Porto do Son
Coordenadas: 42°43′28″N 9°0′24″W / 42.72444°N 9.00667°W
| Porto do Son | |
|---|---|
| Casa do Concello. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | sonense |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia da Coruña |
| Comarca | Comarca de Noia |
| Poboación | 9699 hab. (2012) |
| Área | 94,58 km² |
| Densidade | 102,55 hab./km² |
| Entidades de poboación | 10 parroquias |
| Capital do concello | Porto do Son |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Luís Oujo (PPdeG) |
| Concelleiros | BNG: 3 PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 3 Outros: A.V.S. 2 |
| Eleccións municipais en Porto do Son | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 98,48% |
| Páxina web oficial | |
| http://www.portodoson.org/ | |
Porto do Son é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. A capital do concello é a vila homónima, situada na parroquia de Noal. En Porto do Son está o castro de Baroña.
Índice |
Xeografía [editar]
Porto do Son é un concello que ocupa o lado noroeste da Península do Barbanza. Limita ao norte coa ría de Muros e Noia, ao sur con Boiro e a Pobra do Caramiñal, ao leste con Noia e Lousame, e ao oeste con Ribeira.
A Península do Barbanza é unha terra moi accidentada e Porto do Son non é unha excepción. O monte está en case todo o concello moi preto da costa, o que obriga á poboación a concentrarse en torno á liña costeira en case todo o territorio.
Demografía [editar]
Comparando a evolución demográfica desde 1900, a poboación de Porto do Son mantense estable ó contar nese ano con 9.244 habitantes e no 2005 con 9.990.
A poboación aumentou lixeiramente ata a metade de século, cando comeza a baixar lenta pero progresivamente, con pequenas variacións. Isto débese á baixa natalidade e a unha emigración que leva unha parte significativa da poboación ó exterior, o cal é constante na maioría dos concellos de Galicia.
En 2012 a poboación era de 9.699 habitantes, o que indica unha diminución a 2011, cando era de 9.847 persoas (9.899 habitantes en 2007, 10.025 no 2006, 9.990 no 2005.
| Censo Total (Habitantes) | 9.699 |
| Menores de 15 anos | 1.201 (12.38 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 6.184 (63.76 %) |
| Maiores de 65 anos | 2.314 (26.86 %) |
| Evolución da poboación de Porto do Son (desde 1900 ata 2012) | |||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 |
| 9.244 | 9.682 | 10.876 | 11.102 | 10.039 | 9.873 | 9.699 | |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||||
Economía [editar]
No ano 2001, a taxa de actividade do concello de Porto do Son era do 45,2 % e o paro de 9,1 %. Por sectores, o sector terciario é o predominante, pois ocupa un 42,3 % dos traballadores sonenses. O sector secundario, cunha ocupación predominante da construción, ocupa un 33 % dos traballadores. E o sector primario é o minoritario, ocupando un 24 % dos traballadores sonenses, a maioría en actividades pesqueiras.
Turismo [editar]
Porto do Son celebra no mes de agosto a Festa de Exaltación do Polbo.
Porto do Son na cultura popular [editar]
- Os de Noia son borrachos,/ os de Muros aloqueiros,/ os de Fisterra son mouros,/ e os do Son sonche bucheiros. [3]
- Aloque ou aloqueiro significan pantano, lameira, e, por extensión, atranco, dificultade, compromiso.
- Bucheiro pode significar barrigán, tripón; ou pescador de bucheiros, nome local dos muxos.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Porto do Son.
-
Vista da ría de Muros e Noia desde Porto do Son
-
Praia de Arnela, na parroquia de Baroña
-
Praia de Porto do Son con Monte Louro ó fondo
Parroquias [editar]
O territorio sonense está dividido en dez parroquias, a maior das cales é Nebra e a máis poboada, Noal, onde se atopa a capital do concello. Todas elas están bañadas polas augas da ría de Muros e Noia, excepto Ribasieira, que non dá ó mar.
| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Porto do Son | |
|---|---|
|
Baroña (San Pedro) | Caamaño (Santa María) | Goiáns (San Sadurniño) | Miñortos (San Martiño) | Nebra (Santa María) | Noal (San Vicente) | Queiruga (Santo Estevo) | Ribasieira (San Pedro) | San Pedro de Muro (San Pedro) | Xuño (Santa Mariña) |
Lugares de Porto do Son [editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Porto do Son vexa: Lugares de Porto do Son.
Notas [editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
- ↑ ANÓNIMO (1968): Cantigas do viño. Ed. Castrelos, Vigo (Col. O Moucho 6).
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
| Concellos da Comarca de Noia | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lousame |
Noia |
Outes |
Porto do Son |
|||||||