Retablo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retablo na catedral de Roskilde, Dinamarca.

O retablo é unha construción de madeira, de mármore, ou doutro material, labrada, que queda por tras ou por riba do altar e que, normalmente, inclúe un ou máis paneis, pintados ou en baixorrelevo.

Características[editar | editar a fonte]

Alén da súa riqueza visual e da súa complexidade presentada na súa confección material, os retablos xeralmente tamén comportan múltiplas mensaxes e significados non sempre aparentes a primeira vista. Por exemplo, no retablo dos apóstolos de Friedrich Herlin (ver a fotografía ao lado), ao aumentar a imaxe, pódese constatar que nun dos paineis laterais menores (á dereita) o artista ilustrou a circuncisión de Xesús.

O retablo dos doce apóstolos por Friedrich Herlin (1466), St. Jakobs-Kirche (igrexa de san Xacobo), Rothenburg (ob der Tauber), Alemaña.
O retablo de El Pilar de Zaragoza, Aragón, España, por Damián Forment é un exemplo de construción en pedra.

En culturas diferentes ao cristianismo europeo, como moitas atopadas na Asia (budismo, hinduísmo, xintoísmo, etc), tamén xurdiron, en diferentes épocas, expresións artístico-relixiosas cuns padróns semellantes aos do retablo, formados tamén por partes ou paneis detallados con ricos aderezos e detalles visuais, sempre co obxectivo de axudar aos devotos a alcanzar comuñón cun estado espiritual elevado e non mundano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Retablo

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Elementos da arquitectura eclesiástica
Áreas: Ábsida | Absidiola | Adro | Claustro | Coro | Cruceiro | Deambulatorio | Nártice | Nave | Presbiterio | Sancristía | Transepto
Exterior: Arcobotante | Arquitrabe | Arquivolta | Cabeceira | Campanario | Canzorro | Chapitel | Contraforte | Espadana | Fachada | Gárgola | Nicho | Pináculo | Portada | Porta | Tiburio | Tímpano | Xamba
Interior: Altar | Arcada | Bóveda | Capitel | Ciborio | Columna | Cruxía | Cuncha | Cúpula | Galería | Hemiciclo | Imaxinería | Mosaico | Pavimento | Piar | Retablo | Rosetón | Tribuna | Triforio | Vitral
Outros: Arco | Baixorrelevo | Cogullo | Florón | Gablete | Lobo | Tramo | Trazaría