Benito Varela Jácome
Benito Varela Jácome, nado en Soutolongo (Lalín) en 1919 e falecido en Santiago de Compostela o 22 de outubro de 2010, foi un estudoso e crítico literario galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
Fixo os estudos primarios e secundarios en Lalín. Aos 16 anos fixo unha viaxe a Arxentina, onde permaneceu un ano. Ao regreso intervén como soldado na batalla do Ebro. Cursou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela.
O seu primeiro traballo como docente foi no colexio Minerva de Santiago de Compostela (hoxe Manuel Peleteiro). Foi catedrático de Lingua e Literatura en varios institutos de bacharelato na Coruña e Santiago de Compostela. Na década de 1960, obtén unha praza de profesor de literatura hispanoamericana na Universidade Complutense de Madrid. En 1980 trasládase á Universidade de Santiago de Compostela, dende onde tamén colaborou co CSIC e co Instituto Padre Sarmiento.
Foi presidente de honra da Asociación Española de Estudios Literarios Hispanoamericanos dende a súa creación. O seu labor centrouse nos estudos sobre Literatura Hispanoamericana con traballos sobre Julio Cortázar, Huidobro, Buero Vallejo ou García Márquez. Pero tamén amosou gran dedicación á Literatura galega, con estudos sobre Castelao, Álvaro Cunqueiro ou Rosalía de Castro. Engádense aos anteriores traballos sobre literatura castelá centrados na obra de autores como: Valera, Larra, Clarín, Pío Baroja, Galdós, Valle-Inclán, Espronceda etc.
Tamén contribuíu de forma importante en ramas como a crítica, a teoría literaria ou a didáctica con múltiples escritos.
[editar] Obras
[editar] Estudos sobre Literatura Hispanoamericana
- El cuento hispanoamericano contemporáneo (1976).
- La novela hispanoamericana del siglo XIX.
- Estructuras novelísticas de Lezama Lima (1977)
- Estructuras profundas en Pedro Páramo (1980)
- Función de los modelos culturales en la novelística de Sábato (1983)
- Tensiones españolas en la "Consagración de la primavera" (1986)
[editar] Didáctica, crítica e teoría literaria
- Nuevas técnicas del análisis de textos (1981)
- Análisis estructural de novela, poesía y teatro (1985)
- Estructuras novelísticas del siglo XIX (1973), no que reflexiona sobre modelos europeos.
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- (2001) Homenaje a Benito Varela Jácome, Santiago de Compostela: Universidade. ISBN 84-8121-898-7.