Partido dos Socialistas de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG)
Partido político de Galicia
Líder Pachi Vázquez
(Secretario xeral)
Fundación
Sede Santiago de Compostela
Ideoloxía Galeguista
Esquerda
Socialdemocracia
Representación 927 concelleiros e 25 deputados no Parlamento Galego
Mocidades Xuventudes Socialistas de Galicia
Páxina web www.psdeg-psoe.com
Para a historia do PSOE en Galicia antes da constitución do PSdeG véxase Partido Socialista Obrero Español en Galicia.

O Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG) é un partido político galeguista e socialdemócrata de ámbito galego.

Índice

[editar] Historia

Federado ó Partido Socialista Obrero Español, conta con 927 concelleiros, deputados provinciais e 25 deputados no Parlamento de Galicia e 10 no Congreso dos Deputados. Tiña 25.423 militantes no ano 2000, tras unha depuración interna da listaxe de militancia no ano 2002 quedou reducida a 10.500. Segundo datos publicados o 6 de marzo de 2006 conta con 27.551 afiliados, deles 19.307 activos.

Nas eleccións do 2005, o PSdeG-PSOE acadou 25 parlamentarios. A través dun pacto cos nacionalistas galegos do BNG, conseguiu a presidencia da Xunta de Galicia: Emilio Pérez Touriño, daquela secretario xeral dos socialistas foi o presidente dun goberno de coalición. Nas eleccións de 2009 o PSdeG-PSOE tivo un retroceso en votos e, aínda que conservou o mesmo número de escanos, non lles foi abondo aos partidos do goberno para conservalo. O 2 de marzo de 2009, Emilio Pérez Touriño dimitía como secretario xeral, e un mes despois era substituído por Pachi Vázquez, quen dirixe a formación dende o 24 de abril de 2009.

O colectivo da mocidade do PSdeG-PSOE é as Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG)

O PSOE en Galicia adoptou o nome de Partido Socialista de Galicia no Congreso Extraordinario de novembro de 1977 e por diversos contenciosos co Partido Socialista Galego modificou o seu nome en 1980 para adoptar o actual.

[editar] Secretarios xerais

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas