As Somozas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°32′9.79″N 7°55′27.62″W / 43.5360528°N 7.9243389°W / 43.5360528; -7.9243389

As Somozas
Escudo de As Somozas
Casa do Concello de As Somozas.JPG

Casa do Concello.
Situacion As Somozas.PNG
Situación
Xentilicio[1] somocense
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Comarca de Ferrol
Poboación 1279 hab. (2012)
Área 70,9 km²
Densidade 18,04 hab./km²
Entidades de poboación 4 parroquias
Política (2011)
Alcalde Juan Alonso Tembrás
Concelleiros BNG: 0
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 1
Outros: -
Eleccións municipais nas Somozas
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 98,40%
Na rede
assomozas.org
correo@assomozas.dicoruna.es

As Somozas é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o INE en 2012 tiña 1.279 habitantes (1.382 no 2009, 1.392 no 2006, 1.411 no 2005, 1.403 no 2004, 1.407 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é somocense.

Evolución da poboación de As Somozas (desde 1900 ata 2013)
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011  2012  2013
 3.801  3.934  3.962  2.004  1.403      1.279  {{{9}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

Os 71,4 km² polos que se estende este concello son bastante accidentados, aínda que de altitude escasa: as maiores altitudes son as de Vilalbesa (583 m), Pena dos Ladróns (620 m), Naveira (523 m), Lameira (518 m) Barreiros (538 m) e Cortello (484 m), todas elas nas parroquias de As Somozas e Recemel. Atravésano o río Mera e o río Grande de Xuvia; o primeiro conforma o límite con Ortigueira e desemboca na ría de Ortigueira e o segundo nace na confluencia dos ríos Ferreiras e Grande.

Historia[editar | editar a fonte]

Grazas á súa situación estratéxica, arrodeada de vales e montañas, todo o territorio do concello de As Somozas foi visitado por numerosas culturas ao longo da súa historia.

No dominio musulmán, foi imposto un tributo aos seus habitantes, coñecido como Tributo das Cen Doncelas, polo que numerosas mulleres foron apresadas e trasladadas aos seus haréns. Eran despedidas polos seus achegados dende o Monte Marbán. Pénsase que a denominación de 'Somozas' provén dun nobre francés chamado Sumaga, que venceu aos musulmáns e que foi recompensado con terras na zona.

O territorio das Somozas pertenceu a distintos clans señoriais e a varias xurisdicións. Algúns dos nobres máis importantes que dominaron estas terras foron a Duquesa de Lemos, o Conde de Maceda e o Marqués de San Sadurniño.

O concello de As Somozas constituíse no ano 1836, intre no que xurdiron os primeiros concellos constitucionais, formando parte da provincia histórica de Betanzos. Posteriormente, no ano 1845, incorporouse a parroquia de Recemel, desvencellándose de Moeche, e, máis tarde, no ano 1895, formáronse as de Enchousas e Seixas, ao se dividir a parroquia principal.

Na actualidade, As Somozas é un concello rural, adicado á agricultura e á gandería e arrodeado de vales e montañas que lle proporcionan un clima oceánico con temperaturas agradables.

O 19 de xaneiro do 2014, falece o actual alcalde Manuel Candocia Ramos, a causa dun infarto mentras presenciaba un partido do equipo do Unión Deportiva Somozas, do que tamén era presidente[3].

Goberno municipal[editar | editar a fonte]

Ao longo da democracia, Manuel Candocia non deixou nunca de ser alcalde das Somozas. Inicialmente, coa UCD e, xa na actualidade, co PP. Non só ven revalidando unha ampla maioría absoluta, senón que esta é, cando menos, abafante.

Durante varias lexislaturas, e tamén na que descorre entre 2007 e 2011, o PP conta con 8 concelleiros e existe un só grupo na oposición, o PSdeG-PSOE, cun único concelleiro. Malia superar a barreira do 5% dos votos en 2007, o BNG non foi quen aínda de rachar con ese tradicional bipartidismo e entrar no Concello.

Economía[editar | editar a fonte]

A economía, aínda que marcadamente agrícola, vai perdendo peso a medida que vai medrando o Polígono Industrial de As Somozas, onde se localizaron industrias dedicadas ás novas tecnoloxías como a construción de aeroxeradores e plantas de rexeneración de materiais industriais e reciclaxe (a maioría do chapapote do Prestige será tratado aquí). Tamén conta con explotacións forestais de eucalipto, gando vacún e cultivos de kiwi e autoconsumo, que como moito, son vendidos nos mercados e feiras de Moeche e As Pontes, transformación da madeira en serradoiros e a existencia dunha embotelladora de leite.

Case unha cuarta parte dos traballadores viaxan até As Pontes, pois están empregados por Endesa ou as súas empresas auxiliares.

A poboación é moi dispersa e o lugar de maior tamaño, Igrexa, ronda os 100 habitantes.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

  • Igrexa de Santiago Seré, A Igrexa de Santiago é o monumento máis importante do Concello. Atópase na capital, As Somozas, no lugar coñecido como A Igrexa, presidindo o centro urbano da poboación. É un templo de estilo barroco, levantado no século XVIII, con planta rectangular e tres naves cubertas de madeira. Merece especial mención na súa fachada principal a torre campanario de grande altura, visible dende case que calquera punto da poboación. Está coroada por unha cúpula octogonal, rematada por un pináculo sobre o que sitúase unha cruz de ferro.
  • Ermidas, en todo o Concello levántanse numerosos templos cun gran valor histórico-artístico. Merecen especial mención as ermidas de San Pedro, en Enchousas; do Socorro, en Recemel; de Nosa Señora de Francia, no Campo; de San Isidro, na Graxoiba; de San Bartolomeu, en Seixas, e as ermidas de San Cidre, San Pedro e Santo Estevo, nas Somozas.
  • Montañas, Os picos de maior altura son Pena dos Ladróns, de 620 metros de altitude; Gradoi, de 357, e o histórico Marbán, que acada os 316 metros, lugar dende onde despedíanse os habitantes da poboación das doncelas cativadas polos musulmáns.
  • Área recreativa da Queiroga, localízase ao nordeste das Somozas, nos arredores do río Mera, visitado polos amantes da pesca pola presenza de troitas. Atópase arrodeada por fragas e conta nas súas instalacións con mesas, bancos e grellas. Merecen especial mención un antigo muíño de auga e varios refuxios de pescadores.

Galería de Imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes das Somozas.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias das Somozas

As Enchousas (San Pedro) | Recemel (Santa María) | Seixas (Santa María) | As Somozas (Santiago Seré)


Lugares das Somozas[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello das Somozas vexa: Lugares das Somozas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.
  3. Falecemento de Manuel Candocia Ramos

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: As Somozas Modificar a ligazón no Wikidata
Concellos da Comarca de Ferrol Comarca de Ferrol
Ares
Ares
Cedeira
Cedeira
Fene
Fene
Ferrol
Ferrol
Moeche
Moeche
Mugardos
Mugardos
Narón
Narón
Neda
Neda
San Sadurniño
San Sadurniño
As Somozas
As Somozas
Valdoviño
Valdoviño