Dover

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Dover
Porto de Dover
Castelo de Dover
Dover
St Mary in Castro & Roman Lighthouse
Castelo de Dover
Dover
White cliffs of dover 09 2004.jpg
Panorama

Dover é unha cidade portuaria importante da Canle da Mancha no condado británico de Kent. A poboación é de 34.200 (en 1991).

Este é o punto de Gran Bretaña máis próximo a Francia e da Europa continental, estando a 34 Km do porto de Calais. Ten sona polas súas fachadas brancas feitas de xiz. As fachadas daranlle a Inglaterra o sobrenome de Albion, que quere dicir "branco".

Debido á súa proximidade coa Europa continental, o porto é un dos mellor fornecidos do Reino Unido, cuns cantos millóns de persoas pasando polo servizo de ferris cada ano.


Historia[editar | editar a fonte]

Dover foi un porto importante dende hai séculos. Os romanos foron os primeiros en deixarnos noticia da existencia da cidade, que eles denominaron Dubris. E a cidade era o punto de partida da Watling Street. Pénsase que a zona xa estaba habitada antes do período romano.

Os romanos construíron un faro no lugar onde agora se atopa o Castelo de Dover alá polo ano 50, sendo así un dos edificios máis antigos de Gran Bretaña.

O 26 de maio de 1670 Carlos II de Inglaterra e Luís XIV de Francia asinaron un tratado secreto que fixo cesar as hostilidades entre os seus dous reinos.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Dover