Sector primario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa mundial coa aportación da agricultura ó PIB de cada país entre os anos 1970 e 2008. Os datos están en dólares por ano.

O sector primario é unha das clasificacións das actividades económicas. Considéranse actividades pertencentes ao sector primario as actividades económicas relacionadas coa obtención de recursos da natureza:

  1. agricultura
  2. extración mineral
  3. gandería
  4. explotación forestal
  5. pesca
  6. caza.

Aproximadamente o 50% da poboación mundial traballa no sector primario. En África faino o 62%, en Asia o 58%, o 6% en Europa e o 3% en América do Norte.


Prioridades do sector primario[editar | editar a fonte]

  • Unha das primeiras prioridades deste sector é aproveitar, coidar e preservar os acuíferos: regatos, ríos, lagoas e presas que se teñen na rexión, de tal maneira que a auga que se teña se utilice primeiramente para garantir o consumo humano, en segundo lugar para abeberar os animais, así como para cultivar a terra, en especial ao millo e hortalizas. Por isto, unha das funcións das administracións é procurar que se penalice o desperdicio da auga ou o seu mal uso.
  • Coa semente e cultivo, aproveitar, a produción para a súa comercialización.
  • En canto á silvicultura, capacitar as comunidades coa finalidade de que se preserve a riqueza que detentan, impulsar programas de reforestación ata que a planta sementada creza ou se garantice a súa vida; denunciar os cortes incontrolados, así como a presenza de aserradeiros clandestinos e a venda ilegal de madeira, en especial dos acaparadores ou comerciantes que realizan esta actividad sen a autorización. En esta vertente, a Cámara de lexisladores, así como o Executivo estatal, debería de considerar cando menos unha modesta partida de recursos, ou no seu defecto, xestionar unha maior actividade e responsabilidade por parte do goberno federal a través das suas dependencias afins a esta labor.