Monfero
Coordenadas: 43°20′4.08″N 8°3′21.08″W / 43.3344667°N 8.0558556°W
| Monfero | |
|---|---|
| Casa do concello. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | monferés |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia da Coruña |
| Comarca | Comarca do Eume |
| Poboación | 2129 hab. (2012) |
| Área | 171,7 km² |
| Densidade | 12,4 hab./km² |
| Entidades de poboación | 7 parroquias |
| Capital do concello | Rebordelo |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Benjamín Rodríguez Abad (ICMON) |
| Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 1 PSdeG-PSOE: 4 Outros: ICMON 5 |
| Eleccións municipais en Monfero | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 99,48% |
| Páxina web oficial | |
| www.concellodemonfero.com | |
Monfero é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2012 tiña 2.129 habitantes (2.239 no 2010, 2.414 no 2006, 2.444 no 2005, 2.490 no 2004, 2.552 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «monferés».
| Evolución da poboación de Monfero (desde 1900 ata 2012) | |||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 |
| 5.715 | 6.473 | 6.530 | 3.587 | 2.490 | 2.239 | 2.129 | |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||||
Índice |
Xeografía[editar]
Monfero ten 173,28 km², e abrangue sete parroquias. A casa consistorial está no lugar de Rebordelo, na parroquia de San Fiz de Monfero. Está no leste da provincia da Coruña, por onde limita cos concellos lugueses de Xermade e Guitiriz; ao norte limita coas Pontes de García Rodríguez, A Capela e Cabanas; ao sur con Irixoa e Aranga; e ao oeste con Vilarmaior e Pontedeume.
Está atravesado pola estrada AC-151 (que o une coa A-6), a C-640 que vai de Betanzos a Viveiro, e a AC-144, que vai cara a Pontedeume. Está a 45 km da Coruña e a 80 de Santiago de Compostela.
A Serra da Loba é a rexión montañosa máis destacada, destacando no centro do concello o Monte da Pendella (712 m). O río Eume fai de fronteira polo norte, e a el van dar os afluentes do Frai Bermuz e San Bartolomeu. No oeste están amais os ríos Lambre e Lambruxo.
Unha parte das Fragas do Eume, declaradas parque natural en 1997, áchanse dentro do territorio de Monfero.
Historia[editar]
Hai restos de presenza humana na prehistoria, como as mámoas na Pena do Moncouso. Amais, hai varios topónimos que denotan presenza castrexa.
Na Idade Media a zona era xurisdición do mosteiro cisterciense, xa reflectida en documentos de 1135.
Patrimonio[editar]
O mosteiro de Monfero pertenceu á Orde do Císter, e ten as súas orixes cara ao século X.
Consérvanse varias pontes do século XV, todas dun só arco: a ponte do Dez sobre o río Frai Bermuz, a ponte de San Paio sobre o Lambre (co concello de Irixoa á outra beira) e outra sobre o río Lambruxo, entre os lugares das Travesas e Vilarboi.
Amais das igrexas parroquiais, hai varias pequenas ermidas, como a da Ascensión en Boicornello (Val de Xestoso), as de Santo André da Ribeira e Lagares (San Fiz de Monfero), e a de San Bartolomeu na Ermida (Queixeiro).
Hai 5 casas de turismo rural: Casa de Graña da Acea, Casa Don Bernardo, Casa Lourán, Casa Piñeiro e Rodeo da Casa.
Galería de imaxes[editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Monfero.
-
Fachada do Mosteiro de Monfero
-
Parque natural das Fragas do Eume
-
Encoro do Eume entre Monfero e As Pontes
-
Cruceiro das misións en Taboada
-
Igrexa de Vilachá
Parroquias[editar]
Lugares de Monfero[editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Monfero vexa: Lugares de Monfero.
Notas[editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
Véxase tamén[editar]
| Concellos da Comarca do Eume | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
Cabanas |
A Capela |
Monfero |
Pontedeume |
As Pontes |
||
|
|||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |