Bretaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bertaèyn
Breizh
Bretagne


Bretaña
Bandeira da Bretaña Escudo da Bretaña
Bandeira Escudo
Lema: Potius mori quam fœdari (latín)

Kentoc’h mervel eget bezañ saotret (bretón)
Putost la mort qe d’yéstr sali (galó)
Antes a morte que a deshonra (galego)

Himno: Bro gozh ma zadoù
 
Bretagne-Position.png
 
Estado Francia Francia
Capital
 • Poboación
Rennes1
209.613 (2006)
Linguas
 • Oficiais
Bretón, francés e galó
Francés
Estatus
 • President
Consello Rexional
Jean-Yves Le Drian (PS)
Creación
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 10º
27.208 km²

km
km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 7º
3.103.000 (est. 2007)
114 hab./km²
Xentilicio Bretón, bretoa[1]
Fuso horario
 • en verán
UTC+1
UTC+2
Dominio de Internet .fr
Código ISO
1 Legalmente, Bretaña comprende tan só os departamentos de Côtes-d'Armor, Ille e Vilaine, Morbihan e Finistère. A Bretaña histórica comprende ademais o departamento do Loira Atlántico, de capital Nantes, que sería a capital da Bretaña histórica.
Sitio web oficial
Rexións de Francia

A Bretaña[1][2] é unha rexión administrativa do oeste da Francia cunha larga costa litoral entre o Canal da Mancha e mailo Océano Atlántico. O seu nome en bretón é Breizh e en galó Bertaèyn. Os seus habitantes chámanse bretóns.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de Bretaña.

Despois da conquista da Galia polos Romanos, a Bretaña facía parte da Armórica (de aremoricae, que está fronte ao mar), ocupada por cinco pobos galos, os Osismii, os Coriosolites, os Redones, os Veneti e os Namnetes (segundo a súa nomenclatura latina). A rexión quedou baixo administración da provincia de Gallia Lugdunensis con capital en Lugdunum, sendo cada un dos cinco pobos agrupados nas civitates romanas de Carhaix, Alet, Rennes, Vannes e Nantes. Tras a reforma territorial de Diocleciano, estas civitates foron incluídas na diocese de Tréveris, provincia de Lugdunensis tertia, con capital en Tours.

A difusión do cristianismo, iniciada desde o século III na civitas de Nantes era, cara ao século V, limitada fóra das cidades, pero cada unha das civitates contaba cun bispo propio, sendo a capital provincial e sede arcebispal, Tours. Para entón, os visigodos instaláronse nas rexións meridionais de Galia, ao sur do río Loira. A Armórica foi parcialmente incluída no "reino romano" de Siagrio, até o seu sometemento polos francos de Clodoveo I no 486.

A comezos do século VI, os bretóns da illa da Bretaña (a actual Gran Bretaña), atacados polos anglosaxóns emigraron cara o país, traendo os seus costumes e a súa lingua. A rexión pasou a se designar Bretaña coa súa chegada, aínda que moitos chamárona tamén, Pequena Bretaña, por oposición á illa de onde procedían. Este episodio histórico foi máis tarde interpretado na lenda de Conan Meriadec, contada por Godofredo de Monmouth no século XII.

Os nove países da antiga Bretaña

Estes britanos do oeste da gran illa, estabelecéronse na área oeste dos ríos Vilaine e Couesnon, formando dous territorios particulares: a Cornualles (ou Kerne), formada polos Cornovii orixinarios da Cornualles británica (Kernow) e a Domnonia, formada polos Dumnonii, orixinarios de Devon. Esta última rexión entendíase entre Dol e a illa de Ouessant. Na rexión de Vannes tamén houbo inmigrantes, mais as estruturas romanas foron mellor conservadas.

A comezos inicio da Idade Media, formáronse a raíz do anterior tres reinos, o Domnonée, a Cornualla e o Bro Waroch, incorporados no século XI ao Ducado de Bretaña. Este Ducado foi independente do reino de Francia até 1532, mais mantivo os seus privilexios de lexislación e impostos propios até a Revolución Francesa. Este ducado á súa vez estaba dividido en nove provincias: Bro Leon, Bro Kernev, Bro Dreger, Bro Sant Brieg, Bro Sant Malou, Bro Zol, Bro Roazhon, Bro Naoned e Bro Gwened.

A Bretaña histórica, que tivo por capital Nantes, dividiuse en 1790 en cinco departamentos:

Xeografía[editar | editar a fonte]

Arco da vella en Bretaña
Praia de Herlin, en Morbihan

Bretaña forma unha accidentada península ao oeste da antiga provincia romana de Aquitania. Pódese considerar que o interior está dividido en dúas partes polo val do río Aon, que se prolonga até o leste a canle que une Nantes con Brest. Aínda que pouco elevado, o relevo está por todas partes e é moi marcado nas zonas rocosas, e máis suave nas zonas limosas do leste e do sur. Así pois a península divídese en dúas zonas moi ben diferenciadas:

O Argoad (a foresta) , a zona do interior, case chaira e tradicionalmente chea de bosques, como o de Brekilien, antigo lugar sacro dos celtas (onde a lenda di que vivía Merlín). Porén esta zona está moi despoboada dende o século XVIII.

O Arvor (o mar), a zona da costa, unha franxa duns 1.300 quilómetros de longo, a maior costa litoral. Nesta zona destaca o Roc'h Ruz, que con 385 m é o punto máis alto do país.

Nesta costa, moi accidentada, conta con numerosas rías (coñecidas como aber, moi semellantes ás de Galiza), que contan con pequenas illas (enez). Algúns do principais ríos do país, todos eles da cunca atlántica, son o Loira, o Gwilen ou o Oud. Tamén se atopan numerosos lagos (lenn), mais a gran maioría son pequenos e sen demasiada importancia, quitado Ao Lenn Veur, Mikael, Lenn Gwerledan e o Ar Dug. Un factor moi importante para a configuración actual da costa bretoa é a constante erosión mariña.

O clima da rexión é oceánico, con invernos tépedos e veráns frescos e as choivas varían de máis a menos da costa cara o interior. Os ventos do sudoeste e do nordés son coñecidos na costa cos nomes de noroît e suroît. Os chans, ricos en humus, os cales antes do século V estaban cubertos de bosques, convertéronse debido á denudación e á erosión, nunha paisaxe de landas encima de chans ácidos e impermeables, que só permiten unha vexetación solta. Pola contra, as áreas costeiras teñen un chan máis rico.

Política[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Partidos políticos bretóns
O Breujoù Breizh, o Parlamento de Bretaña en Rennes
Sinais bilingües en Quimper

Divisións administrativas[editar | editar a fonte]

No momento da creación das rexións administrativas francesas, en 1956, só catro primeiros departamentos dos tradicionais cinco formaban pasaron a formar parte da Bretaña, sendo incluído o Loira Atlántico na rexión do País do Loira. Esta mudanza foi contestada, e aínda o é, por unha parte dos bretóns. De acordo cunha sondaxe de 1998, 62% dos habitantes de Loira Atlántico desexaban a unión administrativa do seu departamento á rexión da Bretaña.

Hoxe en día a rexión está divida en 17 distritos, 204 cantóns e 12.608 concellos, sendo os catros departamentos actuais:

Autogoberno[editar | editar a fonte]

A raíz da aplicación da lei Deferre de marzo do 1982, os 4 departamentos bretóns forman parte da Rexión de Desenvolvemento de Bretaña, unha especie de experimento descentralizador de cariz unicamente administrativo, sen verdadeiras competencias e sen control dos medios de produción, aínda cando manexa importantes orzamentos e pode decidir en política de subvencións a nivel local.

Tampouco ten competencias no campo cultural e lingüístico, sendo a lingua oficial para tódolos efectos o francés, aínda que se teñen obtido algunhas subvencións cando se obtivo das autoridades rexionais e locais algunhas subvencións para políticas bretonistas, comezándose a implantar nalgunhas vilas a rotulación bilingüe (que aínda que non é oficial é tolerada).

O máximo órgano da rexión é o Conseil Regionale ou Kuzul-rannvro Breizh, é dicir, o Consello Rexional de Bretaña. Este consello está composto por 83 membros, mentres que o Liger Atlantel envía 31 escanos ao Consello Rexional do País do Loira do que forma parte. O himno nacional bretón é dende 1919 o Bro gozh ma zadoù (A terra dos meus devanceiros), adaptación do himno nacional de Gales Hen Wlad Fy Nhadau.

A Nación Bretoa[editar | editar a fonte]

A Bandeira de Bretaña diante do Consello Xeral do Loira Atlántico

Na Bretaña hai organizacións que defenden o estabelecemento dunha nación bretoa composta polos antigos nove territorios, hoxe divididos entre as rexións de Bretaña e do País do Loira. No século XIX os románticos desenvolveron unha imaxe do país como un bastión do tradicionalismo agrario, dos festivais relixiosos e de paisaxes salvaxes. Ó mesmo tempo, a vida dos bretóns foi sendo integrada co resto da de Francia, particularmente baixo a Terceira república francesa.

O nacionalismo bretón moderno desenvolveuse dende finais do século XIX e comezos do XX. A maior parte deses movementos situábanse xunto ás correntes tradicionalistas católicas do momento. Despois de 1944 o nacionalismo bretón veuse parcialmente desacreditado pola colaboración de algúns nacionalistas importantes (como Roparz Hemon) cos Nazis, que ocuparon Bretaña xunto coa maior parte do resto do Estado francés durante a Segunda Guerra Mundial. Porén, moitos nacionalistas bretóns tomaron parte da Resistencia, na que xogou un papel particularmente importante grazas á súa proximidade con Gran Bretaña, a relativamente escabrosa paisaxe, e á presenza de importantes instalacións navais.

Dende os anos 60 no nacionalismo bretón tense desenvolvido algunhas faccións fortemente esquerdistas, xunto co decrecemento do tradicionalismo católico. Algúns grupos como a Armée Revolutionnaire Bretonne (ARB), marxinais incluso nos círculos nacionalistas, apareceron nos xornais polo seu sabotaxe contra obxectivos altamente simbólicos. Algúns dos principais partidos nacionalistas e independentistas bretóns son o Partido Nacionalista Bretón, a Fronte de Liberación de Bretaña, a Unión Democrática Bretoa, a Emgann ou o Adsav.

Economía[editar | editar a fonte]

Lannion, importante núcleo tecnolóxico da rexión

A economía de Bretaña oriéntase cara á agricultura e as industrias alimentarias, o turismo de verán na beira costeira, e algúns centros de tecnoloxía avanzada, como en Rennes ou Lannion.

Dende hai dous anos, e amplificado pola crise mundial, numerosas zonas bretoas investiron fortemente no sector de servizos, especialmente no comercio, polo que se están a construír grandes zonas comerciais nos arredores das cidades, o que ven coma un posible medio de subsistencia e un activo cara o futuro. Toda a rexión está a tratar, non sen dificultade, de diversificarse e non ser tan dependentes da industria da alimentación, que por trátase de modernizar.

Transporte[editar | editar a fonte]

Hai varios aeroportos en Bretaña actualmente, que ofertan destinos en Francia e Gran Bretaña. Os servizos do TGV ligan á rexión con cidades como París, Lyon, Marsella, Lille e outras rexións francesas. Ademais, existen servizos de transbordador de pasaxeiros, vehículos e mercadorías a Irlanda, Gran Bretaña e ás Illas da Canle.

Cultura[editar | editar a fonte]

Sinal en galó no metro de Rennes

Lingua[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Lingua bretoa
Véxase tamén: Lingua galó

A Bretaña está composta, en termos históricos, por dúas áreas lingüísticas diferenciadas. A primeira é a Baixa Bretaña ou Breizh Izel, situada na zona oeste da rexión e abrangue os departamentos de Finistère, Morbihan e a parte occidental do de Côtes-d'Armor, onde se fala unha lingua céltica do grupo britónico, parente do galés e o córnico e designada como bretón (ou bretón armórico). A segunda zona é a Alta Bretaña ou Breizh Uhel, ao leste, abranguendo Ille e Vilaine, Côtes-d'Armor e Loira Atlántico onde se fala un dialecto románico da linguas de oïl, coñecido como galó (ou britorromance).

A hexemonía da lingua francesa, porén, case fixo desaparecer estas linguas como aconteceu con outras linguas rexionais, sobre todo a partir de finais do século XIX. No entanto, o bretón tivo un certo renacemento despois da Segunda Guerra Mundial, cun importante rexurdir importante a partir da década de 1970, comezándose sobre todo a oír aos defensores do bretón a partir da década de 1990. Os datos fornecidos polo Etude de l'histoire familiale efectuado polo organismo INSEE en 1999 indican que hai máis de 260.000 falantes de bretón maiores de 18 anos nos 5 departamentos da Bretaña (incluíndo o Loira Atlántico) e 295.000 no resto da Francia. Xúntanse a estes os alumnos de escolas bilingües (8.874 alumnos no inicio do ano lectivo de 2003), alén dos alumnos que aprenden bretón en establecementos públicos de primaria (máis de 7.600 en 2002) ou do secundario (máis de 8.000 en 2002).

Con respecto ao galó, idioma que tamén goza de recoñecemento rexional está hoxe en día en proceso de recuperación. Cómpre destacar que esta lingua romance está moi influenciada polo contacto co bretón do cal recibe moito vocabulario, sobre todo na parte máis occidental, mais esta influencia vai decrecendo segundo se avanza cara o leste. O galó comparte moitas características co normando.

Música[editar | editar a fonte]

A música é hoxe o un dos aspecto máis visible da cultura bretoa, de tradición de raíces celtas, por mor do traballo de músicos que apelan á cultura bretoa, á diversidade dos festivais e nas xuntanzas de bailaríns coñecidas como festoù-noz (en singular fest-noz, festa nocturna) ou nas festoù-deiz (fest-deiz, festa diúrna). Este baile tradicional bretón está tamén moi ancorado na paisaxe cultural bretoa e hoxe ten evolucionado cara espectáculos cada vez máis profesionais.

Destaca tamén a música de danza sómente cantada, ou kan ha diskan (canto e contra-canto). Mais tamén pode ser interpretada cos dous instrumentos tradicionais de Bretaña : o binioù (tipo de gaita de fol, tamén chamada cornamusa bretoa) e a bombarda (un tipo de óboe).

A música bretoa variou considerablemente e enriqueceuse durante a segunda metade do século XX, actualizando temas tradicionais con sonoridades de hoxe. A súa modernización radical comezou no medio dos anos 1960, primeiro con Alan Stivell, que a popularizou en todo o mundo, seguiu por outros artistas, entre os que destacan Gwendal ou Denez Prigent.

Relixión[editar | editar a fonte]

O Bagad de Lann-Bihoué

Ben antes dos celtas, as primeiras poboacións erixiron aí monumentos megalíticos, como os menhires e os dolmens. Porén non é seguro que estes monumentos tivesen algún tipo significado relixioso, mais é moi probable que si. Coa chegada das novas tribos a relixión druídica expandiuse tanto na Galia como nas illas Británicas, e é de destacar que a dominación da península da Bretaña polos romanos non deixou grandes marcas na relixión destes pobos.

Co fin da Galia romana, as tribos que se establecen na Armórica, vidas da Gran-Bretaña, trouxeron consigo unha nova relixión, o cristianismo, que foi suplantando progresivamente as outras crenzas tradicionais. Con todo, o paganismo druídico coexistirá durante moito tempo coa relixión dominante de forma máis ou menos pacífica. Aínda hoxe existe un grande acervo de lendas e tradicións locais que evocan prácticas relixiosas druídicas. Hoxe en día os cristiáns da Bretaña son, maioritariamente católicos. A santa padroeira da Bretaña é Santa Ana, que é presentada pola tradición como a nai da Virxe María, nai de Xesús.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bretón.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 112. ISBN 84-8158-266-2. http://anl.uvigo.es/UserFiles/File/manuais/Lingua_galega._Dubidas_linguisticas.pdf.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazons externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bretaña