 1
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 2
Outros: -
Eleccións municipais no Pino
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 80,84%
Na rede
www.concellodeopino.com
correo@opino.dicoruna.es

O Pino é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Arzúa. Limita ao norte con Frades e Oroso, ao sur con Touro e Boqueixón, ao leste con Arzúa e ao oeste con Santiago de Compostela.

Segundo o IGE en 2013 tiña 4.708 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situación[editar | editar a fonte]

Ten unha extensión de 132,3 km², e abrangue 13 parroquias. O Pedrouzo é a capital, situada a 18 km de Compostela.

Orografía[editar | editar a fonte]

O concello ten un relevo suave e pouco accidentado. O cumio máis alto é o monte das Minas (452 m), seguido do castro de San Lourenzo de Pastor (412 m). A capital está a 289 m de altitude.

Hidrografía[editar | editar a fonte]

A fronteira norte do municipio está establecida polo río Tambre. Afluentes seus que pasan polo concello son o río Mera e mailo Noa, que nace na parroquia de Pastor.

Clima[editar | editar a fonte]

Hai clima oceánico, con abundantes choivas.

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo Total (Habitantes) 4.708
Menos de 16 anos 495 (10.51 %)
Entre 16 e 64 anos 3.034 (64.44 %)
Máis de 64 anos 1.179 (25.04 %)
Evolución da poboación de O Pino (desde 1900 ata 2013)
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011  2012  2013
 6.232  6.832  7.768  6.027  4.940  4.710  4.743  4.732  4.708
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia[editar | editar a fonte]

Durante o antigo réxime as terras do Pino pertenceron á provincia de Santiago. En 1820 o territorio foi adxudicado ao partido xudicial de Sar, co nome de San Vicenzo do Pino. Trala división territorial de España en 1833 constituíuse o concello. En 1834 pasou ao partido xudicial de Arzúa, e entre 1965 e 1988 pertenceu ao de Santiago, regresando ao de Arzúa conforme á lei 38/1988 do 28 de decembro.

Desde o 27 de agosto de 2007 a Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica (ARMH) anda á procura dos restos de seis represaliados dos fascistas no lugar do Amenal. Entre o primeiro e o segundo día de traballo atoparon os restos de tres de eles: Ramón Sánchez, Ramón Vázquez e Caitán García.

Seguiron a buscar a Isidro Filloi e o seu sobriño de 17 anos Andresito. Os investigadores, para localizar os restos seguen os consellos dos veciños do lugar. Para maior dificultade aqueles que mellor recordaban a situación dos lugares de enterramento xa morreron.

Tratábase de O Meimixe, O Listo e O Ghabrielo, coñecidos como os tres díscolos do Pino e que foron escollidos especialmente para darlles un aviso e obrigados a cavar as dúas fosas, a primeira onde enterraron os tres xa aparecidos e outra onde enterraron aos outros dous. Un sexto veciño de Boimorto José Cabanas nun descoido dos falanxistas logrou escapar deste violento final.[3].

Cultura[editar | editar a fonte]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

No concello atópase o castro de San Lourenzo de Pastor, un recinto ovalado de 110 metros de lonxitude onde se acharon restos de cerámica sen decoración e dous torques de ouro de 22 quilates e 350 gramos de peso, actualmente no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón da Coruña. Hai outros dous castros en Oza (San Mamede de Ferreiros) e Tarroeira (O Pino).

Sobre o río Mera consérvase a Ponte Puñide, de orixe romana, onde foi atopado o Modio de Ponte Puñide, un Modium de bronce datado cara aos anos 360/370, actualmente exposto no Museo Arqueolóxico Nacional.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes do Pino.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O Pino Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias do Pino

Arca (Santaia) | Budiño (Santa María) | Castrofeito (Santa María) | Cebreiro (San Xiao) | Cerceda (San Miguel) | Ferreiros (San Breixo) | Gonzar (Santa María) | Lardeiros (San Xiao) | Medín (Santo Estevo) | Pastor (San Lourenzo) | Pereira (San Miguel) | O Pino (San Vicenzo) | San Mamede de Ferreiros (San Mamede)


Concellos da Comarca de Arzúa Comarca de Arzúa
Arzúa
Arzúa
Boimorto
Boimorto
O Pino
O Pino
Escudo Touro.jpg
Touro