Cedeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para a parroquia redondelá véxase o artigo Cedeira, Redondela.

Coordenadas: 43°39′37″N 08°03′24″W / 43.66028°N 8.05667°W / 43.66028; -8.05667

Cedeira
Escudo de Cedeira
Teixido1.jpg

Situacion Cedeira.PNG
Situación
Xentilicio[1] cedeirense
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Comarca de Ferrol
Poboación 7254 hab. (2012)
Área 85,4 km²
Densidade 84,94 hab./km²
Entidades de poboación 8 parroquias
Capital do concello Cedeira
Política (2011)
Alcalde Luís Rubido
Concelleiros BNG: 2
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 4
Outros: -
Eleccións municipais en Cedeira
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 93,81%
Na rede
www.cedeira.es
info@cedeira.org

Cedeira é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2012 tiña 7.254 habitantes (7.465 no 2009, 7.443 no 2006, 7.429 no 2005, 7.477 no 2004, 7.498 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cedeirense» ou «cedeirés».

Evolución da poboación de Cedeira (desde 1900 ata 2013)
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011  2012  2013
 5.219  7.430  7.709  8.074  7.477      7.254  {{{9}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello de Cedeira, de 84 km², limita ao norte e ao leste co océano Atlántico, ao sur con Cerdido e Valdoviño e ao oeste con Cariño e Ortigueira. O seu territorio está delimitado pola serra do Eixil e a serra da Capelada, formando os os vales fluviais do río Condomiñas, que desemboca na ría de Cedeira, e do río Mestas, que forma o estuario de Esteiro antes de desembocar no océano en Vilarrube.

Está comunicado a través da estrada C-646 que vai cara a Ferrol, e da C-642, que vai cara a Ortigueira.

Goberno municipal[editar | editar a fonte]

Dende xuño de 2007, o socialista José Luis Vergara é o alcalde de Cedeira. Un pacto de goberno entre PSdeG-PSOE, BNG e TEGA permitiu que o popular Leopoldo Rubido tivese que abandonar a Alcaldía, que ostentou dende 1979 e ata 1999.

Tras unha paréntese de catro anos de goberno liderado polo BNG, Rubido volvera a ser alcalde entre 2003 e 2007.

Historia[editar | editar a fonte]

Hai restos da Idade do Bronce, como machados de pedra pulimentada atopadas en Régoa, Montoxo e Piñeiro.

Durante o período castrexo a zona estaba habitada polos lapatiancos (ou labacenos). Hai restos de poboados castrexos en zonas altas (como o castro das Croas, na península Robaleira), castros de ribeira (como o castro de Santalla de Cervo) ou sobre un espolón (como o castro das Alcaiás, en Montoxo, no que se atopou un torque de ouro.

Trala romanización deuse ao lugar o topónimo latino de Cetaria, rada costeira cara onde os pescadores dirixían os grandes animais mariños, (atúns, baleas...) para facilitar a súa captura[Cómpre referencia].

No século XII as terras pertencían ao conde de Traba. No século seguinte Fernando III confirmó varias doazóns de terras ao mosteiro de Oseira. No século XIV pasou a ser propiedade do conde de Lemos, que por concesión de Henrique II nomeaba os alcaldes e xuíces da zona. Até 1811, en que se suprimiron os señoríos, as terras seguiron pertencendo aos Lemos, que no século XVI se xuntaran cos Andrade. A zona pertencía á provincia de Betanzos do reino de Galicia, até que en 1834 se fixo a distribución provincial actual.

No século XVIII construíuse nun outeiro a carón do porto o castelo da Concepción, do que se conservan as murallas, levantado para a defensa naval. Na actualidade é museo comarcal e mirador turístico.

Fronte a el sitúase a ermida de Santo Antón de Corveiro, do século XVII.

O casco vello do núcleo urbano de Cedeira, situado á beira dereita do río Condomiñas, estivo amurallado no medievo. Nalgunhas das casas consérvanse os escudos nobiliarios dos antigos propietarios, como os Andrade, Montenegro, Pardo ou Pieiro.

Entre 1883 e 1886 editouse en Cedeira o periódico El Horizonte.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Neste concello está o santuario de Santo André de Teixido.

