Curtis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°08′20″N 08°02′09″W / 43.13889°N 8.03583°W / 43.13889; -8.03583

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Curtis.
Curtis
Bandeira de Curtis Escudo de Curtis
Rúa en Curtis - Galiza-2.jpg
Rúa en Curtis.
Situación
Situacion Curtis.PNG
Xentilicio[1] curtiense
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Betanzos
Poboación 4.246 hab. (2009)
Área 116,6 km²
Densidade 36,41 hab./km²
Entidades de poboación 4 parroquias
Capital do concello Teixeiro
Política (2011)
Alcalde Javier Francisco Caínzos Vázquez (PPdeG)
Concelleiros BNG: 1
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 2
Outros: -
Eleccións municipais en Curtis
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 98,24 %
Sitio web oficial
concellodecurtis.org

Curtis é un concello da comarca de Betanzos, na provincia da Coruña. Segundo o IGE no 2009 tiña unha poboación de 4.246 habitantes (4.287 no 2006, 4.369 no 2005, 4.421 no 2004, 4.438 no 2003).

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é curtiense.

Evolución da poboación de Curtis - desde 1900 ata 2011 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011
 4.335  5.678  6.723  5.084  4.421  {{{6}}}  {{{7}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Índice

[editar] Ríos

Os tres ríos principais do concello son o Mandeo, o Mendo e o Deo.

O río Mandeo percorre boa parte dos seus 53 km. polo concello. Nace no alto das Pías (720 msnm) ó lombo da Coba da Serpe e desemboca na ría de Betanzos. Teixeiro e Curtis, xunto con Sobrado forman a cunca lata deste río. No río dase a troita común.

O río Mendo nace no monte da Graña (580 msnm). Logo de pasar por San Mamede (Cesuras) e Bandoxa (Oza dos Ríos) recibe as augas do Minator. A partir de Souto (Coirós) vólvese máis sinuoso, e descende rapidamente, para discorrer paralelo ó Mandeo e desembocar coma este na ría de Betanzos.

O río Deo, de 16 km, é un afluente do Mandeo. Nace nos montes da Carriceira (548 msnm) e desemboca no Mandeo á altura da Castellana. Agás no seu tramo final no que se une ó Mandeo, o Deo discorre por terreos máis ou menos homoxéneos en altitude, producindo no seu curso abundantes brañas.

[editar] Flora e fauna

O tipo de solo que caracteriza a este concello é granítico nas súas dúas variantes: granitos de biotita e granitos de dúas micas. Cara ó oeste aparece unha reducida zona de esquistos e cara ó sur unha área de rochas básicas.

Coexiste unha gran diversidade de vexetación. As fragas contan con carballos, castiñeiros e bidueiros; cabe destacara existencia de acivros e sanguiños así como gramíneas e herbáceas.
As brañas, na actualidade, aprovéitanse forestalmente introducindo eucaliptos e piñeiros, e tamén para o aproveitamento gandeiro, sendo frecuentes os cabalos en liberdade.

A fauna esta atópase moi relacionada co tipo de clima e vexetación. Dentro da fauna cinexética destacan entre os mamíferos o raposo, corzo, xabarín, coello e a lebre. Entre as aves están a paspallás, a perdiz e o faisán. Tamén se dá o lobo, unha especie protexida.

[editar] Zonas verdes, roteiros e sendeirismo

Curtis, mantén un Patrimonio Natural de grande valor ecolóxico e paisaxístico, debendo estar a súa conservación na contemplación dunha estratexia de desenvolvemento integral vertebrada en torno á Axenda Local-21, proxecto de desenvolvemento económico e humano sostible impulsado pola ONU e da que Curtis é pioneiro na provincia da Coruña.

[editar] Roteiros

Curtis conta con 10 roteiros de carácter local-2 (SL), ofrecendo cada un deles non só un atractivo paisaxístico senón que discorren por núcleos rurais onde se poden observar a arquitectura tradicional. Trátanse duns percorridos onde o rústico acada unha grande relevancia e, para non perder a sensación de unidade, é moi recomendable culminar todo o camiño dunha soa vez.

A primavera e o outono son os mellores momentos para atravesar cada un deles xa que a diversidade de colores e olores que sorprenderán os camiñantes, como se pode observar na Guía de Recursos Naturais publicada polo Concello no ano 2001.

Tres roteiros cumpren os requisitos para ser homologados pola Federación Galega de Montañismo.

[editar] Arquitectura relixiosa

O Concello de Curtis conta con catro parroquias:

[editar] Santa Maria de Lourdes

Atópase aquí a igrexa de Nosa Señora de Lourdes, de recente construción.

[editar] Santa María de Fisteus

Nesta parroquia hai tres igrexas: a de Santa María de Fisteus, do século XIII, a de San Roque de Xabriño, do século XVIII en sillería de cachotería, e a da Illana de recente construción.

[editar] Santa Eulalia

Conta con dúas igrexas importantes. A da Nosa Señora dos Remedios (Teixeiro), orixinalmente do século X, foi construída probablemente para sacralizar un lugar de ritos célticos, conta cun carballo de mais de 200 anos e unha fonte próxima. A igrexa orixinal sufriu numerosas remodelacións nos séculos XVII, XVIII, XIX e XX.

A outra igrexa é a de Santaia, un templo primitivo construído no século X por Plasencio, avó do célebre San Pedro de Mezonzo. O templo está vencellado a este personaxe fundamental na historia de Galicia, porque naceu no lugar de Chacente no ano 930.

[editar] Santa María de Foxado

A igrexa principal de Foxado data do século XVIII. É de tipoloxía barroca. A súa fachada é de sillería de granito destaca a torre do seu campanario rematada en espadana.

[editar] Casas reitorais

  • A casa reitoral da Nosa Señora de Lourdes, é unha edificación modernista de principios do século XX, está situada no centro do núcleo urbano de Curtis con galería e balcón de madeira.
  • A casa reitoral de Nosa Señora dos Remedios, foi recentemente restaurada e está situada fronte á igrexa, ás aforas do núcleo urbano.
  • A casa reitoral de Santaia, anterior ó século XVIII, tamén foi recentemente restaurada pola asociación de veciños pero sempre respectando a súa estrutura orixinal.
  • A casa reitoral da Illana é do século XX, edificio representativo da arquitectura rural.

[editar] Economía

É un concello no que o sector terciario pesa sobre o resto e no que no sector secundario destaca a industria da fabricación de taboleiro de madeira pola presenza do Grupo Losán.

[editar] Feiras

Conta cunha grande tradición de feira e hoxe en día mantén dúas feiras periódicas que teñen lugar en Curtis e Teixeiro. Nelas pódense atopar postos de todo tipo, desde os de roupa e alimentos até cesteiros e artesáns.

  • Feira tradicional de Curtis - o día 9 e 23 de cada mes, no campo do mercado comarcal
  • Feira tradicional de Teixeiro - o 5 e 18 de cada mes, na praza do Concello

[editar] Prisión de Teixeiro

É destacable a construción en Teixeiro dun centro penitenciario para presos de toda España.

[editar] Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Curtis.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Curtis

Curtis (Santaia) | Fisteus (Santa María) | Foxado (Santa María) | Santa María de Lurdes (Santa María)

[editar] Lugares de Curtis

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Curtis vexa lugares de Curtis.

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

[editar] Outros artigos


Concellos da Comarca de Betanzos Comarca de Betanzos
Aranga
Aranga
Betanzos
Betanzos
Cesuras
Cesuras
Coirós
Coirós
Curtis
Curtis
Irixoa
Irixoa
Miño
Miño
non temos escudo
Oza dos Ríos
Paderne
Paderne
Vilarmaioro
Vilarmaior
Vilasantar
Vilasantar
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas