Cabanas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cabanas (homónimos).

Coordenadas: 43°25′10″N 08°09′41″W / 43.41944°N 8.16139°W / 43.41944; -8.16139

Cabanas
Escudo de Cabanas
Cabanas.Galiza.07.jpg
Vista xeral de Cabanas
Situación
Situacion Cabanas.PNG
Xentilicio[1] cabanés
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Eume
Poboación 3.336 hab. (2009)
Área 30,3 km²
Densidade 108,48 hab./km²
Entidades de poboación 7 parroquias
Capital do concello Cabanas
Política (2011)
Alcalde Germán Castrillón Permuy (PPdeG)
Concelleiros BNG: 2
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 1
Outros: AEC - 2
Eleccións municipais en Cabanas
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 92,28 %
Sitio web oficial
www.cabanas.es

Cabanas é un concello da Provincia da Coruña en Galiza. Pertence á Comarca do Eume.

Poboación no 2009: 3.336 habitantes segundo o IGE (3.343 no 2006, 3.368 no 2005, 3.368 no 2004, 3.330 no 2003).

Xentilicio (véxase no Galizionario): cabanés/cabanesa


Evolución da poboación de Cabanas - desde 1900 ata 2011 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011
 3.322  3.584  4.380  3.528  3.368  {{{6}}}  {{{7}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Índice

[editar] Descrición xeográfica

O concello de Cabanas está situado na franxa costeira de Galiza, ao nordeste da provincia da Coruña. É o único concello incluído integramente na denominada ría de Ares. Enmarcado na comarca do Eume, limita cos municipios de Fene, Pontedeume, A Capela e Monfero. A xeomorfoloxía defínese pola transición entre a franxa costeira e as superficies de achanzamento inferior. Fronte a unha paisaxe de praias, acantilados e marisma está o profundo val do río Eume, que percorre o sur do municipio, e ao leste, as elevacións da Serra, que serven de límite coa Capela.

O acceso principal de Cabanas é a través da estrada Nacional VI no seu tramo Betanzos-Ferrol. A vila de Cabanas está a 82 quilómetros de Santiago de Compostela, a 37 da Coruña e a 15 de Ferrol. Do cruzamento de Cardeita parten a estrada AC-122 en dirección a Limodre, Redes, Ares e Mugardos e a AC-141 ata A Capela e As Pontes de García Rodríguez.

[editar] Historia

O actual territorio de Cabanas repartíase antigamente entre as xurisdicións de Caaveiro, Santiago, Monfero, Pontedeume e Betanzos. Entre 1821 e 1822 téñense novas da existencia dun municipio constitucional en San Martiño de Porto. En 1833 faise a actual división de Galiza, co que a provincia de Betanzos se integra na da Coruña.

No ámbito xudicial, en 1820 as sete parroquias que hoxe conforman o concello de Cabanas aparecen incluídas dentro do partido de Pontedeume, ao que permanecen ata 1867. Tras un breve período de tempo no que se inclúen na xurisdición de Ferrol, volven a pertencer a Pontedeume ata que, en 1965, definitivamente pasan á xurisdición de Ferrol.

A cultura megalítica está representada por 29 túmulos distribuídos na zona centro-oriental de Cabanas, destaca a necrópole de Monte dos Golpes e Monte Punxeiro, con 21 monumentos funerarios. Tamén hai manifestacións da cultura castrexa reflectidas en tres castros: o castro de Piñeiros, en San Vicente de Regoela; o monte Castro, en Irís e o castro das Modias, en San Martiño de Porto.

[editar] Información turística

En canto á arquitectura relixiosa, quen visite este concello pode ver a igrexa parroquial de San Martiño de Porto, que aparece citada en distintos documentos dende o século XV e a capela de Riobó, que é de estilo renacentista. Nela hai restos dun altar barroco en madeira policromada. Tamén se pode visitar a igrexa de San Mamede de Laraxe, onde se localiza a Pía de San Mamede, á que se lle atribúe un carácter máxico porque sempre ten auga e nunca esgota o seu manancial nin en épocas de seca. A capela do Bo Xesús, no Pudrical, en San Martiño de Porto, é unha pequena igrexa de estilo barroco fundada no ano 1771. Tamén hai constancia documental sobre a existencia de varias capelas desaparecidas. Os cruceiros adoitan situarse en cruzamentos de camiños, en adros de igrexas ou en lugares aos que se lles supón certo carácter máxico. En Cabanas hai catro cruceiros, entre os que destaca o do Areal que presenta como elemento decorativo unha flor con catro puntas.

No municipio tamén hai numerosos pazos, coma o de Fraián, en San Martiño de Porto; o pazo de Riobó, na vila de Cabanas ou o de Caaveiro que conserva o escudo do Real Padroado de Caaveiro cunha inscrición que di que foi reedificado entre os anos 1742 e 1748. En relación coa ponte dos Andrade, a lenda conta que foi construída nunha soa noite por unha aposta co demo, quen, por non colocar a derradeira pedra antes de romper o día, non puido cobrar o prezo da aposta. Esta obra, levantada a expensas de Fernán Pérez de Andrade, foi considerada como a máis grande de Europa na súa clase.

As construcións populares están representadas polos numerosos hórreos, cabazos, muíños, lagares e fontes. Destacan entre os máis de 200 hórreos que se localizan no municipio: o do Pazo de Riobó, o de Fraián e o de Xavariz. Os cabazos constrúense nas parroquias de Regoela e Soaserra, para almacenar gran en épocas de boas colleitas cando os hórreos son insuficientes. O concello de Cabanas conserva restos de preto de medio centenar de muíños, dos que aínda funcionan polo menos unha ducia. Todos son hidráulicos e só un é mixto, de mareas e río, está situado na desembocadura do río Castro. A tradición do viño conservouse neste territorio fundamentalmente nas parroquias de Irís e Cabanas.

[editar] Festividades

Hai constancia dalgunhas festas de carácter ecoloxista celebradas antano, como a Festa da Árbore o día 19 de marzo de 1914 e que hoxe continúa no Día do Ambiente cando se plantan árbores tanto de doazóns oficiais coma de particulares. A popular romaría de santa Marta ten lugar, dende a súa recuperación en 1990, no piñeiral da Madalena, o domingo despois do 29 de xullo. As sete parroquias de Cabanas festexan anualmente os seus patróns con comidas familiares, gaitas, bailes e verbenas nocturnas:

[editar] Tempo de lecer

Localizados nun fondo da ría están o piñeiral e a praia da Madalena, que, cun proceso de regulación urbanística, son un exemplo único na nosa xeografía litoral. As súas características naturais, as súas augas tranquilas, a calidade da area e o seu extenso e frondoso piñeiral vense complementados cuns servizos excelentes (fontes, mesas e asentos rústicos, grelladas, etc), ademais da ampla oferta en restauración e aloxamento hoteleiro que se brinda no propio concello.

A praia de Chamoso está nunha costa acantilada á que accedemos por unha pista situada fronte á igrexa de San Martiño de Porto e ofrece outra alternativa ao bulicio da primeira. Xa cara ao interior, as fragas do río Eume constitúen un espazo natural destacable, considerado como "o bosque atlántico costeiro máis importante e mellor conservado de Europa". Existen máis de 20 especies de árbores e máis de 100 especies de fungos e 250 de liques.

[editar] Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Cabanas.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cabanas

Cabanas (Santo André) | Irís (Santo Estevo) | Laraxe (San Mamede) | Regoela (San Vicente) | San Martiño de Porto (San Martiño) | Santa Cruz do Salto (Santa Cruz) | Soaserra (Santa Olaia)

[editar] Lugares de Cabanas

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cabanas vexa: Lugares de Cabanas.

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:


Concellos da Comarca do Eume Comarca do Eume
Cabanas
Cabanas
A Capela
A Capela
Monfero
Monfero
Pontedeume
Pontedeume
As Pontes de García Rodríguez
As Pontes
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas