Coroa real

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación heráldica común dunha coroa real.

A coroa real é o símbolo da autoridade dun monarca. Representada en heráldica cívica, tamén simboliza soberanía.

Descrición[editar | editar a fonte]

Está formada por un cerco ou círculo, de ouro e enriquecido de pedras preciosas. Adoita estar decorada con oito floróns con forma de follas de apio, interpolados con oito puntas de ouro máis baixas, rematadas en perlas e igual número de diademas de ouro e cargado de perlas, rematadas cun orbe cruzado situado enriba.

Existen excepcións a esta definición, como a coroa dos reis de Inglaterra que conta con catro diademas en vez de oito, ou a de San Estevo que foi usada polos reis de Hungría e ten forma semellante a un casco. Igualmente a última posee un simbolismo e significado particular, único na historia, pois é chamada Santa Coroa Húngara e máis que unha xoia de coroación, representa o territorio, a poboación e a alma húngara, sendo ela mesma a que reina realmente, e non os monarcas coroados (eles fano só en nome da Santa Coroa de Hungría).

Coroa real aberta[editar | editar a fonte]

A coroa real aberta foi a usada en España para representar nalgúns casos a antiga coroa ata o século XVI. Ten o mesmo deseño que a coroa de infante.