Minifundio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un minifundio é unha leira rústica de extensión reducida, aínda que debe ser contextualizada dentro do espazo no que se atope. Algúns libros de texto defíneno por baixo de 30 ha.

Características[editar | editar a fonte]

Un minifundio ten, por definición, unhas dimensións tan reducidas que impiden ao agricultor obter unha renda suficiente para sobrevivir. O minifundismo, xunto co latifundio, é unha das principais causas da emigración rural á cidade en busca de traballo[Cómpre referencia].

O minifundio créase nos réximes de herdanza nos que o posuidor divide a súa propiedade a partes iguais entre os seus fillos, resultando así cachos de terreo progresivamente máis pequenos, até que a renda insuficiente obrígaos a vender as terras que lles queda e emigrar.

O minifundio é moi común tanto no norte de España como no propio territorio de Galiza[Cómpre referencia].