As Pontes de García Rodríguez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| As Pontes de García Rodríguez | |
|---|---|
| Situación | |
| Xentilicio 1: | Pontés |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia da Coruña |
| Comarca: | Eume |
| Área: | 249,4 km² |
| Entidades de poboación: | - |
| Capital do concello: | As Pontes de García Rodríguez |
| Latitude e lonxitude: | 43° 27' N, 7° 50' O |
| Altitude máxima: | 756 m. |
| Altitude mínima: | m. |
| Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
| Demografía (2004) | |
| Poboación: | 11.911 hab. |
| Densidade: | 47,75 hab./km² |
| Uso do galego 3 (2001) | |
| Galegofalantes sobre o total da poboación: | 99,04 % |
| Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
| Sempre: | 44,49 % |
| Ás veces: | 44,34 % |
| Nunca: | 11,16 % |
| Política (2007) | |
| Concelleiros 4: | PPdeG 1 (671 votos - 9,47 %) BNG 8 (3.077 votos - 43,41 %) PSdeG-PSOE 8 (3.186 votos - 44,95 %) Outros: - (- %) |
| Alcalde: | Valentín González Formoso (PSdeG-PSOE) |
| Eleccións municipais en: As Pontes de García Rodríguez | |
| Censo electoral (2007) | |
| Total electores: | 10.413 - 100 % |
| Votantes: | 7.135 - 68,52 % |
| Abstencións: | 3.278 - 31,48 % |
| Votos en branco: | 154 - 2,16 % |
| Votos nulos: | 47 - 0,66 % |
| Orzamentos 5 (2000) | |
| Total ingresos: | € |
| Total gastos: | {{{totalgastos}}} € |
| Enderezos | |
| Enderezo físico: | Casa do Concello, Parque Municipal s/n. |
| Teléfono: | 981453116 |
| Fax: | |
| Código Postal: | 15320 |
| Correo electrónico: | |
| Sitio web oficial: | http://www.aspontes.org/ |
|
|
|
| Notas: | 1 Véxase no Galizionario. 2 No verán: UTC + 2. |
As Pontes de García Rodríguez ou sinxelamente As Pontes é un concello da Provincia da Coruña en Galicia, pertencente á comarca do Eume. A súa poboación en 2004 era de 11.911 persoas segundo o padrón municipal de habitantes (12.108 en 2003), e abrangue unha superficie de 249,4 km2. Atópase entre as comarcas da Terra chá ó leste e Ferrol ó oeste.
Xentilicio (véxase no Galizionario) : Pontés
| Evolución da poboación de: As Pontes de García Rodríguez - desde 1900 ata 2004 - | ||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 |
| 4.626 | 5.026 | 5.951 | 11.158 | 11.911 |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
||||
Índice |
[editar] Xeografía
O concello limita ao norte cós concellos de Mañón e Ortigueira, ao este e sueste cós de Muras e Xermade, ao sudoeste co de Monfero e ao oeste con A Capela, San Sadurniño e As Somozas.
Debido a que o concello de As Pontes é o de maior tamaño da provincia de A Coruña, pódese atopar nel unha gran variedade de paisaxes distintos. O Monte Caxado, ao norte, constitúe cos seus 756 metros de altura o punto máis elevado do concello e da provincia. Ó seu redor temos outros montes como A Pena da Loba (658 m), O Macizo Sucadio (667 m), os Macizos de Peñas de Noite (626 m) ou o de Deveso (558 m).
Os ríos que discorren polo concello son en xeral caudalosos, cun réxime bastante regular. Destaca entre eles o Eume, que ten unha extensión de 9 kilómetros e da nome á comarca.
No concello aséntase gran parte do parque natural das Fragas do Eume que bordea o encoro do Eume.
[editar] Historia
No concello atopáronse varios obxectos prehistóricos, máis de 125 mámoas, anacos de cerámica e inclusive vasos correspondentes á Cultura Campaniforme. Entre os años 6000 e 2800 a.C. crese que un importante asentamento humano poboaba a zona, aínda que a maioría dos restos atopados son sobre enterramentos e non sobre a vida. Mesmo hai teorías que din que o val era una inmensa tumba para os pobos nómadas da zona.
Hai numerosas probas da romanización da zona como poden ser varios sarcófagos paleocristianos atopados na vila e restos de vivendas romanizadas. É de grande importancia á Ponte Romana que aínda se conserva sobre o Río Chamoselo.
No ano 1267 atópase o primeiro texto que constata a existencia do "Concejo das Pontes". En 1376, Henrique II de Castela concedeulle o señorío da Vila de As Pontes ao cabaleiro García Rodríguez de Valcárcel por rescatalo da prisión na que se atopaba trala batalla de Nájera. Por quantas lealtanzas de fianza fallamos en vos... e por quanto afán y trabajo y pérdidas oviste tomado por nós... facemos vos donación pura y perpetua... del lugar de las Puentes de Hume. A súa linaxe extinguiuse nuns 100 anos, pasando a pertencer o señorío á casa de Lemos. Sen embargo deixou a súa huella nas numerosas pontes que mandou construir no río Eume, destacando entre elas a "Ponte dos ferros".
