Cerdido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°36′43″N 07°57′17″W / 43.61194°N 7.95472°W / 43.61194; -7.95472

Cerdido
Escudo de Cerdido
Casa do Concello de Cerdido.JPG

Casa do Concello
Situacion Cerdido.PNG
Situación
Xentilicio[1] cerdidense
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Comarca do Ortegal
Poboación 1.312 hab. (2012)
Área 52,7 km²
Densidade 24,9 hab./km²
Entidades de poboación 3 parroquias
Capital do concello As Felgosas
Política (2011)
Alcaldesa Ana Rodríguez Montero
Concelleiros BNG: 1
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 3
Outros: -
Eleccións municipais en Cerdido
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 99,48%
Na rede
www.cerdido.org
correo@cerdido.dicoruna.es

Cerdido é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Ortegal. Segundo o IGE a súa poboación no 2012 era de 1.312 habitantes (1.361 no 2010, 1.496 no 2006, 1.522 no 2005, 1.558 no 2004, 1.589 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cerdidense».

Evolución da poboación de Cerdido (desde 1900 ata 2013)
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011  2012  2013
 3.060  3.350  3.696  2.195  1.558  1.361    1.312  {{{9}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Toponimia[editar | editar a fonte]

O topónimo deriva do latín quercetum, debido á abundancia de carballos da zona.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello sitúase ao norte da provincia da Coruña. Limita ao norte con Cedeira, ao leste con Ortigueira, ao sur con Somozas e Moeche, e ao oeste con Valdoviño. Ten unha extensión de 52,63 km², cunha altitude media de 240 m. Pertence á Rede Natura 2000 da ría de Ortigueira-Mera.

Atópase entre as serras de Forgoselo e A Faladoira e o val de San Sadurniño. Os diversos ríos e regatos que discorren polo territorio verquen as augas en dúas cuncas: a do río Mera, que desemboca na ría de Ortigueira, e o río Porto do Cabo, que desemboca na ría de Cedeira.

A máxima altura atópase no monte de Francoi (408 m). Outros cumios son o monte Texón (326 m) e o Couto da Forca (356 m), entre os cales está o val do río de Pontellas. Ten un clima oceánico, con temperaturas suaves.

Historia[editar | editar a fonte]

No castro de Cerdido, preto do lugar da Igrexa, foi atopado en 1840 un torque de ouro moi diferente aos atopados en Galiza, máis parecido aos presentes en Irlanda.

No século VI, durante o reino suevo, foi incluído no condado de Labacengos, pertencente á diocese de Iria Flavia.

O topónimo de Cerdido aparece documentado por vez primeira nun documento do 3 de novembro de 1152, polo cal Fernán Pérez e a súa muller Sancha González, doan os bens da igrexa de San Martiño de Cerdido ao mosteiro de san Martiño de Xubia.

No século XVII o marqués de San Sadurniño (que tamén posuía o título de visconde de Cerdido) designaba un xuíz para o concello. Trala división local e provincial do século XIX o concello quedou formado polas parroquias de Cerdido e Os Casás. A Barqueira converteuse en parroquia en 1869, ao formarse un núcleo de certa importancia no barrio de Malados, na estrada entre Ferrol e Viveiro, onde había un mesón e a capela de Santo Antón. A Barqueira era o nome do mesón.

Goberno municipal[editar | editar a fonte]

Alcalde durante varias décadas, Bernardino Breijo (PP) renunciou a esta condición e á de edil na corporación municipal en abril de 2006, a pouco máis dun ano das seguintes eleccións locais. Entrou no seu lugar, como alcaldesa, Ana Rodríguez Montero.

Nos comicios de maio de 2007, o PP volveu a ser o máis votado, pero perdeu un escano, acadando 5 concelleiros. Obtivo maioría absoluta, fronte aos 2 edís do BNG e os outros 2 que recolleu o PSdeG-PSOE. Ana Rodríguez Monteiro repetiu como rexedora.

Galería de Imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Cerdido.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cerdido

A Barqueira (Santo Antonio) | Os Casás (San Xoán) | Cerdido (San Martiño)

Lugares de Cerdido[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cerdido vexa: Lugares de Cerdido.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cerdido Modificar a ligazón no Wikidata


Concellos da Comarca do Ortegal Comarca do Ortegal
Cariño
Cariño
Cerdido
Cerdido
Mañón
Mañón
Ortigueira
Ortigueira