Cabana de Bergantiños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Coordenadas: 43°13′09″N 8°55′48″W / 43.21917°N 8.93°W / 43.21917; -8.93

Cabana de Bergantiños
Escudo de Cabana de Bergantiños
Concello Cabana de Bergantiños.jpg
Casa do concello
Situación
Situacion Cabana de Bergantiños.PNG
Xentilicio[1] Cabanés - Bergantiñán
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Bergantiños
Poboación 4.909 hab. (2010)
Área 100,3 km²
Densidade 48,90 hab./km²
Entidades de poboación 144 repartidas en 10 parroquias
Capital do concello A Carballa (Cesullas)
Política (2011)
Alcalde José Muíño Domínguez (PPdeG)
Concelleiros BNG: 0
PPdeG: 9
PSdeG-PSOE: 2
Outros: -
Eleccións municipais en Cabana de Bergantiños
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 99,65 %
Sitio web oficial
www.concello-cabana.com

Cabana de Bergantiños é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. Limita ao norte co río Anllóns que o separa do concello de Ponteceso, o leste co concello de Coristanco, o sur co concello de Zas, e ó oeste co concello de Laxe, e ó estuario do río Anllóns que forma a fronte meridional da ría de Corme e Laxe.

Segundo o IGE a súa poboación no 2010 era de 4.909 habitantes (4.985 no 2009), (5.199 no 2006, 5.294 no 2005, 5.354 no 2004, 5.447 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Cabanés.

Evolución da poboación de Cabana de Bergantiños - desde 1900 ata 2009 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2009
 4.727  5.232  6.772  6.991  5.354  4909
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)



Índice

[editar] Xeografía

Cabana de Bergantiños localízase no extremo occidental da comarca de Bergantiños na provincia da Coruña, en plena Costa da Morte.

[editar] Situación xeográfica da capital

Casa das asociacións lugar no que se atopaba anteriormente a casa consistorial

Hoxe en día a capital do concello esta situada na parroquia de Cesullas no lugar da Carballa, antigamente chegou a estar nun edificio, hoxe en día en ruínas, situado no lugar do Bosque e ata hai poucos anos estivo situada no lugar da Áspera en cuxo edificio esta agora a Casa das asociacións.

[editar] Superficie

Cabana ten unha superficie de 99,8 km² repartidos en 10 parroquias.

[editar] Montes

  • Borneiro (371 metros de altitude).
  • Lourido (312 metros de altitude).
  • O Castelo (318 metros de altitude).
  • O Gontón.
  • Perrol (de 438 metros de altitude).
  • Vilariño.

[editar] Hidrografía

A ladeira oriental do concello encontrase percorrida por varios regatos que teñen os seus correspondentes nacementos nas ladeiras montañosas do concello. A rede fluvial da zona está formada por ríos que dirixíndose cara o norte, verten o seu caudal no río Anllóns.

[editar] Ríos

Vista desde Canduas da desembocadura do rio Anllons.

O río Anllóns que atravesa e limita polo norte no seu curso co concello de Ponteceso ata desembocar formando a enseada de A Insua que o separa da ría de Corme e Laxe por unha lingua de area, que sae desde O Couto (Ponteceso) chamada A Barra e polo illote de A Tiñosa que de marea valeira forma unha península coa Barra.


[editar] Regatos
  • Río do Reguenco.
  • Rego dos Muíños, chamado así debido aos numerosos muíños de auga que había e que aínda se conservan, pero nun estado lamentable de conservación. Hoxe en día dispón de unha senda fluvial que permite o paseo a carón do río.

[editar] Clima

O clima neste concello é suave con unha media de 14 ºC e unhas precipitacións de arredor dos 1.350 mm.

[editar] Flora

A vexetación cobre aproximadamente o 55% da superficie do concello destacando as repoboacións de piñeiros e eucaliptos que cambiaron a vexetación autóctona.

[editar] Entidades de poboación

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cabana de Bergantiños

Anos (Santo Estevo) | Borneiro (San Xoán) | Canduas (San Martiño) | Cesullas (Santo Estevo) | Corcoesto (San Pedro) | Cundíns (San Paio) | O Esto (San Xoán Bautista) | Nantón (San Pedro) | Riobó (San Martiño) | A Silvarredonda (San Pedro)


[editar] Lugares

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cabana de Bergantiños vexa: Lugares de Cabana de Bergantiños.

[editar] Historia

[editar] Antigüidade

[editar] Vestixios arqueolóxicos

Vista do dolmen de Dombate

O Dolmen de Dombate, símbolo da cultura megalítica galega, e o castro de Borneiro ámbolos dous na parroquia de Borneiro dan fe da poboación na antigüidade no municipio. Ademais existen uns oito recintos castrexos.

A Vía Per Loca Maritima que cruzaría o río Anllóns por Ponteceso camiño de Corme e as minas de Corcoesto dan fe da presenza dos romanos. Tamén aparecen vestixios romanos nas igrexas de Cundíns, Cesullas e Riobo.

[editar] Idade Moderna

Os pazos de Canduas, Corcoesto, Nantón, O Bosque (Cesullas), e a Torre da Penela son vestixios da Idade Moderna estes últimos bastante abandonados.

Ao século XVIII corresponden os retablos das igrexas de Nantón e Riobo. Nesta última atópanse os cadaleitos dos Condes da Penela. Nesta mesma parroquia está a torre da Penela.

[editar] Cultura

[editar] Patrimonio

[editar] Arqueolóxico

[editar] Cultural

[editar] Cultura popular

[editar] Festas e celebracións

Nas festas hai que distinguir entre as oficiais do municipio e as das parroquias.

Festa oficial do concello.

A festa oficial do concello celébrase o 1 de agosto na honra á San Fins do Castro.

Festas das parroquias.
  • Borneiro:
San Xoán, día 24 de xullo.
Virxe do Carme, día 18 de xullo no lugar do Briño.
  • Canduas:
San Bras, día 3 de febreiro.
Virxe do Carme, o 28 de agosto.
San Antonio, o 29 de agosto.
San Martiño, día 11 de novembro.
San Lucia, día 13 de decembro.
  • Cesullas:
Virxe do Carme, o 1º domingo do mes de xullo no lugar de Neaño.
Virxe do Carme, o 10 de agosto no lugar de San Fins.
Santo Estevo, día 29 de decembro.

[editar] Gastronomía

Podemos gozar da rica gastronomía da zona onde teñen especial interese os produtos da horta o caldo galego xunto co cocido e os produtos derivados do cocho, así como os lácteos en xeral.

[editar] Como chegar

Desde A Coruña

Desde A Coruña, chégase pola estrada C-552 que vai ata Fisterra, pasando por Arteixo, Paiosaco e A Laracha e ó chegar a Carballo (capital da comarca de Bergantiños) desviarse cara a Malpica ata Buño. Aí cómpre desviarse cara a Ponteceso e despois cara Cabana.

Ao pasar Carballo tamén se pode continuar pola C-552 sen desviarse ata Baio (concello de Zas) pasando por Coristanco, Agualada, Natón (xa en Cabana de Bergantiños) e Baio.

Desde Santiago

Desde Santiago de Compostela chégase pola estrada C-545 ata Portomouro, e alí cómpre desviarse cara a Santa Comba, Zas e Baio, e aí coller o desvío cara a Borneiro..

[editar] Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Cabana de Bergantiños

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén


Concellos da Comarca de Bergantiños Comarca de Bergantiños
Cabana de Bergantiños
Cabana de
Bergantiños
Carballo
Carballo
Coristanco
Coristanco
A Laracha
A Laracha
Laxe
Laxe
Malpica de Bergantiños
Malpica de
Bergantiños
Ponteceso
Ponteceso
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas