Narón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Narón
Bandeira de Narón Escudo de Narón
Casa do Concello.JPG
Casa do Concello
Situación
Situacion Narón.PNG
Xentilicio[1]: Naronés
Xeografía
Provincia: Provincia da Coruña
Comarca: Ferrolterra
Poboación: 38.285 hab. (2010)
Área: 67,0 km²
Densidade: 552,36 hab./km²
Entidades de poboación: 8 parroquias
Capital do concello: Cidade de Narón
Política (2011)
Alcalde: Xosé Manuel Blanco (TEGA)
Concelleiros: BNG: 2
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 2
Outros: TEGA 8
Eleccións municipais en Narón
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 88,88 %
Sitio web oficial
www.naron.es

Narón (xentilicio Naronés) é un concello da provincia da Coruña situado na ría de Ferrol e pertencente á comarca de Ferrolterra, sendo na actualidade a área de expansión urbana máis importante da comarca. Segundo o IGE en 2010 tiña 38.285 habitantes, o que a converte na oitava vila de Galicia (35.664 no 2006, 35.083 no 2005, 34.404 no 2004, 33.825 en 2003), sendo o cuarto núcleo de poboación na provincia da Coruña despois da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol.

É un concello mixto, con sete parroquias eminentemente rurais nas que viven menos da cuarta parte da poboación e cun núcleo urbano de máis de 29.000 hab. formado polos barrios da Gándara (Santiago Apóstolo), A Solaina (Santa Icía), O Alto do Castiñeiro (San Xosé Obreiro), Piñeiros (Nosa Señora dos Desamparados), O Couto (San Martiño de Xuvia), Freixeiro (Virxe de Fátima) e Xuvia (Santa Rita), destacando pola súa poboación as catro primeiras.

Evolución da poboación de Narón - desde 1900 ata 2009 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2009
 8.333  12.278  14.518  29.152  34.404  {{{6}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Censo Total 38.285
Menores de 15 anos 5.325 (13,91%)
Entre 15 e 64 anos 25.930 (67,73%)
Maiores de 65 anos 7.030 (18,36%)

Índice

[editar] Xeografía Física

Parroquias de Narón

O seu territorio ten uns 66 km² e debuxa un perímetro irregular dende Ferrol ata a parroquia do Val, onde un pequeno cordal pecha a chaira de Trasancos da saída ao mar, e logo nas parroquias de Sedes e Pedroso, onde o Monte de Nenos (maior altura de Narón) forma o peche setentrional do concello, e dende onde se ven asombrosas vistas da ría de Ferrol. Na marxe meridional, só destaca o pequeno couto que da nome á parroquia onde se sitúa.

[editar] Goberno Municipal

O alcalde de Narón é, dende xaneiro de 2009, Xosé Manuel Blanco (Terra Galega). Ao igual que o seu antecesor no cargo, Xoán Gato, mantén un pacto de goberno co Partido Popular, cuxa voceira no Concello, Ángeles Díaz Pardo, é a primeira tenente de Alcaldía.

Na corporación municipal xurdida das eleccións do 27 de maio de 2007, Terra Galega é a forza maioritaria, con 10 escanos, seguida polo Partido Popular (5), Bloque Nacionalista Galego (3) e o Partido Socialista Obrero Español (3).

[editar] Lugares de interese

Mosteiro de San Martiño de Xuvia.
  • CASA DA CULTURA. Foi levantada a principios do século XX na Estrada de Castela. É un dos centros culturais máis importantes da poboación, lugar onde realízanse ao longo de todo o ano numerosos actos culturais. Foi restaurada no ano 1982.
  • PRESA DO REI. Foi mandada construír polo rei Afonso XIII e utilizada nas súas orixes para dar enerxía á Real Fábrica de Moeda de Xuvia. Atópase situada as beiras do río Xuvia.
  • MOSTEIRO DE SAN MARTIÑO DE XUVIA. Tamén coñecido como Mosteiro do Couto, foi mandado construír polo Conde de Traba no século XII sobre os restos dun templo anterior ao século X. É de estilo románico galego e forma conxunto coa Igrexa de San Martiño de Xuvia. Foi declarado Monumento Artístico Nacional.
  • IGREXA DE SAN MARTIÑO DE XUVIA. Foi mandada levantar no ano 1137 polo Conde de Traba. É un templo románico con planta basilical de tres naves, divididas por arcos de medio punto e tres ábsidas semicirculares. No seu interior gárdase o sepulcro gótico de Rodrigo Esquío, cabaleiro do século XV.
  • IGREXA DE SANTA RITA DE XUVIA. É un templo de estilo ecléctico, con planta rectangular dunha soa nave dividida en varios treitos e cuberta con bóveda de canón, capelas laterais e presbiterio. Merece especial mención a súa fachada principal, na que destacan as súas dúas altas torres campanario coroadas por dúas cúpulas con forma piramidal e un rosetón sito sobre a súa portada principal, que da iluminación ao templo.
  • PONTE DE XUVIA. É unha ponte de finais do século XIX, que foi levantada sobre os restos dunha antiga ponte romana. Atópase localizada no límite entre os concellos de Narón e de Neda.
  • IGREXA DE SANTA MARÍA A MAIOR DE O VAL. É un templo barroco con planta de cruz latina sito en Baltar, ao norte da parroquia de O Val. Destaca pola súa fachada coroada por unha espadana dobre, que atópase arrodeada por unha balconada de pedra. Sobre a súa portada principal hai un rosetón, utilizado para alumear o interior do templo.
  • CONVENTO DE BALTAR. Foi nas súas orixes, século XVI, un pazo mandado construír pola Marquesa de Lago-San Sadurniño. Máis tarde foi reconvertido en Convento grazas á súa doazón, realizada pola Marquesa aos freires claretianos. Como elementos máis importantes merecen especial mención a Capela do Sagrado Corazón e unha fonte barroca.
  • CAPELA DE SANTA MARGARIDA (O VAL). Foi construída no século XV e é un dos templos máis antigos de todo o Concello. É unha pequena igrexa de planta rectangular cunha soa nave e presbiterio cuberto con bóveda de crucería.
  • PENA MOLEXA. É un dos monumentos naturais máis singulares de Narón. Atópase localizada no lugar de Vilasuso, na parroquia de O Val, e trátase dunha grande rocha de varias toneladas de peso sobre a cal sitúanse outras de menor tamaño. Conta a lenda que un feitizo converteu a unha fada nesta espectacular rocha.
  • PAZO DE LIBUNCA. O Pazo de Libunca, coñecido tamén como Chalé de Cabezas, localízase na parroquia de Castro e foi mandado construír pola Familia Montenegro a comezos do século XX. Na actualidade foi reconvertido nun hotel e nos seus arredores hai un xardín botánico.