As murallas que arrodeaban a antiga vila desapareceron, pero non así o seu pasado medieval, que se pode ver no paseo polas súas estreitas e empinadas rúas. Nalgunha das súas construcións aparecen escudos de armas das familias que habitaron as súas casas. Entre as antigas construcións podemos ver algunha casa con galerías, xa pertencentes aos séculos XVIII e XIX. Arredor do río Condomiñas medrou a nova Cedeira. Na zona intermedia do paseo marítimo atópase, sobre unha rocha, o monumento á muller do pescador. O porto é un dos máis importantes das Rías Altas galegas, grazas ás capturas de especies como a pescada, o rapante, a lagosta ou os percebes.[Cómpre referencia]

  • Igrexa parroquial de Santa María do Mar. Atópase na parte alta do casco antigo. É de estilo gótico mariñeiro con planta basilical orixinal e ábsida rectangular. A súa construción data do século XV. Consta de tres corpos con cuberta de madeira e unha capela maior. Diversas reformas posteriores á súa construción engadíronlle dous corpos laterais, que lle deron aspecto cruciforme. A fachada é sinxela, cun arco de medio punto. A torre lateral foi engadida en 1839. No interior, está o sepulcro xacente do cabaleiro Alonso de Pyñeiro, con data de 1450. Tamén son de interese as imaxes da Virxen do Parto (século XVI) e a Velilla (século XVII), renacentista unha e barroca a outra. A imaxe da Virxe do Mar, patroa da vila, é obra do escultor José Rivas en 1917.
  • Castelo da Concepción. Na zona final do porto, sobre un acantilado, atópase o Castelo da Concepción, construído no século XVIII para protexer a costa de incursións marítimas, que destruíran as antigas fortificacións de defensa. Con axuda da poboación, construíuse o actual, que chegou a ter trinta homes ao coidado doutros tantos canóns. O edificio é de planta hexagonal, cunha gran vista panorámica da entrada da ría de Cedeira e das praias da Magdalena e de Pantín, xa no veciño concello de Valdoviño. No edificio pódense visitar as antigas dependencias e almacéns para a vida dos soldados.
  • Capela de Santo Antón de Corveiro. A ermida de Santo Antón de Corveiro comezouse a construír en 1661. Está sita nunha contorna dende a que se contempla unha panorámica da entrada da ría. No interior, destaca o retablo barroco, procedente da igrexa parroquial. No campo que arrodea á ermida atópase un cruceiro de pedra sepentina, que foi levado alí dende o antigo cemiterio de Cedeira.
  • Garita da Herbeira. Con 620 m sobre o nivel do mar son os acantilados máis altos de Europa.
  • Restos da antiga muralla. Cedeira estaba rodeada por unha muralla que xa está desaparecida case na súa totalidade. Aínda queda unha parte pequena que pode ser visitada e que pode dar idea do que era a Cedeira medieval.
  • Campo do Castro. Aquí podemos ver un antigo castro que está situado sobre uns acantilados defensivos. Apréciase moi ben o antigo foxo. Tamén hai unhas antigas baterías que facían un conxunto coa fortaleza da Magdalena. Ate hai pouco aínda se podía ver un canón. A atalaia é un miradoiro natural da ria de Cedeira.
  • Arquitectura mariñeira. Aínda pódense atopar edificios de tipoloxía mariñeira, como unha casa con soportal no empezo da rúa Fernando Lago/Praza da Rectoral e dúas casas con balconada, Arriba da Ponte.
  • Casas con galería. A vila de Cedeira foise estirando en liña coa beiramar e o río Condomiñas ata formar un paseo de casas con galería no chamado "malecón", que antes da construción do porto pesqueiro servía para o atraque de trincados e para a realización de traballos pesqueiros e a estiba de mercadorías.
  • Escolas Indianas. Nas parroquias de Piñeiro e Esteiro a emigración transoceánica cedeirense en Cuba creou asociacións benéfico-asistenciais que financiaron no primeiro terzo do século XX tres escolas. Estas fundacións naceron da convicción de que a educación servía para a mellora económica e social e para a rexeneración da vida política.

Festas[editar | editar a fonte]

Cedeira celebra as seguintes festas:

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Cedeira.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cedeira

Cedeira (Santa María do Mar) | Cervo (Santalla) | Esteiro (San Fiz) | Montoxo (San Xiao) | Piñeiro (San Cosme) | Régoa (Santa María) | San Román de Montoxo (San Román) | Teixido (Santo André)

Lugares de Cedeira[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cedeira vexa: Lugares de Cedeira.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cedeira Modificar a ligazón no Wikidata
Concellos da Comarca de Ferrol Comarca de Ferrol
Ares
Ares
Cedeira
Cedeira
Fene
Fene
Ferrol
Ferrol
Moeche
Moeche
Mugardos
Mugardos
Narón
Narón
Neda
Neda
San Sadurniño
San Sadurniño
As Somozas
As Somozas
Valdoviño
Valdoviño