Frades

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°2′24″N 8°16′38″W / 43.04000°N 8.27722°W / 43.04000; -8.27722

Frades
Escudo de Frades
Ponte Carreira, Gafoi, Frades.jpg

Situacion Frades.PNG
Situación
Xentilicio[1] fradense
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Comarca de Ordes
Poboación 2566 hab. (2012)
Área 81,7 km²
Densidade 31,41 hab./km²
Entidades de poboación 12 parroquias
Política (2011)
Alcalde Roberto Rey Martínez
Concelleiros BNG: 3
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 1
Outros: -
Eleccións municipais en Frades
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 99,93%
Na rede
concellodefrades.es
alcaldia@frades.dicoruna.es

Frades (do latín fratres, irmáns, seguramente monxes, frailes de unha congregación relixiosa) é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes. Segundo o INE en 2012 tiña 2.566 habitantes (2.706 no 2009, 2.841 no 2006, 2.871 no 2005, 2.920 no 2004, 2.975 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «fradense».

Evolución da poboación de Frades (desde 1900 ata 2013)
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011  2012  2013
 3.328  3.766  4.624  3.655  2.920      2.566  {{{9}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello ten 81,7 km², e abrangue 12 parroquias e 138 entidades de poboación. Limita ao norte con Mesía, ao sur con Arzúa, O Pino e Oroso, ao leste con Boimorto e ao oeste con Ordes. A capital está en San Amaro, e o maior núcleo de poboación é Ponte Carreira, na parroquia de Gafoi, á beira do río Tambre. Está a 33 km de Santiago de Compostela, sendo lugar de paso entre a capital galega e Sobrado dos Monxes.

Ten un relevo suave con altitudes entre os 441 m cara ao norte, e os 280 ao surleste, cara ao río Tambre. O río Samo, afluente do anterior, fai de fronteira con Ordes. Outros cursos menores son o Maruzo, o Gaiteiro, o Mostás e o Pío. Ten clima oceánico, con máis de 1.400 mm de precipitacións anuais e unha temperatura media de 12 ºC.

Historia[editar | editar a fonte]

No antigo réxime pertencía á provincia de Santiago de Compostela, estando o territorio dividido nas xurisdicións de Mesía e Folgoso, esta última baixo tutela do condado de Altamira.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Patrimonio civil[editar | editar a fonte]

O pazo de San Martiño de Galegos é renacentista, do século XVII. Nel hospedáronse o 15 de abril de 1690 Mariana de Neoburgo e mailo seu irmán. Tras chegaren en barco desde Flandres a Mugardos, pasaron pola Coruña e Compostela para seguir en dirección á corte de Madrid. En agradecemento pola pousada, o rei Carlos II de España (esposo de Mariana) concedeu aos propietarios do pazo o dereito de ser pechado con cadea. No lintel hai unha inscrición ao respecto, co seguinte texto: En 15 de Abril de 1690 durmió en esta casa la Reina Ntra. Sra. D.ª Mariana de Neoburgo, mujer del rey Ntro. Sr. D. Carlos 2º, viniendo de la Coruña en Romería a Ntro. Santo Apóstol Santiago. Siendo dueños de esta Casa D. Antl. Mosquera Pimentel Riva de Neira casado con D.ª Baltasara Antonia de Luna Lovera y Valladares. Ad Majorem Dei Gloriam.
Actualmente o pazo pertence a unha orde relixiosa, á que lle foi doado. Conserva os escudos dos Mosquera Pimentel e dos Enríquez Novoa e a antiga capela cunha torre pequena máis moderna.

O pazo do Peñasco está na parroquia de Abellá. Foi construído no século XVII por Pedro Vázquez Vaamonde, pero foi reconstruído recentemente. Ten un escudo timbrado coa cruz de Malta e catro cuarteis: o «M» dos Montenegro, os escaques dos Bermúdez, a cabeza de lobo dos Moscoso e un castelo.

Outras casas grandes son a casa do Fogueteiro (Aiazo), casa de Botana (Cimadevila) e a casa do Cruceiro (Añá).

O museo etnográfico de Frades reúne útiles e ferramentas tradicionais do campo e do fogar.

Patrimonio relixioso[editar | editar a fonte]

Na igrexa de Céltigos apareceu unha pedra cunha inscrición do ano 969, facendo referencia á fundación dunha basílica e da casa de San Xulián. A pedra servía de perpiaño no arco de entrada ao presbiterio.

A igrexa de Papucín conserva a estrutura románica, pero foi reconstruída. No testeiro da ábsida ten un pequeno escudo incrustado. Está situada preto do casal de Quintá de Arriba.

A igrexa de Gafoi conserva unha porta románica, con dous pares de columnas, tímpano liso e arquivolta exterior xadrezada. No chan do adro hai unha cruz inscrita nun círculo, procedente do templo medieval.

A ermida de San Nicolás está no alto do monte do mesmo nome. En Moar está a ermida de San Roque, rodeada dunha fraga. En San Amaro está a ermida da Madalena, con dúas pedras con inscricións sobre a porta relativas á súa construción en 1668.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Frades.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Frades

Abellá (Santo Estevo) | Aiazo (San Pedro) | Añá (Santa María) | Céltigos (San Xulián) | Frades (San Martiño) | Gafoi (Santa Mariña) | Galegos (San Martiño) | Ledoira (San Martiño) | Mesos (San Salvador) | Moar (Santaia) | Papucín (Santa María) | Vitre (San Xoán)

Lugares de Frades[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Frades vexa: Lugares de Frades.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Frades Modificar a ligazón no Wikidata


Concellos da Comarca de Ordes Comarca de Ordes
Cerceda
Cerceda
Frades
Frades
Mesía
Mesía
Ordes
Ordes
Oroso
Oroso
Tordoia
Tordoia
Trazo
Trazo