A Laracha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°14′55″N 8°35′0″W / 43.24861°N 8.58333°W / 43.24861; -8.58333

A Laracha
Bandeira de A Laracha---Escudo de A Laracha
Caion (a laracha).jpg

Vista xeral de Caión, parroquia costeira da Laracha
Situacion A Laracha.PNG
Situación
Xentilicio[1] larachés
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Comarca de Bergantiños
Poboación 11.375 hab. (2013)
Área 125,8 km²
Densidade 90,42 hab./km²
Entidades de poboación 13 parroquias
Capital do concello A Laracha (Torás)
Política (2011)
Alcalde José Manuel López Varela
Concelleiros BNG: 2
PPdeG: 13
PSdeG-PSOE: 2
Outros: -
Eleccións municipais na Laracha
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 98,43%
Na rede
concellolaracha.com
info@concellolaracha.com

A Laracha é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Bergantiños.

Segundo o IGE en 2013 tiña 11.375 habitantes (11.367 no 2012, 11.337 no 2011, 11.213 no 2010).

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «larachés».

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello, de 126,3 km², abrangue 13 parroquias, sendo as máis extensas as de Soandres e Montemaior. Caión é a única que ten contacto co mar, no golfo Ártabro, no límite nordeste da Costa da Morte.

Orografía e hidrografía[editar | editar a fonte]

A zona sur está marcada pola chaira de Ordes e os montes baixos da serra de Montemaior, co monte Pedrouzo (521 m) e Pena Galluda (552 m). O centro está marcado polo val do río Anllóns, que se abre cara ao oeste e recibe as augas do Acheiro. Cara ao norte está a serra de Santa Leocadia, no límite con Arteixo.

Clima[editar | editar a fonte]

Ten un clima oceánico, con temperaturas suaves e escasa oscilación térmica, fortes precipitacións e elevada humidade. A vexetación autóctona foi substituída en boa medida por especies de repoboación como piñeiros e eucaliptos. A zona de monte ocupa un terzo da superficie total do municipio. Porén, quedan carballeiras como a de Santa Margarida, a de San Fins e a da capela de Comiáns.

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo 11.375 habitantes
Menos de 16 anos 1.340 (11,78 %)
Entre 16 e 64 anos 7.282 (64,02 %)
Máis de 64 anos 2.753 (24,20 %)
Evolución da poboación de A Laracha (desde 1900 ata 2013)
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011  2012  2013
 7.993  10.039  12.213  11.710  10.800  11.171  11.337  11.367  11.375
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia[editar | editar a fonte]

Os restos de asentamentos humanos máis antigos conservados no concello son do período megalítico, como o túmulo do Cruceiro (Lendo), mámoa de Fofelle (Lestón), mámoa da Fraga (Lendo), túmulo funerario na Medorra (Coiro), túmulo das Medorras na Ferreira (Montemaior), túmulo megalítico O Forno dos Mouros en Silvoso (Soandres), Pedra Fita do Loureiro ou Pedra do Gicho (Erboedo), medorra do couto de Outeiro (Montemaior), túmulo de Carboeiro en Portela (Erboedo), A Medorra do Codeso en Vilariño (Montemaior) ou o Túmulo das Rebuceiras (Lemaio).

No lugar de Lendo apareceron dúas machetas da idade do bronce. Da cultura castrexa consérvanse 19 poboados castrexos: castro de San Román e castro de Riotorto (ou Os Castros, ou o Petón do Castro, os dous en Cabovilaño); castro da Medoña (Coiro); A Castreira (ou As Castreiras, en Erboedo); castro da Condesa (ou Bico do Castro, en Lemaio); castro de Lestón (ou Os Castros, ou Agra do Castro Lestón), castro de Erboedo (ou Os Castros, ou As Croas), castro do Retorno e castro de Fofelle (Lestón); castro da Pena ou O Petón (Montemaior); castro de Condesuso (ou O Castriño), castro de Santa Baia (ou Croa de Santa Baia), castro de Cerqueira (ou de Refoxo), castro de Revirente, O Castro (ou Os Castros) e castro de Santa Baia (Soandres); castro de Gabenlle (ou Castro das Croas, ou Os Castros, en Torás); castro de Montesclaros (ou Os Castros, no que apareceu numerosa cerámica) e castro Pequeno (ou castro das Motas, ou a Mota, en Vilaño).

Casa do concello.

Durante a romanización de Galicia construíronse diversas vías, pasando por aquí a Per Loca Marítima. En 1987 atopouse na igrexa de Vilaño un miliario da época do emperador Magnentio, a mediados do século IV. No mosteiro de Soandres había unha ara votiva (conservada na catedral de Santiago de Compostela) cunha inscrición sobre un antigo templo adicado a Hércules Xónico.

Na igrexa de Lemaio consérvanse uns capiteis prerrómanicos, usados como pía de auga bendita. A igrexa de Soandres ten a súa orixe nun cenobio beneditino, que aparece documentado a finais do século X. Segundo o historiador Carlos Martínez Pereira a finais do s. XIII e principios do XIV na parroquia de Lendo estableceuse unha encomenda da orde do Temple, da que quedan mostras na igrexa parroquial.

A familia Pardo das Mariñas dominou a xurisdición que ocupou boa parte do concello desde o século XIV. As Torres de Cillobre foron creadas como construción defensiva, sendo reconvertidas en casa señorial. Diego das Mariñas foi o primeiro capitán xeral do Reino de Galicia. Outros nobres que habitaron esta casa foron os Bolaño, Ribadeneira, Parragués, Soutomaior e Moscoso.

Irmandade[editar | editar a fonte]

A Laracha está irmandada dende abril de 2010 coa comuna de Olonne sur Mer, do distrito francés de Les Sables-d'Olonne, Países de Loira no departamento Vendée.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes da Laracha.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Laracha Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Laracha

Cabovilaño (San Román) | Caión (Santa María do Socorro) | Coiro (San Xián) | Erboedo (Santa María) | Golmar (San Bieito) | Lemaio (Santa Mariña) | Lendo (San Xián) | Lestón (San Martiño) | Montemaior (Santa María Madanela) | Soandres (San Pedro) | Soutullo (Santa María) | Torás (Santa María) | Vilaño (Santiago)


Concellos da Comarca de Bergantiños Comarca de Bergantiños
Cabana de Bergantiños
Cabana de
Bergantiños
Carballo
Carballo
Coristanco
Coristanco
A Laracha
A Laracha
Laxe
Laxe
Malpica de Bergantiños
Malpica de
Bergantiños
Ponteceso
Ponteceso