Carnota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°49′16″N 09°05′16″W / 42.82111°N 9.08778°W / 42.82111; -9.08778

Carnota
Escudo de Carnota
Carnota.jpg
Casa do concello.
Situación
Situacion Carnota.PNG
Xentilicio[1] Carnotán
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Muros
Poboación 4.938 hab. (2009)
Área 70,9 km²
Densidade 69,93 hab./km²
Entidades de poboación 5 parroquias
Capital do concello Carnota
Política (2011)
Alcalde Ramón Noceda Caamaño (BNG)
Concelleiros BNG: 4
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 2
Outros: -
Eleccións municipais en Carnota
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 99,33 %
Sitio web oficial
www.concellodecarnota.com

Carnota é un concello da comarca de Muros, na provincia da Coruña. Limita cos concellos de Mazaricos (ó leste), Muros (ó sur)e Dumbría (co Ézaro, ó norte). Atópase na zona leste de Galicia e, por conseguinte, ó noreste de España. Atópase a aproximadamente 60 km. de Santiago de Compostela.

Carnota caracterízase pola súa situación entre mar e montaña e pola repartición da súa poboación non nun sitio concreto e densamente poboado, senón en múltiples lugares. Ademais, conta con 5 parroquias.

O seu centro administrativo e a casa do concello atópanse no núcleo de Carnota, dentro da parroquia de Santa Comba de Carnota.

Índice

[editar] Demografía

Segundo o INE no ano 2009 tiña 4.938 habitantes (5.017 no 2007, 5.112 no 2006, 5.244 no 2005, 5.285 no 2004, 5.421 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Carnotán.

Evolución da poboación de Carnota - desde 1900 ata 2011 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011
 5.507  6.594  7.196  7.213  5.285  {{{6}}}  {{{7}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


[editar] Localización

Praia de Carnota. Lira está na península, Carnota, a capital, á esquerda de todo.

O concello de Carnota ocupa unha estreita faixa costeira entre os montes da serra de Outes ao leste (concello de Mazaricos) e o océano Atlántico ao oeste. O límite norte, co concello de Dumbría márcano a desembocadura do río Xallas e os montes do Pindo; polo sur a punta Lens, nas inmediacións do Ancoradoiro, sinala o límite co concello de Muros.

Desde a súa creación, a estrada C-550 (de Fisterra a Tui) é a principal rota de comunicación. Na actualidade, coa mellora da estrada de Santa Comba a Muros, esta última converterase na vía principal con Santiago de Compostela.

Praia de Carnota, co lugar de Parada en primeiro plano, logo Boca do Río e Caldebarcos no fondo.

O concello marca a transición entre as rías Altas e as rías Baixas e é, segundo algúns, o derradeiro polo sur da costa da Morte.

A parte norte, a partir de Caldebarcos, é pedregosa e vai subindo cara O Pindo, que no extremo norte cae sobre o mar desde unha grande altura. Os montes do Pindo esténdense entre a desembocadura do Xallas e o Valdebois. Este macizo montañoso atinxe a súa maior altura na Moa (627 m), desde a que se poden albiscar as torres da catedral de Santiago. Existen numerosas lendas relacionadas con estes montes, chamados "O Olimpo Celta". Ao sur predominan as praias. A praia de Carnota pasa, cos seus case sete quilómetros, por ser a máis longa de Galiza. Parte deste espazo natural está protexido dentro da Rede Natura 2000 e conta con dunas móbeis, semi-móbeis e fixas. O relevo érguese rapidamente cara o interior, chegando aos 503 m no lugar de Adraño.

O clima é oceánico húmido, con temperaturas suaves de 14-15º C anuais e precipitacións abondosas entre 1.500 e 2.000 mm anuais.

[editar] Historia

Existen mámoas e castros que indican que a zona foi poboada desde antigo. Na Idade Media pertenceu aos condes de Trastámara e de Lemos e formou parte do antigo condado de Cornatum. Coa Gran Guerra Irmandiña de 1467 desapareceron as fortalezas. O lugar da capital, Carnota, naceu no século XVII. No século XIX foi saqueada polos franceses na Guerra de Independencia española.

[editar] Monumentos e turismo

Hórreo de Carnota.

Carnota é coñecida sobre todo polos hórreos ("cabaceiras") de Carnota (Monumento Nacional) e Lira, que compiten por seren os máis grandes de Galiza.

A igrexa de Carnota (Santa Comba) é barroca, ten planta de cruz latina e tres naves lonxitudinais. A de San Mamede é neoclásica, e conta cun retablo do século XVIII, obra do escultor J. Ferreiro.

O bico do Santo, situado no lugar de Pedrafigueira, é un picacho en cuxo cumio houbo unha ermida dedicada a San Sebastián.

Na praia de Carnota o areal mide sete quilómetros. As dunas son o produto do insistente vento do noroeste. A zona de marismas divídese en dúas partes: Caldebarcos, ao norte e A Lagoa ao sur. Sepárannas Punta Larada, que tamén divide as praias de Carnota estrita e a de San Mamede (A Berberecheira).

A praia de Boca do Río, onde desemboca o río Valdebois, é moi popular entre os veraneantes. De feito, a revista alemana Traum Strände considéraa unha das praias máis femosas do mundo.

[editar] Festas

  • O 1 de xaneiro celebrase a festa popular de San Gregorio con gran prestixio na comarca.
  • A comezos de agosto, celébrase a Festa de San Mamede, en honor ó patrón municipal.

[editar] Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Carnota

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carnota

Lariño (San Martiño) | Lira (Santa María) | O Pindo (San Clemente) | San Mamede de Carnota (San Mamede) | Santa Comba de Carnota (Santa Comba)

[editar] Lugares de Carnota

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Carnota vexa: Lugares de Carnota.

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

[editar] Ligazóns externas


Concellos da Comarca de Muros Comarca de Muros
Carnota
Carnota
Muros
Muros
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas