Lousame

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lousame
Escudo de Lousame
Ayuntamiento de Lousame.png
Casa do concello.
Situación
Situacion Lousame.PNG
Xentilicio[1] lousamián
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Comarca de Noia
Poboación 3621 hab. (2012)
Área 93,6 km²
Densidade 38,69 hab./km²
Entidades de poboación 7 parroquias
Capital do concello
Política (2011)
Alcalde Teresa Villaverde Pais (PPdeG)
Concelleiros BNG: 1
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 2
Outros: -
Eleccións municipais en Lousame
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 99,17%
Páxina web oficial
www.concellodelousame.com

Lousame é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. Segundo o IGE no 2012 tiña 3.621 habitantes (3.687 no 2009, 3.798 no 2006, 3.854 no 2005, 3.912 no 2004, 3.957 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «lousamián».

Índice

Poboación [editar]

Censo Total (Habitantes) 3.621
Menores de 15 anos 385 (10.63 %)
Entre 15 e 64 anos 2.166 (59.82 %)
Maiores de 65 anos 1.070 (29.55 %)
Evolución da poboación de Lousame (desde 1900 ata 2012)
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011  2012
 5.543  5.857  6.555  5.014  3.912      3.621
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía [editar]

O concello ten unha superficie de 93 km², e abrangue 7 parroquias. Limita ao norte co concello de Brión, ao sur con Boiro e Rianxo, ao leste con Rois e Dodro e ao oeste con Porto do Son. É un territorio cun relevo abrupto, con fortes contrastes entre o fondo dos vales (20 msnm) e cumios de altitude media (monte Iroite, de 685 m, e a Muralla, de 674 m).

Historia [editar]

Nos terreos ocupados polo concello consérvanse restos prehistóricos (mámoas), da Idade do Bronce (petróglifo de Lesende) e da época castrexa. De feito, no propio escudo do concello aparecen reflectidos sete castros (Coto do Castro, Castro de Comparada, Castro de Servia, Castelo de Fruíme, Castelo de San Lourenzo, Castro de Berrimes e Castro do Lourido).

Da época da romanización consérvase o topónimo do concello, procedente da palabra celtolatina lausia, que corresponde aos xistos ou lousas que tanto abundan nesa parroquia (montes de Aldeagrande, Seoane e Cruído).

Na Idade Media fundouse o mosteiro de Toxos Outos, na beira dereita do río de San Xusto. No tombo de san Xusto, do século XII, aparece reflectida moita documentación da época medieval. No século XVII o mosteiro foi anexionado ao de Sobrado dos Monxes, converténdose en priorado do mesmo. Xa coa desamortización de Mendizábal desintegrouse por completo, converténdose na igrexa parroquial de San Xusto de Toxos Outos e perdendo a autonomía xurisdicional que tivera na Idade Media.

O concello de Lousame conformouse como tal en 1836, cando tiña 3.514 habitantes. Foi anexionada a parroquia de San Martiño de Fruíme (que pertencía ao concello de Boiro) e a de San Xoán de Camboño (Porto do Son). Amais, a parroquia de Santa María de Roo, que pertencía á xurisdición de San Xusto, pasou ao concello de Noia.

A casa consistorial está na aldea de Portobravo desde a década de 1950, se ben ata entón estivera no lugar de Cruído. Nesa época acadouse o período de máxima poboación (6.555 habitantes) debido ao auxe das explotacións mineiras de Finx.

Patrimonio [editar]

Mosteiro de San Xusto de Toxos Outos [editar]

Artigo principal: Mosteiro de Toxos Outos.

Minas de Finx [editar]

Artigo principal: Minas de San Fins.

Fábrica de papel de Fontán [editar]

Chegou a haber cinco fábricas de papel á beira dos ríos Vilacoba e San Xusto, sendo a máis importante a fundada en 1863 polo matemático e xeógrafo Domingo Fontán. Estaba situada na ribeira esquerda do Vilacoba, á altura do lugar do Castro. O edificio, de planta rectangular, tiña cuberta a dúas augas e gran cantidade de fiestras dispostas de xeito rítmico. Esta arquitectura era funcional, pois as fiestras servían para ventilar o interior para o secado do papel. Había dous niveis de catorce fiestras, tendo o corpo máis baixo catro aberturas máis grandes. A auga chegaba a través dunha canle de pedra de lonxitude considerable e con moita capacidade, que recollía a auga río arriba.

Galería de imaxes [editar]

Artigo principal: Galería de imaxes de Lousame.

Parroquias [editar]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Lousame

Camboño (San Xoán) | Fruíme (San Martiño) | Lesende (San Martiño) | Lousame (San Xoán) | Tállara (San Pedro) | Toxos Outos (San Xusto) | Vilacova (Santa Eulalia)

Lugares de Lousame [editar]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Lousame vexa: Lugares de Lousame.

Notas [editar]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:


Concellos da Comarca de Noia Comarca de Noia
Lousame
Lousame
Noia
Noia
Outes
Outes
Porto do Son
Porto do Son