Boimorto
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Boimorto (homónimos).
Coordenadas: 43°00′27″N 08°07′37″W / 43.0075°N 8.12694°W
| Boimorto | |
|---|---|
| Lugar de Sendelle. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | boimortense |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia da Coruña |
| Comarca | Arzúa |
| Poboación | 2.271 hab. (2010) |
| Área | 82,4 km² |
| Densidade | 28,50 hab./km² |
| Entidades de poboación | 13 parroquias |
| Capital do concello | Boimorto |
| Política (2011) | |
| Alcalde | José Ignacio Portos (PSdeG-PSOE) |
| Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 5 Outros: - |
| Eleccións municipais en Boimorto | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 99,92 % |
| Sitio web oficial | |
| Concello de Boimorto | |
Boimorto é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2010 tiña 2.271 habitantes (2.410 no 2006, 2.461 no 2005, 2.486 no 2004, 2.500 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boimortense.
| Evolución da poboación de Boimorto - desde 1900 ata 2011 - | ||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 |
| 4.044 | 4.468 | 5.477 | 3.464 | 2.486 | 2.271 | {{{7}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
||||||
Índice |
[editar] Xeografía
O concello, de 82,6 km², está situado na comarca de Arzúa, no sueste da provincia da Coruña. Limita ao norte con Vilasantar, ao sur con Arzúa e Melide, ao leste con Sobrado dos Monxes e ao oeste con Frades e Mesía.
Está situado nunha zona de altitude media, cun relevo ondulado, sen chegar a constituír verdadeiras serras nin picos moi altos. O cumio de maior altitude é o coto das Amieiras (773 m), nos Montes do Bocelo. Pola outra banda, no val do río Tambre, facendo fronteira con Frades, apenas se superan os 300 m.
Esta zona é propicia para a agricultura e gandería, a base da economía local. Os terreos de Boimorto son moi produtivos, máis do 67 % dos terreos son propicios para os cultivos e a cría de animais, especialmente na parte oeste e central do concello, cara á conca do río Tambre. Outros ríos de menor importancia da parte sur pertencen á conca do río Ulla.
[editar] Etimoloxía
O topónimo Boimorto non é transparente, e non se refire ao mamífero bóvido, senón que posiblemente procede da voz celta mor, referido a un lugar pedregoso[3].
[editar] Historia
Da época castrexa consérvanse dous castros do século I, o castro de Dormea e o castro de Corredoiras. Coa romanización, construíuse pola zona un vial secundario da Via Nova que unía Braga con Astorga. En 1989 atopouse no lugar de Vilanova un miliario do século III. O monólito inclúe unha inscrición, traducida por Isidoro Millán González-Pardo e Luis Monteagudo do seguinte xeito:
Durante a Idade Media Boimorto pertencía á xurisdición do mosteiro de Sobrado dos Monxes. Documentos do ano 569 citan a parroquia de Dormea no transcurso dunha adxudicación á diocese de Iria. Posteriormente, Dona Urraca doou a parroquia ao cabido compostelán.
A vía romana converteuse nunha das variantes da vía do Norte do camiño de Santiago, pasando polas parroquias de Ánxeles, Boimil, Boimorto, Sendelle, Brates e Mercurín. No Pino conflúe co camiño do norte orixinario que leva a Santiago.
Durante o Antigo Réxime as parroquias de Boimorto pertencían á provincia de Santiago, ás xurisdicións de Arzúa e Mesía baixo o señorío do arcebispado de Santiago. Tralas disposicións da Constitución de Cádiz as terras de Boimorto pasaron a pertencer ós concellos de Arzúa e Mesía, á súa vez pertencentes a provincia de Santiago. Trala instauración definitiva da administración municipal en 1835 estableceuse o actual concello de Boimorto, nos terreos e parroquias actuais, adscrito o partido xudicial de Arzúa e á nova provincia da Coruña.
[editar] Escudo
O escudo de Boimorto foi deseñado polo gabinete de Vicente de Cadenas y Vicent, Cronista Real de Armas, tendo en conta tanto a historia de Boimorto como os escudos dos concellos veciños.
Está dividido en dúas partes horizontais: a superior fai referencia á cultura castrexa e a romanización, co debuxo dun castro nun monte á esquerda, e o miliario romano á dereita.
A parte inferior fai referencia ao camiño de Santiago, cunhas cunchas e unha cruz de Santiago, sobre dúas ondas, referentes ao río Tambre e o río Iso.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Boimorto.
[editar] Parroquias
[editar] Lugares de Boimorto
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Boimorto vexa: Lugares de Boimorto.
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
- ↑ Cabeza Quiles, F.: Os nomes de lugar, p. 73-74. Ed. Xerais, Vigo 1992.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
| Concellos da Comarca de Arzúa | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Arzúa |
Boimorto |
O Pino |
Touro |
||||||
|
|||||