Aeroxerador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroxerador Enercon E-30

Un aeroxerador é un dispositivo cun xerador destinado a converter enerxía eólica en enerxía eléctrica. Este tipo de xerador tense popularizado rapidamente debido ao feito de que ao ser a enerxía eólica un tipo de enerxía renovábel, apenas produce custos de produción como tampouco non produce contaminación nin contribue ao efecto invernadoiro. Porén, a cantidade de enerxia producida por este medio é aínda unha mínima parte (arredor do 1% do consumo mundial) da que se consume nos países desenvolvidos. Galiza é unha das zonas mais avanzadas en produción de enerxia eólica, cun 12%, lonxe do 18% de Dinamarca, aínda que proporcionalmente máis[1], ben por riba da media da UE.

Os aeroxeradores tamén se coñecen popularmente co nome de virandelos[2].

[editar] Funcionamento

Un aeroxerador dividese en tres partes:

  • Torre: canto máis alta, mellor
  • Aspas: canto máis grandes, máis potencia
  • Nacele: Contén a caixa de engrenaxes e o Xerador

A caixa de engrenaxes é necesaria porque as aspas xiran a unha velocidade moi baixa e é necesario axustala ao réxime do xerador, tradicionalmente unha máquina asíncrona

Segundo a súa tipoloxía existen tres tipos de sistemas.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Notas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas