Edicións A Nosa Terra
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Nosa Terra.
Edicións A Nosa Terra foi unha empresa editorial galega, con sede en Vigo.
[editar] Historia
Comeza a súa andaina en 1987 no seo de Promocións Culturais Galegas. É unha editorial xeneralista e as súas coleccións cobren varios campos e temáticas: historia, recuperación da memoria social, literatura, fotografía, libro de viaxes, ensaio, libro infantil, divulgación científica, enciclopedia e texto escolar. Ten máis dun millar de títulos editados. En 2010 declarouse en suspensión de pagamentos.