Anguía
A anguía (Anguilla anguilla) é un peixe teleósteo da familia Anguillidae.
De corpo alongado e cilíndrico, a femia mide ata 150 cm e o macho ata 50 cm, con escamas rudimentarias cubertas dunha substancia viscosa, aletas pectorais moi pequenas e unha aleta dorsa que se prolonga ata a cola.
Crese que se reproduce no Mar dos Sargazos. Os pais morren e as larvas, de menos de 1 cm de longo, soben á superficie, onde as correntes as arrastran cara terra, nunha migración que dura tres anos ata que se transforman en angulas. Posteriormente, entran na auga doce, onde viven ata que lles chega a época da desova. Aliméntase de larvas de insectos, crustáceos e peixes mortos.
Dende os anos 70 o número de anguías en Europa caeu arredor do 90% [Cómpre referencia] debido á polución, a parasitos como a Anguillicola crassus, as barreiras que o home pon nos ríos (centrais hidroelécricas) e cambios naturais na oscilación do Atlántico Norte. En Galicia, antigamente víase en todo o río Miño, pero hoxe non pasa do encoro de Belesar.
Cando a anguía é pequena denomínase meixón, e cando é moi pequena angula.
Gastronomía[editar]
En varios lugares de Galicia celébranse festas gastrónomicas dedicadas á anguía: Ponte Sampaio, Barral ou O Carballiño.
- Festa da Anguía, en Valga, o 31 de agosto.
- Festa da Anguía, en Castrelo de Miño, a primeira fin de semana de agosto.