Edicións Xerais de Galicia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Edicións Xerais de Galicia, S.A. é unha empresa editorial galega, con sede en Vigo.
[editar] Historia
Fundada en 1979 en Vigo por Xulián Maure e Germán Sánchez Ruipérez, formou parte dende a súa fundación do grupo editorial Anaya.
Publica fundamentalmente libros en galego, de todos os xéneros literarios, así como libro de texto e de divulgación. Publicou dous dicionarios que se encontran entre os máis difundidos da lingua galega, marcando un fito na difusión editorial da lexicografía xeral: o Dicionario Xerais da Lingua (de capas laranxas), con algunhas etimoloxías e pronuncias e co que estudaron xeneracións enteiras de galegos, e o Gran Dicionario Xerais da Lingua do ano 2000, con 2027 páxinas e de carácter inclusivo, aínda que tamén discrimina as prescricións normativas (na norma daquela, previa á reforma normativa de 2003). Convoca anualmente os Premios Xerais de novela, así como os Premios Merlín de literatura infantil e dende 2006 os Premios Caixa Galicia de literatura xuvenil.
O seu director actual é Manuel Bragado, que substituíu no cargo a Víctor Fernández Freixanes.

