Negreira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°54′35″N 8°44′9.55″W / 42.90972°N 8.7359861°W / 42.90972; -8.7359861

Negreira
Escudo de Negreira
Concellonegreira8.JPG

Casa do Concello.
Situacion Negreira.PNG
Situación
Xentilicio[1] negreirés - nicrariense
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Comarca da Barcala
Poboación 7.091 hab. (2013)
Área 115,1 km²
Densidade 61,61 hab./km²
Entidades de poboación 18 parroquias
Política (2011)
Alcalde Juan Rey Maceira
Concelleiros BNG: 0
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 6
Outros: PBN 4
Eleccións municipais en Negreira
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 73,04%
Na rede
www.concellodenegreira.es
concello@negreira.com

Negreira é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barcala.

Segundo o IGE, en 2013 tiña 7.091 habitantes (7.079 no 2012, 7.077 no 2011, 7.029 no 2010).

O seu xentilicio é negreirés ou nicrariense.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situación[editar | editar a fonte]

Linda ó norte co concello da Baña e Santa Comba, ó sur con Brión, Noia e Outes, ó leste con Ames e ó oeste con Outes e Mazaricos. Está comunicado con Santiago de Compostela a través da estrada AC-543 (Santiago-Bertamiráns) e a LC-450, que chega á vila de Negreira e segue até Muxía pola Pereira.

A vila de Negreira está situada á beira do río Tambre.

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo Total (habitantes) 7.091
Menos de 16 anos 949 (13,38 %)
Entre 16 e 64 anos 4.413 (62,23 %)
Máis de 64 anos 1.729 (24,38 %)
Evolución da poboación de Negreira (desde 1900 ata 2013)
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011  2012  2013
 5.847  6.958  8.440  7.771  6.497  6.941  7.077  7.079  7.091
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia[editar | editar a fonte]

No monte Corzán consérvanse megálitos. En Espiñaredo hai un conxunto de mámoas, con 32 pedras cunhas medidas de 32 metros de diámetro e 5 de altura. En Logrosa atopáronse dúas esculturas antropomorfas en posición hierática, con brazos e mans ben definidos, que se conservan nun museo compostelán. Hai restos de poboados castrexos en Logrosa, Vilachán, Xallas e Broño.

O asentamento de Nicraria Tamara (por estar situada á beira do Tambre) ten a súa orixe na idade antiga, vinculado a unha explotación de minas de prata. No ano 876 o rei Afonso III o Magno concedeu o feudo de Negreira ó bispo compostelán Sisando. No ano 979 houbo unha incursión normanda que arrasou a vila, reconstruída no ano 1113.

Os Reis Católicos declaran á vila Foro Real, o que supón a súa independencia do mando episcopal. Esta concesión foi renovada por Carlos I no 1520.

Cultura[editar | editar a fonte]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O Pazo do Cotón, situado ó pé do Camiño Real, é unha construción dos séculos XVII-XVIII, se ben está documentado xa desde moito tempo antes. Ten claustro e tripla arcada na porta da capela. Balaustrada barroca, piso superior cunha galería de grandes piares.

Economía[editar | editar a fonte]

Fundamentalmente baseada no sector primario: agricultura e gandería. No concello cultívase principalmente: millo, pataca e cultivos forraxeiros. Unha importante superficie fértil reservase á herba campía para pasto do gando (maioritariamente vacún). Na gandería explótanse principalmente o gando bovino e na parte do vacún as frisoas leiteiras. A produción leiteira ten certa importancia, as cooperativas da bisbarra fundaron Feiraco que hoxe é unha das maiores empresas leiteiras de capital galego.

Durante a Guerra Civil e a Segunda Guerra Mundial, houbo unha explotación mineira de tungsteno, se ben actualmente esas minas están pechadas.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Negreira.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Negreira Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Negreira

Alvite (San Tomé) | Aro (San Vicenzo) | Arzón (San Cristovo) | Broño (San Martiño) | Bugallido (San Pedro) | Campelo (San Fins) | Campolongo (Santa Cruz) | Covas (Santa María) | Gonte (San Pedro) | Landeira (Santo Estevo) | Liñaio (San Martiño) | Logrosa (Santa Baia) | Lueiro (Santa Baia) | Negreira (San Xián) | A Pena (San Mamede) | Portor (Santa María) | Xallas (San Pedro) | Zas (San Mamede)


Concellos da Comarca da Barcala Comarca da Barcala
non temos escudo
A Baña
Negreira
Negreira