Ribeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°33′36.82″N 8°59′35.69″W / 42.5602278°N 8.9932472°W / 42.5602278; -8.9932472

Ribeira.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ribeira (homónimos).
Ribeira
Bandeira de Ribeira Escudo de Ribeira
Ribeira sanalberte01.JPG
Panorámica da cidade
Situación
Situacion Ribeira.PNG
Xentilicio[1]: Ribeirán - Ribeirense
Xeografía
Provincia: Provincia da Coruña
Comarca: Barbanza
Poboación: 27.518 hab. (2009)
Área: 69,0 km²
Densidade: 397,54 hab./km²
Entidades de poboación: 9 parroquias
Capital do concello: Santa Uxía de Ribeira
Política (2011)
Alcalde: Manuel Ruíz Rivas (PPdeG)
Concelleiros: BNG: 4
PPdeG: 13
PSdeG-PSOE: 3
Outros: IPDER 1
Eleccións municipais en Ribeira
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 97,01 %
Sitio web oficial
www.riveira.com

Ribeira é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Barbanza. Segundo o IGE en 2010 tiña 27.504 habitantes (27.053 no 2006, 26.884 no 2005, 26.623 no 2004, 26.589 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Ribeirense.

Evolución da poboación de Ribeira - desde 1900 ata 2010 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2010
 12.218  16.870  18.280  24.542  26.623  27.504
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Índice

[editar] Localización

O concello de Ribeira ocupa o extremo da península do Barbanza, asomándose ás rías de Arousa e de Muros-Noia. A maior parte do territorio ocúpano as estribacións da serra do Barbanza, de cuxos 200 m. de alto baixan numerosos regatos encaixados en vales estreitos, como o de Artes.

Merece especial consideración o conxunto formado polo Complexo Dunar de Corrubedo e a Lagoa de Carregal e Vixán, declarado parque natural.

[editar] Historia

Como en toda a Barbanza, abundan os restos megalíticos, entre os que cabe mencionar o dolmen de Axeitos. Da época castrexa son de salientar os castros da Cidá e o de Artes. A costa foi atacada polos viquingos desde o século IX e por outros pobos nos séculos seguintes. No século XVI a peste bubónica dezmou a poboación da comarca.

Os fomentadores cataláns que chegaron no século XVIII construíron fábricas de salazón e no século XIX introducíronse as novas técnicas de conservación e envasado en folla de lata, co que as fábricas se reconverteron e deron lugar ás conserveiras actuais.

O pleno do concello aprobou[3] o 11 de novembro de 1984 unha moción para denominar o concello "Santa Uxía de Riveira", con v, previo informe do cronista oficial Carlos García Bayón, o concello basea nese acto a súa utilización da forma Riveira malia que a única forma oficial é Ribeira, tal como aprobou a Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia.

[editar] Festexos

Na cidade de Ribeira cobran especial importancia a festa da dorna e as festas do verán. A festa da Dorna ten lugar entre o 20 e o 24 de xullo. Nese tempo a xente agrúpase en peñas e levan a cabo todo tipo de actividades, como o "voo sen motor", a "regata de embarcacións feitas a machada" ou o "gran prix de carrilanas" Cómpre destacar que é unha festa que consta de "idioma propio". É unha festa disfrutada por todos,na que toda a cidade se bota á rúa con gañas de divertirse e disfrutar desta festa esperada por todos os habitantes.

Tamén teñen importancia as festas de agosto, onde as atraccións, barracas e tómbolas se apoderan dalgunhas rúas ribeirenses. Son amenizadas con orquestras e concertos de artistas tanto nacionais como internacionais.

[editar] Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Ribeira

[editar] Imaxes da cidade de Ribeira

[editar] Imaxes doutros lugares de Ribeira

[editar] Lugares de Ribeira

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ribeira vexa: Lugares de Ribeira.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ribeira

Aguiño (Nosa Señora do Carme) | Artes (San Xián) | Carreira (San Paio) | Castiñeiras (O Bo Pastor) | Corrubedo (Santa María) | Oleiros (San Martiño) | Olveira (Santa María) | Palmeira (San Pedro) | Ribeira (Santa Uxía)

[editar] Véxase tamén


Concellos da Comarca da Barbanza Comarca da Barbanza
Boiro
Boiro
A Pobra do Caramiñal
A Pobra do Caramiñal
Rianxo
Rianxo
Ribeira
Ribeira

[editar] Referencias

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.
  3. Que fue de la v de Ribeira
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas