Base de Referencia Mundial para os Recursos do Solo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
WRB, cuarta edición (2022)

A Base de Referencia Mundial para os Recursos do Solo  (en inglés: World Reference Base for Soil Resources (WRB)), é o sistema taxonómico estándar internacional da clasificación dos solos, apoiado pola International Union of Soil Sciences (IUSS). Foi desenvolvido con colaboración internacional coordinada polo International Soil Reference and Information Centre (ISRIC) e patrocinado pola IUSS e a FAO. Esta clasificación substitúe a FAO soil classification.

A WRB adopta os conceptos modernos de clasificación, incluíndo a Soil Taxonomy do USDA, a lenda do Mapa Mundial de Solos da FAO de 1988, o Référentiel Pédologique, e os conceptos da escola rusa.

A clasificación baséase principalmente na morfoloxía do solo como unha expresión da pedoxénese. A maior diferenza co sistema Soil Taxonomy é que o clima do solo non forma parte do sistema, agás se inflúe sobre as características do perfil do solo. Os criterios diagnósticos apóianse sobre os dos sistemas existentes, logrando que a correlación cos previos sistemas internacionais e cos sistemas nacionais, sexan moi axustados.

A WRB é apta para correlacións cos sistemas nacionais e locais. O nivel de detalle correspóndese cos subgrupos da Soil Taxonomy, sen a necesidade de información do clima do solo. Non é para mapas detallados máis alá de escalas máis grandes como 1:200.000, aínda que serve para axustarse con información de substrato para mapear a 1:50000 en estudos rexionais.

Grupos de Solos WRB 2006[editar | editar a fonte]

1. Solos con capas orgánicas grosas Histosois (HS)
2. Solos con moita influencia humana
Solos con uso agrícola longo e intensivo Antrosois (AT)
Solos que conteñen moitos artefactos Tecnosois (TC)
3. Solos con zona de cultivo limitada por permafrost ou por pedras
Solos afectados por xeo Criosois (CR)
Solos pouco profundos ou con moita grava Leptosois (LP)
4. Solos influenciados pola auga
Condicións secas e húmidas alternadas, ricos en arxilas que inchan Vertisois (VR)
Chairas aluviais, zonas húmidas con mareas Fluvisois (FL)
Solos alcalinos Solonetz (SN)
Solos enriquecidos con sales por evaporación Solonchaks (SC)
Afectados por augas subterráneas Gleisois (GL)
5. Solos con química Fe/Al
Alófanos ou complexos Al-humus Andosois (AN)
Queluviación ou quiluviación Podzois (PZ)
Acumulación de Fe baixo condicións hidromórficas Plintosois (PT)
Arxila con baixa actividade, fixación de P, estruturada fortemente Nitisois (NT)
Dominancia da caolinita e os sesquióxidos Ferralsois (FR)
6. Solos con auga estancada
Descontinuidade estrutural abrupta Planosois (PL)
Descontinuidade estrutural moderada: Stagnosois (ST)
7. Acumulación de materia orgánica, estatua alto de bases
Tipicamente móllico: Chernozems (CH)
Transición a un clima máis seco Kastanozems (KS)
Transición a un clima máis húmido Phaeozems (PH)
8. Acumulación de sales menos solubles ou substancias non salinas
Xeso Xipsisois (GY)
Silicatos Durisois (DU)
Carbonato de calcio Calcisois (CL)
9. Solos con subsolo enriquecido con arxila
Linguas albelúvicas Albeluvisois (AB)
Arxilas moi activas baixas en bases Alisois (AL)
Arxilas pouco activas baixas en bases Acrisois (AC)
Arxilas moi activas altas en bases Luvisois (LV)
Arxilas pouco activas altas en bases Lixisois (LX)
10. Solos relativamente novos ou con pouco desenvolvemento de perfís
Coa parte superior ácida e escura Umbrisois (UM)
Solos areentos Arenosois (AR)
Solos moderadamente desenvolvidos Cambisois (CM)
Solos con desenvolvemento de perfís non significativo Regosois (RG)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]