Pato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patos
Pato001eue.jpg
clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilias

Anatinae
Anserinae
Dendrocygninae
Merginae
Oxyurinae
Plectropterinae
Stictonettinae
Tadorninae
Thalassorninae

Pato ou parrulo é o nome común para varios tipos de aves da familia dos anátidos, que comprende diferentes subfamilias. Son na súa maioría aves acuáticas de auga doce e salgada, menores en tamaño cós seus parentes os cisnes e gansos. Os patos aliméntanse dunha variedade grande de fontes como herbas, grans plantas acuáticas, peixes, insectos, etc.

Son criados pola súa carne, ovos e plumas.

Os machos de especies do hemisferio norte teñen coloridas plumaxes que mudan en verán, o que lles outorga unha aparencia máis feminina nesa época. En moitas especies, os machos adultos pasan épocas sen voar porque buscan protexer o seu hábitat, para o que teñen suficiente alimento de reserva. Normalmente, posteriormente á muda da pluma, hai unha migración.

Galería de imaxes [editar]

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]