[editar] Economía e Urbanismo

Praza da Gándara.

É unha cidade inconclusa que aínda mantén características da súa orixe como cidade dormitorio de Ferrol, que vivía tamén do sector naval, e que pouco a pouco se vai convertendo no principal motor industrial e de ocio da comarca de Ferrolterra, situándose coma un dos concellos economicamente mas fortes de Galiza.

En Narón está situado un dos meirandes polígonos industriais de toda Galiza, Río do Pozo, no que se instalaron empresas tan importantes coma Inditex, Megasa ou Lidl. Existen ademais outros dous polígonos industriais, A Gándara, onde se atopa o maior centro comercial da comarca, o C.C. Odeón, e o polígono das Lagoas, onde hai unha cementeira das dúas que ten este concello.

O concello conta con vías rápidas de alta capacidade, xa que a autoestrada AP-9 atravesa o núcleo urbano, conta con dous ramais que unen o parque empresarial do Río do Pozo coa autoestrada e a circunvalación de Narón . Pasa ademais a autovía Ferrol - Vilalba e a vía de FEVE Ferrol - Xixón ten varios apeadoiros no concello.

A cidade de Narón é unha cidade que sofre dunha grave desorde urbanística e que logo de varias décadas, co novo plano urbanístico vai subsanando ese problema pouco a pouco. Exemplo disto son as liñas de alta tensión que ata hai pouco pasaban polo medio de populosos barrios, as vías de RENFE e FEVE que exercen de barreira e numerosas rúas sen saída e de escasos equipamentos . Sen embargo, grazas ao grande crecemento en número de vivendas, a cidade vai gañando en calidade de vida, aínda que prazas e parques son aínda unha utopía e segue a dominar o cemento .

[editar] Cultura e Deportes

Estadio municipal de Rio Seco.

O concello conta cunha grande oferta cultural, ademais a partires do ano 2009 contará cun dos maiores teatros e centros culturais de toda Galiza, o Pazo da Cultura, ademais de contar xa cunha biblioteca no Alto e cun museo etnográfico na parroquia de Sedes sobre a vida labrega nesta comarca do país, Aldea Nova.

Narón ten un equipo de fútbol na terceira división, o Narón Balompé Piñeiros, e un famoso rally do certame galego. Ademais, en Narón practícanse moitas disciplinas deportivas, como se demostra dia a dia na asistencia as numerosas instalacións deportivas.

[editar] Ocio e entretemento

Muíño de Pedroso.

Existen varias áreas recreativas coma a do muíño de Pedroso, que conta tamén con cámping, ademais do da Picota, no Couto, en obras, e a Presa do Rei en Xuvia; e un parque urbano ás beiras do río Freixeiro, onde se está a construír unha das meirandes urbanizacións de toda a comarca, que incluirá o terceiro centro comercial do municipio. Os outros centros comerciais son Odeón e o CC Narón. No CC Odeón hai unha grande boleira e numerosos restaurantes e cafetarías, así como 12 salas de cine.

Así mesmo, Narón é un referente na movida comarcal, incluso desbancando a Ferrol, xa que ao longo da Estrada de Castela, dende o barrio de Xuvia ata Piñeiros hai multitude de pubs e cafeterías cheas calquera fin de semana.

[editar] Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Narón.

[editar] Lugares de Narón

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Narón vexa: Lugares de Narón.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Narón

Castro (Santa María) | Doso (San Lourenzo) | Narón | Pedroso (San Salvador) | San Xiao de Narón (San Xiao) | Sedes (Santo Estevo) | Trasancos (San Mateo) | O Val (Santa María a Maior)

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas


Concellos da Comarca de Ferrol Comarca de Ferrol
Ares
Ares
Cedeira
Cedeira
Fene
Fene
Ferrol
Ferrol
Moeche
Moeche
Narón
Narón
Neda
Neda
San Sadurniño
San Sadurniño
As Somozas
As Somozas
non dispoñemos de escudo
Valdoviño
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas