Xullo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Xuñ- Xullo-Ago | ||||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | 30 | 31 | ||||
| Os 366 días do ano | ||||||
Xullo é o sétimo mes do ano no Calendario Gregoriano e ten 31 días. O seu nome provén do emperador romano Xulio César (Iulius Caesar, en latín). En galego tamén recibe o nome de mes de Santiago, por celebrarse neste mes o día do Apóstolo, e mes da sega, por ser cando se realizaba este labor.
[editar] Acontecementos
- O 4 de xullo celébrase a Independencia dos Estados Unidos de América.
- O 9 de xullo celébrase a Independencia da Arxentina.
- O 14 de xullo celébrase en Francia o Aniversario da Toma da Bastilla.
- O 20 de xullo celébrase a Independencia de Colombia.
- O 25 de xullo celébrase o día de Santiago Apóstolo, patrón de Galicia e España (polo que se lle chama o día de Galicia ou día da Patria).
- O 28 de xullo celébrase a Independencia do Perú.
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro.
[editar] Xullo na cultura popular galega
- Artigo principal: Xullo na cultura popular galega.