Ben de Interese Cultural
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A declaración legal denominada Ben de Interese Cultural (BIC) é unha figura de protección dos bens culturais en España, establecida na Lei 16/1985, de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Índice |
Historia e características [editar]
Posteriormente esta figura de máximo rango foi asumida paulatinamente pola lexislación das Comunidades Autónomas, entidades que participan na incoación de expedientes e estudos, coa supervisión do Ministerio de Cultura para a declaración definitiva.
A competencia para declarar BIC téñena as comunidades autónomas desde 1991. Nalgunhas como en Cataluña ou o País Vasco o nome varía (Ben Cultural de Interese Nacional en Cataluña e Bens Cualificados no País Vasco), pero o proceso de declaración vén ser o mesmo.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- [1] Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia (DOG, nº 214, de 8.11.1995)
- [2] Lei 13/1985, de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español (BOE nº 155, de 29.06.1985) e modificacións posteriores (en castelán)
- BOE Análisis (en castelán)