Vilasantar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vilasantar
Escudo de Vilasantar
Situación
Situacion Vilasantar.PNG
Xentilicio[1]: wikt:
Xeografía
Provincia: Provincia da Coruña
Comarca: Betanzos
Poboación: 1.415 hab. (2009)
Área: 59,2 km²
Densidade: 24,19 hab./km²
Entidades de poboación: 7 parroquias
Capital do concello:
Política (2011)
Alcalde: Fernando Pérez Fernández (PPdeG)
Concelleiros: BNG: 4
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 0
Outros: -
Eleccións municipais en Vilasantar
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 99,30 %
Sitio web oficial
www.vilasantar.com

Vilasantar é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE no 2009 tiña 1.415 habitantes (1.496 no 2006, 1.538 no 2005, 1.574 no 2004, 1.610 en 2003).

Evolución da poboación de Vilasantar - desde 1900 ata 2010 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2010
 3.020  3.331  4.094  2.529  1.574  {{{6}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Índice

[editar] Historia

Consérvanse megálitos como as mámoas do monte Vilariño, a mámoa de Pedriño e a medorra de Fanegas, na parroquia de Vilariño. Da cultura castrexa consérvanse os castros de Vilariño e o das Corredoiras.

Da romanización hai restos do campamento romano da Cidadela, o máis extenso dos descubertos en Galicia, entre os concellos de Sobrado e Vilasantar. Na Idade Media estas terras pertencían ao condado de Présaras, que tiña a súa orixe nas praessurae romanas, terras desertas ofrecidas a colonos para que as cultivasen e poboasen.

A zona estivo fortemente vencellada ao mosteiro de Santa María de Mezonzo. A súa orixe posiblemente estea vencellada aos suevos, pois a igrexa conserva dous capiteis do século VI ou VII, e aparece en documentos latinos como mosteiro de Mosontio. A mediados do século X ingresou nel Pedro de Mezonzo, que chegaría a abade do convento e bispo compostelán.

Na Idade Moderna había numerosos fidalgos, como testemuñan as diversas casas señoriais. Vilasantar foi constituído como concello en 1834. A súa poboación foi medrando até 1950, cando empezou a descender por mor da emigración.

[editar] Economía

É un concello no que o sector terciario pesa sobre o resto e no que no sector secundario destaca a industria da fabricación de taboleiro de madeira e de chapa de madeira pola presenza do Grupo Losán na vila.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Lugares de Vilasantar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilasantar vexa: Lugares de Vilasantar.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Vilasantar

Armental (San Martiño) | Barbeito (San Salvador) | Mezonzo (Santa María) | Présaras (San Pedro) | San Vicenzo de Curtis (San Vicenzo) | Vilariño (Santa María) | Vilasantar (Santiago)


[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Véxase tamén


Concellos da Comarca de Betanzos Comarca de Betanzos
Aranga
Aranga
Betanzos
Betanzos
Cesuras
Cesuras
Coirós
Coirós
Curtis
Curtis
Irixoa
Irixoa
Miño
Miño
non temos escudo
Oza dos Ríos
Paderne
Paderne
Vilarmaioro
Vilarmaior
Vilasantar
Vilasantar
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas