Marta
| Martaraña | |||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
| Martes martes Carl von Linné, 1758) |
|||||||||||||||||||||||
|
Distribución da Marta
|
|||||||||||||||||||||||
A martaraña ou marta (Martes martes), é unha especie de mustélido carnívoro europeo duns 25 centímetros de altura e 50 dende a cabeza ata o arranque da cola, que ten preto de 30 cm.
Características [editar]
Un exemplar adulto pesa ao redor dun quilogramo e medio. Posúe unha cabeza pequena, un fociño agudo, un corpo delgado, patas curtas e pelame espesa e suave, máis escura polo lombo que polo ventre.
Os seus hábitos son nocturnos, adoitan vivir nas árbores e aliméntanse de pequenos mamíferos, pequenas aves, insectos e ras. Tamén comen algúns froitos e ovos de paxaros. Asemade as martas son presas das aguias e dos raposos. Non obstante, o seu maior inimigo é o home, que a apreza pola súa fina pel. En cativerio viven ata 18 anos, mentres que a súa vida silvestre apenas supera os catro anos. Chegan á súa madurez sexual aos dous anos. As súas crías adoitan nacer en marzo ou abril, logo dun período de xestación de ao redor dun mes. O seu peso ao nacer é de aproximadamente 30 gramos.
(Véxase mapa de distribución en Galicia embaixo)
Curiosidades [editar]
- Un tipo de forros heráldicos, os veros, proveñen dunha representación do vero ou pel da marta.
- En finlandés a marta escura chámase nokia, termo que deu nome á cidade da que, á súa vez, toma o seu a importante empresa de telecomunicacións.