Segundo o "Catastro del Marqués de la Ensenada", realizado en 1752, residían por aquel entón, no casco urbano pontés, pouco máis de douscentos habitantes e cerca de mil no resto do concello. A vila dispoñía dun Hospital para recoller, dar pousada e asistir a pobres, peregriños e viandantes. O edificio, cuxo recordo da nome á praza principal de As Pontes, seguiu sendo hospital ata mediados do século XIX e escola ata a segunda década do século XX, no que foi derruído por unha orde municipal. A finais do século XVIII José Cornide Saavedra comunica á Real Sociedad Económica de Amigos del País a existencia en As Pontes de García Rodríguez de xacementos de lignito. En 1862 levantaríase unha nova ponte construida na época de Isabel II de España e de quen recibe o nome.
[editar] Economía
A economía depende principalmente da industria aínda que tamén dispón de núcleos de poboación dedicados á agricultura e á gandería.
A principal industria do concello é a Central térmica de As Pontes e a mina de carbón que a fornece. A central térmica é a mais grande de España, e a súa cheminea, con 356 metros de altura, é a construción mais alta de España, e figura no Libro Guinness dos Récords como a cheminea máis voluminosa do mundo. Ten unha potencia de 1400 megavatios. Actualmente está en construción outra central eléctrica nova que usará o gas para producir electricidade (ciclo combinado de 800 megavatios). Ademais o concello conta con numerosos parques eólicos, contribuindo definitivamente ao liderado que ten Galiza no Estado nesta tecnoloxía, e dous encoros. É un dos lugares con maior produción de enerxía a nivel mundial.
A segunda industria máis importante é a de transformados metálicos, iniciada nos anos 60 por Hermanos Formoso. Actualmente dedícanse a esta actividade máis de dez empresas locais.
O concello conta con tres parques industriais onde se asentan outras moitas empresas, como Einsa ou Galparket.
Nas Pontes de García Rodríguez ten importancia a explotación gandeira sendo o seu leite empregado, entre outros destinos, na empresa Queserías del Eume.
Son tamén importantes os seus recursos forestais para a industria madeireira e papeleira. Estase a estudar a posibilidade de usar os residuos forestais como biomasa, o que cointribuiría a aumentar a xa de por sí alta produción enerxética local.
[editar] Clima
O clima das Pontes é un clima oceánico húmido, con certas características de clima continental nos vales e de clima de montaña nas alturas da Serra. A temperatura media anual da vila é de 12º. En xaneiro é de 6,6º, con máximas de 21º e mínimas de 0º, mentres que en agosto acada os 17,3º, con máximas de 37º e mínimas de 9º.
O concello das Pontes rexistra unhas precipitacións anuais de 1.800 l/m2. O mes de decembro adoita ser o máis chuvioso, podendo producirse en xaneiro e febreiro xeadas e precipitacións en forma de neve.
[editar] Cultura
[editar] Festas
- Festas da Virxe do Carme: celébranse tódolos 16 de xullo dende 1741. Especial relevancia na festa ten a procesión nocturna que o sábado de festa parte da capela do Carme coa imaxe da Virxe ata a Igrexa, capela á que regresa o domingo camiñando sobre unha extensa alfombra floral.
- Romaría da Fraga: O 23, 24 e 25 de xullo celébrase a "romaría da Fraga", festa centenaria que se comezou a celebrar no ano 1904. Na orixe consistía na xuntanza da xente do pobo para merendar á beira do río Eume e celebrar o día de Santiago. Actualmente os veciños de As Pontes confecionan casetas artesanalmente con madeira e pólas de árbores onde fan vida durante os tres días que dura a festa. Á festa acompañalle o festival de música rock e hip hop "Nabiza Rock" que adoita ter lugar o día 23, e o festival de música folk que se celebra o día 24. Nos últimos anos esta festa pasou a estar considerada de interese turístico nacional.
- Feira do Grelo: Esta festa naceu en 1981 para potenciar a agricultura local e alcanzou fama en toda a comunidade. Celebrase cada ano o domingo de entroido.
- Feira de Fungos e Cogumelos: Realízase ao longo dunha semana en novembro e recolle diversos actos como a degustación de pratos e diversos concursos.
[editar] Galería de Imaxes
- Vexa tamén o artigo principal: Galería de imaxes das Pontes de García Rodríguez
|
Parque de Lesneven |
[editar] Lugares das Pontes de García Rodríguez
Para unha lista completa de todos os lugares do concello das Pontes de García Rodríguez vexa: Lugares das Pontes de García Rodríguez.
[editar] Parroquias
| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias das Pontes de García Rodríguez | |
|---|---|
|
O Aparral (Santa María) | Bermui (Santiago) | O Deveso (Santa María) | Espiñaredo (Santa María) | A Faeira (San Pedro) | O Freixo (San Xoán) | Goente (San Martiño) | As Pontes de García Rodríguez (Santa María) | Ribadeume (Santa María) | San Pedro de Eume (San Pedro) | Seoane (San Xoán) | Somede (San Mamede) | Vilavella (Santa María) |
[editar] Véxase tamén
|
Referencias relacionadas con Galicia |
||

