Río Miño

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Río Miño
Tui Miño 060415 1.JPG
Vista do río Miño e de Tui desde Valença (Portugal)
Nacemento: Pedregal de Irimia
Altitude da fonte: 600 msnm
Lonxitude: 350 Km
Caudal medio: 340 m³/s
Conca:
País: Galiza e Portugal
Desemboca: Océano Atlántico

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galiza, cunha lonxitude de 350 km [1][2]. Nace no pedregal de Irimia (serra de Meira, no concello lugués de Meira, formando tamén a súa cabeceira os Regos, Porto da Pena e Xirómeno. Máis adiante acrecenta o seu caudal coas augas da Lagoa de Fonmiñá, A Pastoriza, Lugo, a uns 50 km ao norte da capital de provincia. Atravesa Lugo e Ourense, e desemboca na Guarda, Pontevedra, facendo fronteira con Portugal (onde se di que desemboca preto de Caminha). Pasa polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

É tamén o río máis caudaloso de Galiza, tendo como principal afluente o Sil, que aporta un caudal semellante na fronteira entre as provincias de Lugo e Ourense (Os Peares, 30 km ao norte de Ourense). Está inzado de encoros: 3 entre Lugo e Ourense (Belesar, 654 hm³; Os Peares, 182 hm³; Velle, 17 hm³); e dous entre Ourense e Portugal (Castrelo de Miño, 60 hm³; Frieira, 44 hm³).

Despois de recibir o Sil, flúe cara ao suroeste e constitúe a partir do encoro de Frieira ata a desembocadura fronteira entre Galiza e Portugal. En Ribadavia, ás súas beiras, prodúcese o célebre viño do Ribeiro de Avia. Fai de fronteira uns 80 km, no centro dun val de forte produción agrícola, con millo ou patacas, por exemplo, así como forraxe para o gando. Na tirada final tamén se ve bordeado por viñas de Albariño.

É navegábel de xeito transversal, e lonxitudinal en pequenos tramos e na súa desembocadura.

Índice

[editar] Afluentes

Marxe dereita → na provincia de Pontevedra: ríos Tamuxe (tamén chamado Carballas, Carballo ou Carvallo), Pego, Cereixo da Briña, Furnia (tamén chamado Forcadela), Louro, Tea, Caselas, Deva (hai outro río Deva pola marxe esquerda), Ribadil e Cea. Na provincia de Ourense: Avia e Barbantiño. No limite de Ourense con Lugo: Bubal. Na provincia de Lugo: Asma, Narón, Ferreira, Mera, Narla, Ladra, Támoga e Anllo.

Marxe esquerda → en Portugal: ríos Mouro, Gadanha e Coura. Deva (hai outro río Deva pola marxe dereita), Arnoia, ríos Barbaña e Lonia (no concello de Ourense), Sil, Sardiñeira, Loio, Neira, Chamoso, Robra (tamén chamado río Santa Marta), Lea e Azúmara.

[editar] Encoros

Existen numerosas presas na conca Sil-Miño. O encoro máis grande do río Miño é o de Belesar, cuns 135 metros de altitude. Existen outros como o dos Os Peares, Velle, Castrelo e Frieira.

[editar] Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes do río Miño

[editar] Notas

  1. Gran Enciclopedia Gallega, tomo 21, páxina 78, Edición de 1974.
  2. Enciclopedia Galega Universal

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

[editar] Sobre o río

[editar] Sobre o estado dos embalses miñotos

Ferramentas persoais